http://www.erepublik.com/en/referrer/josebz

Estadisticas y contadores web gratis
Estadisticas Gratis





San Migueliño das uvas maduras, tarde me ves e pouco me duras.

Santiaguiño pinta o viño, San salvador pintao mellor.

Tabaco, viño e muller botan un home a perder.

Pra que medre ben o pan, sémbrao por San Froilán.

Polo San Lucas e polo San Pastor, entran as noces en sabor, as mozas en amor e as vellas en dor.

Polo San Simón, poñer o tapón; e polo San Martiño, proba o teu viño

Polo Pilar, os nabos na terra e o viño a envasar

Soio despois de que o derradeiro árbore sexa cortado,
soio despois de que o derradeiro río sexa envelenado,
soio despois de que o derradeiro peixe sexa apreixado.
Soio entón sabrás que os cartos non se poden comer.

O sol de outono mata o seu dono.

Frores en outono, fame no ano novo

O meu viciño ten unha viña: el a cava, el a bima e el a vendima.

O que en ruín lugar fai a viña, a lombo saca a vendima.

O vello pranta a viña, e o vello a vindima.

Máis vale ser media merda, que merda e media.

Despois de morto, nin viña nin horto.

Onde non hai morte, non hai mala sorte.

Dous que dormen no mesmo colchón, vólvense da mesma opinión.

Con tanta calore, nin o corpo aguanta, nin o viño farta".

Quén moito corre, pronto para.

Ningúen correu que non parase.

Se tés presa, vaite con calma.

Andar lixeiro, tempo que se adianta.

Castigo de Deus lle veña a unha botella sin viño, a unha rapaza sin noivo e a unha pota sin touciño.

Pan de onte, carne de hoxe e viño de antano: saúde para todo o ano.

O que conquista a sogra, a filla a ten segura.

O que debe a Xan e paga a Andrés volve a pagar outra vez.

O que desexa a morte do veciño, venlle a súa polo camiño.

O que de unha escapa cen anos vive.

O que di o que sinte, nin peca nin minte.

O que é burro, tanto é eiqui como en Lugo.

O que foi labrador, non pode ser señor.

O que non é coñecido, non pode ser querido.

O que non ten, chamanlle ninguén.

O que vai o muiño sempre se enfariña.

Os mariscos queren viño, que pra auga, xa veñen dela.

Os enemigos do home son tres: sogra,nora e muller.

Primeiro os dentes cos pendentes.

Polo San Martiño colle o porco polo fuciño.

Polo San Miguel xa o coello sabe ben.

Polo San pedro, rega con medo; polo San Bieito rega afeito.

Polo si ou polo non os cartiños o caixón.

Por San Xoan, o xurelo molla o pan.

Taberna sin xente ben pouco vende.

Uva mollada pra viño non val nada".

Vento, muller e fortuna, mudables coma a lua

Viña ó pé do camiño ten mal veciño.

Viño de viñas bellas, que ben te tomo e que mal me deixas.

Viño e amores, de vello os mellores

Viño e muller, danche a volta e póñente ó revés.

Viño quitado,bebelo ou tiralo.

Xamón e viño bello, estiran o pelexo.

Polo San Martiño, trompos o camiño.

Pra morrer hai que nacer.

Quen adiante nos mira, atrás quedase.

Quen xoga con ferro, xoga co demo.

Se o porco voara, non había ave que lle gañara.

Unha sebe dura tres anos; un can dura tres sebes; unha besta dura tres cans e un home dura tres bestas.

Por san Martiño faise o magosto con castañas asadas e viño ou mosto

A todo porco lle chega o seu San Martiño.

Ao que bebe viño cheiralle o fuciño.

Auga por San Xoan, quita viño e non da pan.

Mentres que auga teña o Miño no Ribeiro non faltara o viño.

O que non fuma nin bebe viño o demo o leva por outro camiño

O que se promete co viño, olvidase polo camiño.

A cabalo vello pouca ferraña e moita cebada.

As veces un porco ruín encontra unha boa landra.

Ben boa vida pasa o porco e mais dorme no cortello.

Na Gudiña, cada catro unha sardiña.

