@s pequech@s da Oliveira


Aquí estamos, somos a clase de 3º do colexio Santiago de Oliveira e... as nosas inquedanzas!










O meu perfil
 OUTRAS FRAGAS...
 CATEGORÍAS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Visitamos a bodega LA VAL
O pasado xoves , para culminar o mini proxecto que estivemos traballando sobre a VENDIMA as clses de 1º , 2º e 3º fixemos unha visita ás bodegas LA VAL , no concello de Salvaterra do Miño

Pasámolo moi ben e aprendemos moitas cousas novas, sobre
as uvas que utilizaban (albariño) , os tempos da vendima , da colleita e o proceso de recolección, a fermentación, o embotellado,e moitas cousas máis...
Ademais o finalizar tiñannos preparada unha pequena "merendola" da que demos boa conta e un pequeno agasallo para cada un de nós. Moitas grazas!!!


Pasámolo xenial e aprendemos moitas cousas!!


Acó quedan unhas poucas fotos da visita:

COMENTARIOS (0) - Categoría: Cousas do ciclo - Publicado o 16-10-2016 12:14
# Ligazón permanente a este artigo
O NOSO LIBRO DO UNIVERSO
As clases de 1º e 2º de Oliveira fixemos o noso libro do Universo, cada clase fixo o seu propio,  no mesmo formato e tamaño, unha vez elaborada cada unha das partes, decidimos xuntalas para crear un único libro coas nosas preguntas e respostas sobre o Universo.

Imos plastificalo para que teña unha longa vida na BIBLIOTECA do noso centro e así poder miralo cando queiramos .

 Pero tamén o volcamos nun  ISSUU para poder compartilo coas familias, e con outros nenos e nenas, acó vos queda o noso libro, do que estamos moi orgullosas e orgullosos.




COMENTARIOS (0) - Categoría: Cousas do ciclo - Publicado o 17-05-2015 22:40
# Ligazón permanente a este artigo
Día do Pai
Iste ano para celebrar o día do Pai, ademais de facer un pequeno e sinxelo agasallo. Decidimos mergullarnos un pouco nas tecnoloxías para facer unha felicitación un pouco distinta...

Asique as clases de 1º e de 2º decidimos facer cada unha un pequeno vídeo, sinxelo, exactamente iguais.

PARABÉNS PARA TODOS OS PAPÁS.


Acó vos queda o noso resultado:




E ademais fixemos un pequeno RAP ( coa aplicación gratuíta/de balde autorap que tanto nos gusta!!) cos nomes dos Papás da nosa clase.

COMENTARIOS (0) - Categoría: Cousas do ciclo - Publicado o 19-03-2015 09:09
# Ligazón permanente a este artigo
Celebrando Samaín.
A semana pasada no cole fixemos unha chea de actividades relacionadas co Samaín, e tamén co Halloween.

Rematamos a semana visionando algunhas historias de bruxas... e algún contiño máis relacionado con monstros ou demos...

Acó vos queda unha pequena recopilación de fotos. Pasámolo de medo!!!



E tamén unha canción sobre o Samaín do disco
Brinca vai!
COMENTARIOS (0) - Categoría: Cousas do ciclo - Publicado o 02-11-2014 22:35
# Ligazón permanente a este artigo
CLASS DOJO
Iste curso, as clases de primeiro e segundo, imos experimentar co CLASS DOJO, é unha aplicación moi interesante para utilizar na aula ( anotar a asistencia, comportamentos e algunha cousiña máis)

E tamén unha ferramenta moi útil e orixinal para comunicarse coas familias.

Acó vos queda un pequeno titorial en Inglés,
(pode subtitularse ó castelán ou galego, se premedes no botón subtítulos e seleccionades traducir subtítulos)

Agardo que sexa unha experiencia interesante para todos/as.

COMENTARIOS (0) - Categoría: Cousas do ciclo - Publicado o 23-09-2014 21:12
# Ligazón permanente a este artigo
Excursión ó CIFP A Granxa.
O pasado xoves fomos de excursión ó CIFP A GRANXA , en Ponteareas , ED. Infantil e mais as clases de 1º e 2º de primaria.

Pasámolo xenial, e aprendemos moitas cousas, sobre abellas, sobre amorodos, algunhas herbiñas, sobre prantas e aromas.
O venres falamos na clase sobre a excursión e ademais de pasalo moi ben, concluímos que o que máis lle gustou á maioría foron as abellas.

Acó vos quedan unhas pouquiñas fotos.

COMENTARIOS (0) - Categoría: Cousas do ciclo - Publicado o 02-06-2014 01:19
# Ligazón permanente a este artigo
Celebrando o día do libro.
Para celebrar o día do libro fixemos diversas actividades.
A clase de 1º recibiu unha carta da mascota da biblioteca, OLIREI, propoñéndonos unha actividade moi divertida: un rastrexo de libros.
Acó vos quedan unhas poucas fotos:




E tamén miramos algúns videos relacionados coa lectura, pero o que máis nos gustou foi ista historia dun escritor moi especial...


COMENTARIOS (0) - Categoría: Cousas do ciclo - Publicado o 24-04-2014 00:41
# Ligazón permanente a este artigo
Día internacional da Muller: as mariscadoras
POEMA ADICADO AS MARISCADORAS:

CAMIÑAN descalzas polas rochas,

pantasmas de sal habitan as sombras,

saben que as últimas mareas

esqueceron na praia os restos do naufraxio.

As mulleres recollen cada noite

os tesouros de auga, líquidos e fráxiles,

rebélanse contra a Historia,

constrúen co mar as estatuas

que nunca permanezan.

As mulleres de sal, con argazos de sombras,

xorden das últimas mareas

e tecen tesouros de auga cada noite

contra a Historia.

Elas, que saben que o efémero permanece.

Arden, ANA ROMANÍ





Iste ano para traballar o día Internacional da Muller cada ciclo elaborou un mural cunha temática relacionada co mar, así houbo sereas, redeiras, mariscadoras, nereidas.. mulleres relacionadas co mar.


No primeiro ciclo fixemos un mural adicado ás mariscadoras. Buscamos información sobre o seu traballo, as súas doenzas, o furtivismo, o marisco que recollen.. e falamos sobre o duro que é o seu traballo.

No blogue mariscadora en el Grove atopamos moitísima información moi interesante

Para nós as mariscadoras son as raíñas do mar:
Mariscadoras do Anllóns
Mariscadoras vixiando para evitar o furtivismo
COMENTARIOS (0) - Categoría: Cousas do ciclo - Publicado o 10-03-2014 12:01
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2] [3]
© by Abertal
VISITAS


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0