Observamos que en casi todos a "lava" saía case branca aínda que utilizasen colorante, asique decidimos mesturar o colorante de pastelería co vinagre de mazá a ver se conseguíamos máis cor.
Ademais fixemos un preciosísimo volcán de plastilina e encargámonos de meter un vaso dentro para poder ter os ingredientes ben misturados.
Todo isto organizándose sos e durante toda a semana.
Acó vos quedan unhas poucas fotos da evolución e un pequeno vídeo do momento.
Xa sabemos moitas cousas doutros anos, este curso recordaremos algunhas coma a PIRÁMIDE DOS ALIMENTOS e a importancia de ter uns hábitos saudables.
Onte tocounos falar na radio escolar, e fixémolo sobre este tema.
Para ambientar a nosa intervención utilizamos a canción da " Horta de Balbina" de Maria Fumaça.
Outra das cancións relacionadas cos alimentos que nos gusta moito é a de "Pan de millo" de Migallas.
Ademais xogamos cun LIM sobre o mercado ( do Calvario , en Vigo) que nos gustou moitísimo e co que aprendemos vocabulario e problemas con euros.
A próxima semana veremos algún vídeo relacionado co tema.
Seguiremos informando!!
Estes días na área de Ciencias estamos aprendendo algunhas cousas sobre a prehistoria.
Quedounos claro o feito diferencial que establece a diferencia entre "prehistoria" e "historia" e ademais falamos de 3 dos descubrementos máis importantes.
Miramos algún vídeo ilustrativo
E despois tiramos as nosas propias conclusións.
Falamos da liña do tempo, resolvemos algunhas dúbidas e seguimos buscando información.
Temos a sorte de ter preto do colexio o CASTRO DE TROÑA para poder observar un pouco como foi a vida dos nosos antergos.
Nestas últimas semanas estivemos aprendendo e repasando as cousas que sabiamos sobre as plantas.
Recordamos as partes das plantas, os tipos que podemos atopar, falamos das formas das follas, das árbores, tamén se son de folla caduca ou perenne, aprendemos vocabulario e cousas novas , recordamos outras que xa sabíamos.
Froitas, verduras, hortalizas, que obtemos das prantas, o importantes que son para a nosa vida e moitas cousas máis.
Estamos repasando cousas que xa sabíamos e aprendendo cousas novas.
Aprendemos cousas sobre o esqueleto e algúns dos ósos máis importantes.
Tamén aprendemos cousas sobre os músculos.
Tamén aprendemos cousas sobre os distintos aparellos do noso corpo: o circulatorio, respiratorio e dixestivo, e locomotor.