Seguimos coa proposta de Olirei dunha viaxe polo mundo.
Desta volta estamos preparando o ENTROIDO. Cada clase vaise disfrazar de algo representativo do país sobre o que está traballando.
E nós imos ir caracterizados de "Homens da Luta", coa canción que presentou Portugal no festival de Eurovisión no 2011, A LUTA É ALEGRÍA.
Para entender un pouco mellor a indumentaria deste grupo musical composto maioritariamente por actores. Tivemos que profundizar no porqué dos caraveis ( ou cravos ) que levan, as pancartas e as consignas.
Para iso vimos este vídeo que explica que foi iso da "Revolução dos Cravos".
Unha vez entendido o significado deses caraveis, e da roupa que levan que parece antiga... ( alá polo 1974) puxémonos a preparar os nosos disfraces...
Seguindo co proxecto do centro " UNHA VIAXE POLO MUNDO" e tendo en conta que o país que escolleu a nosa aula foi Portugal...
E xa que onte tocounos facer o "programa de radio" escolar, decidimos falar de figuras/personaxes importantes do país veciño.
A mascota da biblioteca do noso colexio, Olirei enviounos unha carta a tódalas aulas para pedirnos axuda para viaxar e coñecer outros países.
Cada clase seleccionou un país sobre o que traballar e aprender cousas ó longo do curso para amosarlle a Olirei e ó resto do alumnado e profesorado do centro.
Na nosa aula o país seleccionado e votado democraticamente foi por aclamación popular PORTUGAL
Xa sabíamos algunhas cousas porque moitos de nós pasamos os "días feriados" en Portugal ou imos a cidades que están próximas a nós pola situación.
Tamén estamos familiarizándos coa música portuguesa ( aínda que xa algo estabamos..)
Recibimos un vídeo explicativo dun amigo portugués chamado João que vive en Barcelos e nos deu unha pequena explicación sobre o país veciño...
Estes días pola mañá ó chegar estamos escoitando esta canción do grupo DEOLINDA titulada BONS DÍAS