O que baila sin tocar, ou é tolo ou quer tolear.












o Meu perfil
 Betanzos
 FOTOBLOGOTECA
 O QUE LEO

Corrupción urbanistica I
Como mozo de 25 anos que son, gustaríame ocupar unhas lineas da miña bitácora nun dos principias problemas que temos e terá a xenté da miña xeneración a xenté de xeneracións posteriores.
A constitución do estado español de 1978 recoñece que a vivenda e un dereito para todolos españois, mais na realidade, non e que sexa un dereito senón que é un negocio para uns poucos e unha desgraza para moitos .
Por todos e coñecido o traballo que fixo o o anterior goberno do señor aznar neste campo...elevou os prezos da vivenda ata uns limites inamaxinables por calquera persoa na súa época.
Co cambio de goberno, naquel famoso 14 de marzo, o novo goberno de José Luís Rodríguez Zapatero non parou de falar do problema que representaba o prezo da vivenda para os mozos, ben sendo certo, que dende un principio mostrou gran interés.. , se miramos polo final o único que fixo foi falar, falar e falar, e de vez en cando prometer (algo que por certo ben sendo moi habitual na xente deste partido) de que iba aprobar non sei que medida, agora non sei que lei, e o único verdadeiramente certo que fixo, foi que algo se desacelerou o prezo da vivenda, pero segue tendo unhos prezos e unhas subidas anuaís tan elevadas que segue a resultarnos imposible, adquirir unha vivenda , e se somos un pouquiños listos, ao meu parecer, vale a pena hipotecarse agora 40 anos que facelo o día de maña 60, porque polos datos que dispoño a subida media anual do prezo da vivenda ben sendo aproximadamente un 8% e a dos salarios un 2%.
Non hai dúbida que a principal causa dunhos prezos tan altos, é que hai moita xeite que se beneficia de maneira irregular de este asunto.
Non hai día que pillemos un xornal e non leamos que non sei que alcalde e non sei en que lugar foi detido ou ten unha querella por estar implicado nalgún caso de corrupción urbanística.
Hoxe luns 27 de novembro de 2006, atopei dúas noticias de este tipo nun coñecido xornal estatal.

1)- A Xunta de Galiza paraliza unha recalificación urbanística en Cee( gobernada polo partido popular). Parece ser que o fillo do alcalde comprou unha finca rústica e agora o seu pai queria recalificarlla, cousa que parece que non é de todo legal.

2)- En Baleares foi detido un alcalde e algún alto cargo do goberno balear por estar implicados en asuntos de corrupción urbanística.

Dende fai xa algún tempo , e canso de leer tódolos dias as mesmas noticias, decidin tomar nota para ver se habia algúnha implicación partidista neste asunto. Ben é certo que non puiden chegar a descubrir negunha implicación, si puiden ver nestes 15 días que en tódalas noticias relacionadas coa corrupción urbanística estan implicados o PARTIDO POPULAR e o PSOE, sendo curioso que non atopei noticia algunha de calquera outro partido . E o mais curioso e que neste caso o partido popular si que consegue a mayoría absoluta, sendo tamén certo que o partido que está no goberno e o partido socialista, sendo desta maneira o que controla moitas accións xudiciais.

Por todo isto e porque e ainda son unha das persoas que creen nos estados, entendo por estado ese órgano público que é o encargado de solucionar os problemas dos seus cidadáns,e como o os gobernantes do noso estado( pp e psoe) non toman negunha medida seria para solucionar este grave problema, gustariame expresar a miña conclusión sobre o asunto, tal conclusión e que nin o PP nin o PSOE lles interesa nin interesará solucionar o problema da vivenda no noso pais, posto que gran parte dos seus membros, (podemolo leer cada dia nos diversos xornáis), están implicados en diversos casos de corrupción urbanística, e o único que fan e retirarlle o carnet de militancia minutos antes de entrar no cárcere( mais que nada por quedar ben, e o minimo que poden e o máximo que queren facer), non adoptando medida de negún tipo con anterioridade que poida servir para solucionar este gran problema que nos afecta a todolos xovenes do noso pais. E con todo isto seguen a incluir nas súas listas e nos seus cargos a persoas relacionadas co mundo da inmobiliaria...e seguirán..( non fai falla ir a “montañas moi lexanas” para velo...)
E ti que opinas? (2) - Categoría: Corrupción urbanistica - Publicado o 27-11-2006 21:56
Permalink
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
2 Comentario(s)
1 en que xornal saiu a not#blgtk08#icia do alcalde de Cee?
Comentario por spirou (28-11-2006 08:15)
2 no pais de onte, e tamen sale no p#blgtk08#ais de hoxe martes 28 de novembro.
Comentario por josinho (28-11-2006 13:44)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:

(Introduce o código da imaxe)
© by Abertal

Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet


courses: Concorsi Corpi di sicurezza


[Valid RSS]


Add to Technorati Favorites