O conselleiro de industria, o nacionalista Fernando Blanco(BNG), ven de apoiar fai uns días unha proposta de privatización de ASTANO. En dita proposta o estaleiro Vigues Hijos de J. Barreras coa financiación das principias Caxias galegas( caixanova e caixagalicia) pretende adquirir o estaleiro ferrolano, para así “burlar” o boicot da union europea que non lle permite construir ningún barco de uso civil, actualemente o único que pode construir son plataformas petrolíferas.
Eu que sempre estiben en contra das privatizacións das empresas estatais, considero que este caso é un caso especial, o cal apoio, por trátase do gran estaleiro galego que alá pola década dos 70, era un referente mundial na construcción de superpetroleiros e hoxe en dia logo de sucesivas “reconversións” está no derradeiro punto do seu agónico final. A única forma de volver a construccion civil é mediante unha privatización,postos a privatizar, ¿qué mellor forma que facelo cunha empresa galega?
De sobra e coñecido por todos que o impulsor económico da comarca de Ferrolterra é a construcción naval, tamén todos coñecemos que dende hai unhas décadas este sector encontrase nunha grave crisis, causada polo “prezo” que nós costou entrar na unión europea, e que está afectando gravemente a comarca ferrolá. Logo de non sei cantas reconversións, non sei cantos plans, e non sei cantas “trapalladas” mais, que so sirvían para que determinados “politicuchos” saliran nos medios de comunicación, temos ante nos unha proposta que permite que a “gran ASTANO” poida emerxer das súas cinzas, evitando de isa maneira as imposicións da union europea que lle impiden construir barcos os barcos que sempre construiu.
O que non podo entender e que o PSOE, a través da sociedade estatal de participacions industriais( SEPI) non permita que o estaleiro galego volva ao lugar que ocupou durante tanto tempo, e que por culpa da entrada na union europea( foi o prezo que pagamos xunto coa perda de capacidade de producción leiteira, foi o que nos costou que nos diran cartos pa construir autovias) foi sometido a un boicot de non sei cantos anos, co unico fin de facer desaparecer a factoria galega. Tal vez o PSOE a través da SEPI actúe así porque se ASTANO volve a construcción civil, o asteleiro “socialista” andaluz( ese gran viveiro de votos para os socialistas) situado en Cádiz ( Puerto real) perda gran cantidade de contratos , ou tal vez o PSOE quera que ASTANO cerre duna vez, para así poder recalificar os miles de metros cadrados localizados ao carón da ría de Ferrol e que sin duda todo bon socialista ou bon pepero quixera poseer nas súas mans.
O que está claro e que nin os gobernos do pp e do psoe quixeron loitar porque ASTANO volvese a cosntrucción civil( agora o pp apoia a proposta, ¿Porque non o fixeron antes, eles que privatizaron a maioria das empresas estatais...? ).
Só espero que o PSOE entre en razón e esta vez vele polo futuro da comarca de Ferrolterra , porque os seus habitantes son o suficientemente dignos como para volver ocupar o lugar que ocuparon na década dos 70 no mundo da construccion naval .
Para rematar unha canción dedicada a tod@s aqueles que fixeron co seu traballo e sudor que ASTANO fose un referente mundial.
Un efecto electoral do BNG importante, que evidentemente o PSOE non é quen de ac#blgtk08#eitar. Sen embargo presenta mausoleos para Vigo que lle toca a xunta da trócola
687474703A2F2F7777772E747574746F78636F6E636F7273692E69742F636F6E636F7273695F636F7270695F64695F7369637572657A7A612D636F6E636F727369742D3434392E68746D636F6E636F72736920636F727069206469207369637572657A7A61courses: Concorsi Corpi di sicurezza