Aquí estamos, somos a clase de 3º do colexio Santiago de Oliveira e... as nosas inquedanzas! |
|
|
|

|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Últimas conferencias. |
|
O pasado luns fomos á clase de 1º para ver unha película cos nenos e nenas desa clase.
Como aínda nos quedaban algunhas conferencias pendentes e o tempo botouse enriba, ese día, e como atentísimo público as nenas e nenos de 1º ( ós que lles agradecemos a súa colaboración) escoitamos as conferencias que tiñamos pendentes.
Melisa falounos da tarta de galletas que fai súa nai.E explicounos como a elabora.
Enrique contounos o que fai no seu tempo libre: fútbol, informática e piscina.
Óscar leunos unha longa explicación sobre as plantas e da importancia que ten para a nosa supervivencia coidalas.
Rubén explicounos que de maior quere ser futbolistas, e aclarounos como se xoga ó futbol, os xogadores, as normas, os integrantes dun equipo.
Raul falounos das cousas que lle gusta facer: a qué lle gusta xogar, con quen..., e tamén nos falou dos chimpíns .
E Diego falounos da súa paixón: os cabalos e as éguas.
E con isto damos por finalizado o ciclo de conferencias, que foi interesantísimo e moi instructivo.
|
|
|
|
Conferenciando... |
|
 O pasado día 2 de xuño, tivemos outras dúas magníficas conferencias, as dúas relacionadas cos animais.
Aida por unha banda falounos da relación entre as persoas e os gatos, e explicounos un pouco como deberíamos tratalos, e os coidados que precisan cando son moi pequeniños, pero sobre todo a relación que debemos ter con eles.
E Erik falounos dunha raza de cans, que se chama Ratonero Mallorquín , e tamén nos trouxo unhas pequenas fotos desa raza para que a identificasemos, falounos de como son, do porqué do seu nome, das súas características físicase describiunolo moi ben, despois ensinounos as fotos, Erik ten unha cadeliña desta raza, e hai pouco que tivo crías, polo que é todo un experto no tema.
E desta volta tivemos de público invitado ós nenos e nenas da clase de 5 ANOS que viñeron acompañados coa súa profe a escoitar as conferencias, e que se portaron moi ben e estiveron moi moi atentos, moitas grazas por vir.
|
|
|
|
Seguimos co noso ciclo de Conferencias |
|

Hoxe tivemos conferencia dobre:
Por unha banda Alejandro falounos da festa do Requeixo das Neves. Explicándonos cando foi, o que había nesta festa, e as diversas formas nas que podemos tomar o requeixo. E que foi a primeira vez que tomou requeixo !!!
E pola outra Yoel falounos do noso planeta : A Terra. Explicándonos a súa idade, os continentes que o compoñen, e os países que hai en cada un deles, , a súa división terra/auga e moitas cousas máis.
Ambas conferencias estiveron moi moi interesantes!!.
Hoxe tamén contamos como público invitado cos nenos e nenas da clase de 1º, ós que lles agradecemos a súa colaboración.
Acó vos queda unha foto dos conferenciantes de hoxe en plena exposición.
|
|
|
|
CICLO DE CONFERENCIAS |
|
Hoxe, por fin, inauguramos o noso CICLO de conferencias, tocoulle comezar ó noso "axudante do día" HUGO.
A conferencia de Hugo foi moi moi interesante e completa,o tema que escolleu foi o da MÚSICA: ademais de darnos algúns datos que non coñecíamos, e falarnos da evolución da música e os instrumentos, sobre algúns compositores, e a música que a el lle gusta... fíxoo dun xeito claro, e preciso.
Ademais para inaugurar o noso ciclo de conferencias, contamos cun público excepcional, acompañáronnos tamén os nenos e nenas da clase de 1º.
Gustounos a todos/as moito.. mirade que atent@s estaban tod@s:
E ó final démoslle un forte aplauso para demostrar o moito que nos gustou... |
|
|
|
|
|