@s pequech@s da Oliveira


Aquí estamos, somos a clase de 3º do colexio Santiago de Oliveira e... as nosas inquedanzas!










O meu perfil
 OUTRAS FRAGAS...
 CATEGORÍAS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Museo de Belas Artes da Coruña

O alumnado de terceiro que como ben sabedes, está aprendendo un montón de cousas sobre URBANO LUGRÍS, buscando buscando, atopamos a páxina web do MUSEO DE BELAS ARTES DA CORUÑA que ten algunhas das obras máis importantes de Urbano Lugrís.





Ademais de agasallarnos con estas maletiñas didácticas coas que imos aprender moito, tamén nos enviaron un exemplar do libro de Yolanda Castaño , baseado no cadro: MARIÑA SURREALISTA.




COMENTARIOS (0) - Categoría: Mundo de cores. - Publicado o 15-03-2018 15:55
# Ligazón permanente a este artigo
URBANO LUGRÍS: MARIÑA SURREALISTA

Na clase de TERCEIRO seguimos traballando a Urbano Lugrís.


Desta volta, e xa "mergullados" no seu MAR particular estamos traballando o seu cadro titulado MARIÑA SURREALISTA.




Fonte: "Museo de Belas Artes da Coruña"


É quizais un dos cadros máis representativos e icónicos de Lugrís: onde aparece unha serea e tamén unha buguina. E podemos observar que Urbano firma as súas obras acompañadas dunha áncora.

Hoxe falamos do cadro, observámolo, demos a nosa opinión e fixemos a nosa versión de cores da propia obra.

Por outra banda tamén descubrimos que a poeta e escritora galega Yolanda Castaño, e como actividade xestionada polo Museo de Belas Artes da Coruña, escribiu un conto infantil co mesmo título do cadro e baseado no mesmo.


Miramos este "prezi" sobre o conto que nos gustou moito , elaborado por Ramón París Lago sobre o mesmo, e encantounos!!!!

                                         
 


Acó vos quedan unhas poucas fotos do noso momento creativo :






Seguiremos informando!!!!!!
COMENTARIOS (0) - Categoría: Mundo de cores. - Publicado o 16-02-2018 20:42
# Ligazón permanente a este artigo
Celebrando o entroido: o mar.
Este ano estamos facendo un proxecto interdisciplinar, no que traballamos sobre arte, e especialmente cada unha das aulas sobre un autor/a.

O pintor sobre o que estamos traballando é Urbano Lugrís., coñecido coma o pintor do mar.

E pareceunos que nada podía representar mellor a este autor que o MAR.

Os nosos disfraces representaban o mar. Pasámolo moi ben elaborándoos e acó vos quedan unhas poucas fotos dos nosos disfraces o pasado venres.



Acó vos queda o vídeo completo do desfile e festa de entroido do noso MUNDO DE CORES.

COMENTARIOS (0) - Categoría: Mundo de cores. - Publicado o 13-02-2018 22:21
# Ligazón permanente a este artigo
Día da Paz.
O pasado martes conmemoramos o "Día internacional da PAZ e a non violencia".

Ó final da mañá fixemos un acto simbólico no patio. Aquí vos queda un vídeo sobre a actividade:
 

 Ademais na clase de 3º, e xa que estamos co proxecto MUNDO DE CORES ,
traballamos unha das obras de Keith Haring de xeito cooperativo.
Ademais de ver parte das súas creaccións, e ver que coma Urbano Lugrís tamén fixo moitos murais.

Acó vos quedan unhas pouquiñas fotos da nosa obra final:



                                               


                                               



COMENTARIOS (0) - Categoría: Mundo de cores. - Publicado o 04-02-2018 21:45
# Ligazón permanente a este artigo
Seguimos aprendendo sobre Urbano Lugrís.
Na clase de TERCEIRO estamos aprendendo un montón de cousas sobre Urbano Lugrís
Sobre a súa vida, investigamos un pouco e sabemos que: 

-Naceu na Coruña e morreu en Vigo, no ano 1973. ( Viviu 65 anos)

- Foi pintor, pero tamén escritor e poeta.
- Era coñecido coma o "pintor do mar" 

O ano pasado "AFUNDACIÓN" ( obra social de ABANCA) fixo unha exposición sobre a súa obra na cidade da Coruña, titulada: PAREDES SOÑADAS ( se premedes , accederedes a unha visita virtual da exposición polas distintas salas)

Para decorar a porta da nosa aula decidimos que xa que é o pintor do mar, nada mellor que reflectir ese mar fantástico, orixinal e máxico de Urbano...

E fixemos unha colaxe con moitos dos elementos marítimos que máis o representan, ou que máis nos chamaron a atención. 



  
COMENTARIOS (0) - Categoría: Mundo de cores. - Publicado o 03-02-2018 18:09
# Ligazón permanente a este artigo
Formas de crear: Thisissand
Este ano , ademais de traballar a URBANO LUGRÍS tamén imos aprender cousas relacionadas coa arte,museos,cores e distinas técnicas pictóricas.

O martes utilizamos esta aplicación ( pódese descargar ou utilizar como unha páxina web) para crear entre todos na PDI uns deseños orixinais e relaxantes.

Gustounos escoitar o son da area caer, e ir cambiando de cores, creamos e tamén vimos o que outras persoas fixeron.

Se vos apetece facelo, premede aquí: Thisissand
COMENTARIOS (0) - Categoría: Mundo de cores. - Publicado o 07-12-2017 10:24
# Ligazón permanente a este artigo
Descubrindo a Lugrís.


Este ano o proxecto que imos facer a nivel de centro ( PDI) proposto dende a biblioteca chámase "UN MUNDO DE CORES".


Cada unha das aulas do cole elexiu a un pintor/a para aprender cousas sobre el , a época onde viviu, a súa obra, peculiaridades etc...

A próxima semana cada aula vai presentar na radio do colexio ó seu artista.

Na nosa aula imos aprender moitas cousas sobre URBANO LUGRÍS.

Hoxe estivemos familiarizándonos un pouco coa súa obra:

COMENTARIOS (0) - Categoría: Mundo de cores. - Publicado o 20-10-2017 12:01
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
VISITAS


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0