Este ano o día das letras galegas está adicado ó poeta pontevedrés VALENTÍN PAZ ANDRADE ,estes días estivemos aprendendo algunhas cousiñas sobre a súa persoa, e que ademais de escritor e poeta tamén fixo outras cousas.
Miramos algún que outro dos seus poemas, e faremos unha serie de fichas que a profe tirou da páxina de SEMINARIO GALÁN
Acó vos queda un link para ir ó xogo Lim sobre Valentín. XOGO LIM
Imaxe tirada de: http://www.valentinpazandrade.es/
Hoxe estivemos falando da festa dos MAIOS xa que non a coñecíamos e que se celebra especialmente na provincia de Ourense.
Investigamos un pouco sobre a súa orixe, os materiais dos que están feitos os maios, e miramos algun vídeo que nos resultou moi ilustrativo.
Acó vos queda un vídeo dos maios en Ourense, no ano 2008, que explica moi ben , o que son e como se fan.
Onte xoves fomos á radio e falamaos de CELSO EMILIO FERREIRO que foi un poeta galego, moi famoso.
Escribiu moitos poemas e entre eles DEITADO FRONTE AO MAR , que o grupo de hip hop Dios que te crew e que quixemos compartir con todos os nenos e nenas do colexio.
Hoxe a media mañá chamaron á porta da nosa aula, e cando abrimos, vaia sorpresaza!!!!
Robin esta acó, veu pasar uns días a Galicia e veu facernos unha visita ó cole ... Que alegría!!! Démoslle unha aperta grandísima e logo estivémoslle contando o que fixemos e as cousas que aprendemos en inglés, e preguntándolle cousas sobre ela.
Alegrámonos moito de verte Robin, e de que nos viñeses visitar!! .
Hoxe os nenos e nenas da clase de 1º imos a facer o programa de radio no colexio.
Como estamos traballando o tempo , e as estacións imos facer o parte meteorolóxico para o día de hoxe e para a fin de semana. Consultando diversas fontes , entre elas METEOGALICIA e a páxina web da CRTVG.