No colexio estamos preparándonos para DÍA DO LIBRO..
Haberá unha serie de actividades conxuntas a nivel de centro que podedes ver mellor explicadas no BLOGUE DO COLE
E ademais a nivel de ciclo, miramos unha serie de libros que nos animan a ler.. e que nos gustaron moito. Acó vos quedan por se os queredes ver outra vez.
Estas dúas semanas previas ás vacacións, os nenos e nenas do primeiro ciclo estamos traballando conxuntamente sobre Kandinsky.. fixemos xa dúas sesións conxuntas, nas que vimos obras súas, e aprendimos un pouquiño sobre el..
E para a semana faremos as nosas propias creacións.. e tamén as nosas versións dalgunha das súas obras.
Acó vos queda un dos vídeos que miramos e que nos gustou moito.
E acó vos quedan unhas pouquiñas fotos .. nas que se ve o moito que traballamos.
O pasado martes día 5 os nenos e nenas de 1º, 2º e 3º fomos de excursión a VIGO.
Comezamos o día cunha obra de teatro nas dependencias de NOVACAIXAGALICIA
E despois de merendar adentrámonos na exposición BALEA NEGRA
A BALEA NEGRA é un proxecto expositivo que toma como punto de partida a crise provocada polo accidente do buque Prestige o 13 de novembro de 2002, o mesmo día que se inauguraba o MARCO, para documentar e rememorar aqueles días convulsos e para abordar algunhas das cuestións máis incitantes do noso tempo: a explotación da natureza, o legado do colonialismo, a historia da modernidade, o mito do progreso indefinido, o comercio marítimo, a globalización, os movementos sociais ou a guerra. ( texto tirado da páxina web do MARCO.)
A exposición encantounos, e estivemos atentísimas e atentísimos a todo o que nos explicaron as guías do museo.
Dende o equipo das TICs do colexio elaboraron este vídeo tan fermoso, coas cousiñas que fixemos para o Nadal, ademais de recoller tamén os premiados no concurso de Relato curto proposto dende a biblioteca.
O martes a última hora, estabamos escoitando un conto de medo, e por arte de maxia apareceu debaixo da nosa porta... unha misteriosa carta !!!!...
O remitente era Olirei, o símbolo da nosa biblioteca do cole, na carta explicounos que o préstamo de libros da biblioteca comeza para a semana e que alguén lle dixera que estabamos a traballar o Samaín e o Halloween e que para que a "espera" non fose tan longa nos deixara un libriño de agasallo na biblioteca, e alá fomos buscalo.
Canto nos gustou o libro e as súas trece historias!!! Moitas grazas Olirei!!!!
As semanas anteriores estivemos recompilando tipos de uvas, tanto brancas coma tintas, que coñecemos, todo isto coa axuda das familias.
E como estivemos en tempo de vendima, voltamos ver iste vídeo sobre Garnachica, que xa miramos o curso pasado, pero que nos gustou moito moito, e nunca está demais recordar algunhas cousiñas.
Acó vos queda outra vez o vídeo da Denominación de Orixe, Campo de Borja, sobre a uviña Garnachica.