Despois de 9 anos toca finalizar coa actividade deste blogue.
Nove anos nos que compartimos unha chea de cousas, aprendemos investigamos e observamos.
Despois de tantas experiencias e vivencias, toca despedirse.
O blogue quedará inactivo, aínda que aberto porque ó fin e ó cabo é unha recopilación de todo o que traballamos e aprendemos, e sempre pode ser unha fonte de consulta para próximos cursos.
Un pracer compartir por aquí o vivido no CEIP SANTIAGO DE OLIVEIRA.
Unha avoa un pouco despistada, que fai unha versión moi libre do conto tradicional da Carapuchiña Vermella , na que é verde, negra ou amarela... e moitas cousas máis....
Levamos unha semana introducíndonos no mundo da división.
Xa sabíamos o que era a metade dunha cantidade e un terzo...
Agora que xa controlamos bastante ben as táboas de multiplicar é o momento para traballar sobre a división.
Un xeito de repartir unha cantidade, a partes iguais...
Despois das explicacións, e a novidade, ver os elementos da división tamén miramos algúns vídeos...
Observamos que en casi todos a "lava" saía case branca aínda que utilizasen colorante, asique decidimos mesturar o colorante de pastelería co vinagre de mazá a ver se conseguíamos máis cor.
Ademais fixemos un preciosísimo volcán de plastilina e encargámonos de meter un vaso dentro para poder ter os ingredientes ben misturados.
Todo isto organizándose sos e durante toda a semana.
Acó vos quedan unhas poucas fotos da evolución e un pequeno vídeo do momento.
O alumnado de terceiro que como ben sabedes, está aprendendo un montón de cousas sobre URBANO LUGRÍS, buscando buscando, atopamos a páxina web do MUSEO DE BELAS ARTES DA CORUÑA que ten algunhas das obras máis importantes de Urbano Lugrís.
Ademais de agasallarnos con estas maletiñas didácticas coas que imos aprender moito, tamén nos enviaron un exemplar do libro de Yolanda Castaño , baseado no cadro: MARIÑA SURREALISTA.