http://www.erepublik.com/en/referrer/josebz

Estadisticas y contadores web gratis
Estadisticas Gratis





San Migueliño das uvas maduras, tarde me ves e pouco me duras.

Santiaguiño pinta o viño, San salvador pintao mellor.

Tabaco, viño e muller botan un home a perder.

Pra que medre ben o pan, sémbrao por San Froilán.

Polo San Lucas e polo San Pastor, entran as noces en sabor, as mozas en amor e as vellas en dor.

Polo San Simón, poñer o tapón; e polo San Martiño, proba o teu viño

Polo Pilar, os nabos na terra e o viño a envasar

Soio despois de que o derradeiro árbore sexa cortado,
soio despois de que o derradeiro río sexa envelenado,
soio despois de que o derradeiro peixe sexa apreixado.
Soio entón sabrás que os cartos non se poden comer.

O sol de outono mata o seu dono.

Frores en outono, fame no ano novo

O meu viciño ten unha viña: el a cava, el a bima e el a vendima.

O que en ruín lugar fai a viña, a lombo saca a vendima.

O vello pranta a viña, e o vello a vindima.

Máis vale ser media merda, que merda e media.

Despois de morto, nin viña nin horto.

Onde non hai morte, non hai mala sorte.

Dous que dormen no mesmo colchón, vólvense da mesma opinión.

Con tanta calore, nin o corpo aguanta, nin o viño farta".

Quén moito corre, pronto para.

Ningúen correu que non parase.

Se tés presa, vaite con calma.

Andar lixeiro, tempo que se adianta.

Castigo de Deus lle veña a unha botella sin viño, a unha rapaza sin noivo e a unha pota sin touciño.

Pan de onte, carne de hoxe e viño de antano: saúde para todo o ano.

O que conquista a sogra, a filla a ten segura.

O que debe a Xan e paga a Andrés volve a pagar outra vez.

O que desexa a morte do veciño, venlle a súa polo camiño.

O que de unha escapa cen anos vive.

O que di o que sinte, nin peca nin minte.

O que é burro, tanto é eiqui como en Lugo.

O que foi labrador, non pode ser señor.

O que non é coñecido, non pode ser querido.

O que non ten, chamanlle ninguén.

O que vai o muiño sempre se enfariña.

Os mariscos queren viño, que pra auga, xa veñen dela.

Os enemigos do home son tres: sogra,nora e muller.

Primeiro os dentes cos pendentes.

Polo San Martiño colle o porco polo fuciño.

Polo San Miguel xa o coello sabe ben.

Polo San pedro, rega con medo; polo San Bieito rega afeito.

Polo si ou polo non os cartiños o caixón.

Por San Xoan, o xurelo molla o pan.

Taberna sin xente ben pouco vende.

Uva mollada pra viño non val nada".

Vento, muller e fortuna, mudables coma a lua

Viña ó pé do camiño ten mal veciño.

Viño de viñas bellas, que ben te tomo e que mal me deixas.

Viño e amores, de vello os mellores

Viño e muller, danche a volta e póñente ó revés.

Viño quitado,bebelo ou tiralo.

Xamón e viño bello, estiran o pelexo.

Polo San Martiño, trompos o camiño.

Pra morrer hai que nacer.

Quen adiante nos mira, atrás quedase.

Quen xoga con ferro, xoga co demo.

Se o porco voara, non había ave que lle gañara.

Unha sebe dura tres anos; un can dura tres sebes; unha besta dura tres cans e un home dura tres bestas.

Por san Martiño faise o magosto con castañas asadas e viño ou mosto

A todo porco lle chega o seu San Martiño.

Ao que bebe viño cheiralle o fuciño.

Auga por San Xoan, quita viño e non da pan.

Mentres que auga teña o Miño no Ribeiro non faltara o viño.

O que non fuma nin bebe viño o demo o leva por outro camiño

O que se promete co viño, olvidase polo camiño.

A cabalo vello pouca ferraña e moita cebada.

As veces un porco ruín encontra unha boa landra.

Ben boa vida pasa o porco e mais dorme no cortello.

Na Gudiña, cada catro unha sardiña.

O que baila sin tocar, ou é tolo ou quer tolear.












o Meu perfil
 Betanzos
 FOTOBLOGOTECA
 O QUE LEO

Quintana, contra la manipulación ( el correo gallego)




Anxo Quintana, ni corto ni perezoso, se arrancó a bailar con Iria Aboi en el multiusos de Sar, aprovechando la actuación de Proxecto Trepia. Táboas se marcó unos pasos con el bailarín

FOTO: Mon
"Non me van dobrar", reiteró ayer Anxo Quintana el día en el que celebraba medio siglo de vida y se debía enfrentar a tres ataques para desayunar: las fotos en el yate con Jacinto Rey, presidente del grupo San José, publicadas por EL CORREO GALLEGO el 2 de septiembre de 2005 sin generar ninguna controversia y recuperadas ahora en la recta final de campaña con fines partidistas; un falso accidente en la autopista, a la altura de Padrón, que situaba al candidato en el Clínico de Santiago; y rumores sobre su vida personal, que están circulando también profusamente por Internet.

