Levamos unha semana introducíndonos no mundo da división.
Xa sabíamos o que era a metade dunha cantidade e un terzo...
Agora que xa controlamos bastante ben as táboas de multiplicar é o momento para traballar sobre a división.
Un xeito de repartir unha cantidade, a partes iguais...
Despois das explicacións, e a novidade, ver os elementos da división tamén miramos algúns vídeos...
O curso pasado traballamos cos números ata 1.000 é dicir: unidades, decenas e centenas.
Este curso imos traballar os números ata o millón, (1.000.000) é dicir: unidades, decenas, centenas, unidades de millar, decenas de millar e centenas de millar...
Xa sabemos que entre as centenas e as unidades de millar hai que colocar un "punto" para que nos resulte máis cómodo ler os números.
E agora imos comezar a traballar con máis profundidade o VALOR POSICIONAL dun número.
Acó vos queda este vídeo explicativo que vimos hoxe, interesante e explicativo de
Traballamos un pouco sobre as simetrías:
que son, como sabemos se unha figura é simétrica,os eixes de simetría,
como podemos facer simetrías, e tamén tentamos facer nós algunhas con témperas.
Descubrimos que os cadrados utilizemos o eixe de simetría que utilicemos,
sempre son simétricos!!!
Estamos familiarizándonos cunha nova forma de restar, xa sabemos restar!!!!.
Pero agora vimos que se o número do minuendo e máis pequeno que o do sustraendo, non podemos restar.
Solucións? A resta "levando" ou "con levadas"
Estos días estamos practicando un pouco, é un concepto complexo por iso é tan importante ter claras as decenas e as unidades.
Para axudar a entender este proceso miramos algúns vídeos moi explicativos.
Estes dous foron os que máis nos gustaron:
- So dura 45 segundos, non perdades detalle:
-Este dura algo máis pero tamén está moi ben explicado:
O curso pasado traballamos coas regletas e aprendemos a diferenciar unidades e decenas ( aínda que é un concepto bastante complexo) e traballamos cos números ata o 100.
En segundo ó longo do curso traballaremos cos números ata o 1.000 e introduciremos un concepto novo : a CENTENA.
Hoxe tivemos un primeiro contacto con ese novo concepto, e miramos algún vídeo ilustrativo sobre o tema.
De todos os que vimos este foi o que máis nos gustou.