@s pequech@s da Oliveira


Aquí estamos, somos a clase de 3º do colexio Santiago de Oliveira e... as nosas inquedanzas!










O meu perfil
 OUTRAS FRAGAS...
 CATEGORÍAS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

PICASSO
Iste trimestre as aulas de 1º e 2º estamos aprendendo cousas sobre o pintor PICASSO.

Buscamos información sobre o artista en libros da biblioteca e tamén en internet.
Descubrimos cousas da súa vida coma onde naceu, onde viviu, onde estudou onde morreu, cantos anos viviu...

Ademais estudamos as súas distintas etapas pictóricas, así observamos a súa época azul, a súa época rosa e tamén a súa época cubista..

Observamos moitos dos seus cadros analizamos, inventamos títulos e fixemos as nosas propias versións.
Coma por exemplo do cadro de "Os tres músicos", ou o que máis nos gustou, "O GUERNICA" outra das obras nas que puxemos especial interese foi "Muller ante o espello" que nós rebautizamos como "muller embarazada".

Investigamos, buscamos, comparamos, aprendemos, compartimos e creamos. E durante todo o proceso fomos creando un pequeno libro para levar á casa con parte do que aprendemos e poder ensinarllo ás nosas familias.
Acó vos quedan unhas pouquiñas fotos de todo o proceso.

Symbaloo con recursos sobre PICASSO
Recursos tic sobre PICASSO
Galería interactiva de PICASSO
COMENTARIOS (0) - Categoría: Artisteando - Publicado o 18-06-2016 22:47
# Ligazón permanente a este artigo
Sobre o día da Paz
Mañá no cole faremos unha pequena celebración conxunta para conmemorar o Día da Paz

Ademais de aprender a canción de Paco Nogueiras "APERTAS QUE VOAN"

Estivemos xogando a algunhas actividades das que se propoñen symbaloo SOBRE A PAZ

COMENTARIOS (0) - Categoría: Artisteando - Publicado o 28-01-2016 12:29
# Ligazón permanente a este artigo
Artisteando.

Hoxe fixemos dúas cousas moi artísticas.
Por unha banda pintamos unhas fermosas mandalas que quedaron moi moi moi bonitas como podedes ver na foto.

E ademais estivemos traballando coa P.D.I (pizarra dixital interactiva) e pintamos as nosas propias obras de arte ó máis puro estilo do artista J. Pollock

Quedaron moi moi orixinais. Se queredes seguir creando obras de arte como fixemos hoxe, acó vos queda o link para a páxina web de Jackson Pollock
COMENTARIOS (0) - Categoría: Artisteando - Publicado o 17-09-2013 19:20
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
VISITAS


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0