@s pequech@s da Oliveira


Aquí estamos, somos a clase de 3º do colexio Santiago de Oliveira e... as nosas inquedanzas!










O meu perfil
 OUTRAS FRAGAS...
 CATEGORÍAS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

A acentuación.
Unha das últimas cousas na área de linguas sobre as que imos traballar este curso é a acentuación.
Primeiro falamos do que é a "sílaba tónica"

Estamos aprendendo as normas para a acentuación, fixemos un esquema e estamos practicando.
Ademais, miramos algún vídeo relacionado co tema.




Cada palabra en su casa
La acentuación con Don Quijote
Explicación e xogo
COMENTARIOS (0) - Categoría: Linguas - Publicado o 06-05-2018 21:17
# Ligazón permanente a este artigo
Semana da prensa.
Do 5 ó 9 de marzo celébrase a semana da prensa.

A nivel de centro e dende a biblioteca propuxéronse 3 actividades:

- A elaboración dun mural no que cada clase aportou unha noticia salientable da semana .

- Explicación na radio escolar dunha curiosidade sobre a prensa.

-Elaboración dun xornal no que cada aula aportou unha nova relacionada co artista que está a traballar.

Acó vos queda unha pequena escolma do que fixemos na nosa aula.

COMENTARIOS (0) - Categoría: Linguas - Publicado o 11-03-2018 11:29
# Ligazón permanente a este artigo
HOXE COMEZAMOS A LER...
... "CUENTOS EN VERSO PARA NIÑOS PERVERSOS"...

de ROALD DAHL

Polo de agora gustounos moito, porque:
-Rima
-Utiliza palabras novas para nós.
-Cambia historias que xa coñecíamos e dalles un xiro inesperado.
-É divertido.

Hoxe na hora de ler sumerxímonos no primeiro dos contos, o da Cinsenta... e gustounos!
Seguiremos informando...
COMENTARIOS (0) - Categoría: Linguas - Publicado o 15-01-2018 21:52
# Ligazón permanente a este artigo
LIÁMONOS COA J e a G
En galego a letra J non existe, normalmente se en castelán se escriben con esa letra, en galego escríbense con X.

Como é un pouco complexo e sempre hai algunha excepción, estivemos practicando un pouco con estes xogos para mellorar e diferenciar cando se usa J e cando G.

Juego y teoría. ABALAR.
Juego lim J G
COMENTARIOS (0) - Categoría: Linguas - Publicado o 05-12-2017 10:30
# Ligazón permanente a este artigo
As sílabas.
Despois de repasar as letras do abecedario hoxe estivemos recordando o que eran as sílabas... como dividimos as palabras... palabras de unha, dúas, tres ou catro sílabas..

Tamén fixemos un par de fichas sobre as sílabas.

E miramos algúns vídeos, moi ilustrativos, estes foron os que máis nos gustaron.



COMENTARIOS (0) - Categoría: Linguas - Publicado o 21-09-2016 12:58
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
VISITAS


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0