"O señor Feijóo está facendo a campaña máis rastreira que se teña recordado na historia deste país", replicó con contundencia el candidato nacionalista a la presidencia de la Xunta, que se ofreció a mostrar al líder de los populares "o meu álbum persoal para que vexa a cantidade de persoas coas que teño falado cumprindo coa miña obriga como vicepresidente". A cambio, pediría "explicacións por esta campaña tan sucia, polos casos de corrupción nos que vostede e o seu partido están inmersos, por ter a Galicia no atraso".

"En realidade, o que lles molesta non son Quintana nin o BNG senón que Galicia sexa un país libre, que se faga respectar, que se presente á humanidade orgullosa do seu idioma e a súa cultura", explicó el candidato del Bloque a los simpatizantes entregados que lo recibieron en A Coruña, a quienes presentó al BNG como un bonsái dentro del "xardín particular" de los populares pero que "medrou e cometeu a herexía de dicirlle ó resto das plantas que a terra é para quen a traballa e non para catro".

Quintana acusó al PP de utilizar los tres tipos existentes de mentira: las estadísticas, la mentira y la maldita mentira. Las primeras, al exhibir cifras del paro para dar una visión catastrofista ("¿pero quen foi o abandeirado que trouxo isto?, ¿quen foi presidente do Fondo Monetario Internacional, Rato ou eu?"). Opuso la batería de medidas que propone el BNG con un plan de estímulo económico contra la crisis y la exigencia a Zapatero de "levantarlle o veto a Astano" y que se impulsarán en los primeros cien días de legislatura.

La mentira llegó después con el intento de "desmobilizar os votantes difundindo a idea de que todos somos iguais". "¿Somos iguais os que defendemos o idioma dos nosos avós que os que fan manifestacións en contra do galego?", se cuestionó.

Y, por último, se refirió a la maldita mentira, "que consiste en converter esta campaña na do insulto, a calumnia, a difamación, a da ofensa da vida persoal e a de chegar a inventar un accidente para sacarme de circulación". Recordó que el PP "colocou carteis electorais enriba da propaganda doutros partidos".

"Todo iso só vai servir para que o señor Feijóo teña un inmenso castigo nas urnas o día 1", concluyó, pues "a Galicia emerxente non quere caciques e quere elixir os seus representantes, non que a gobernen en despachos que non se presentan ás eleccións".
Categoría: Nacional - Publicado o 26-02-2009 16:38
Permalink
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
No Acto Nacional do Medio Rural
Categoría: videos - Publicado o 10-02-2009 13:08
Permalink
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
A voz de galicia manipula!
Todos os que leamos este xornal, podremos saber consciente ou incosncientemente que a liña directora de este xornal de un tempo a esta parte volveuse en contra do BNG dunha maneira sorprendente.

Por todos é sabido que este xornal nunca mirou con bos ollos aos nacionalistas, pero co paso do tempo e a estabilización do BNG no parlamento, este xornal, como o mais lido en Galiza, alternava as súas críticas con comunicacións de notas de prensa do BNG, feito que dende o decreto eólico, sen saber porque, transformouse nun todo contra o BNG coste o coste e ao prezo que sexa.

Recollo unha entrevista, dun destacado militante da CIG, que opina sobre este tema e a manipulación informativa da voz.



A CIG acusa de 'manipulación' a La Voz de Galicia .


A CIG sinala que "non deixa de ser sorprendente que, para dar apoio a esta campaña, o devandito xornal faga referencia a fontes sindicais, cando nunca se puxeron en contacto coa CIG, sindicato maioritario no sector (70 por cento de representación), nin coas presidentas dos Comités de Empresa", e considera que isto deixa en evidencia a falta de interese por coñecer a verdade. "A manipulación é tal que se amparan no anonimato dos informantes ou dándolle unha representatividade que non ten a quen está disposto a dicir o que lle interesa ao diario, por moi falso que sexa", apuntan os responsábeis da central sindical.

Subliñan que a opinión pública ten que saber que a condición de traballadores, "agora vilipendiados como enchufados, foi adquirida a través de acceso público, mediante un sistema de oposición no que se tivo que demostrar coñecementos e capacidade". Pensan que o feito de que se teñan que volver a presentar "non é un privilexio senón un prexuízo, por teren que aprobar dúas veces as oposicións para obter a condición de persoal laboral fixo, pois, do contrario, quedarían sen traballo".

Os dirixentes sindicais consideran curioso que CCOO denuncie un "fraude e engano", xa que "a única proposta que eles fixeron durante toda a negociación foi a dun acceso á condición de laboral fixo, mediante exclusivamente un concurso de méritos. Isto si que é moito menos aberto e non reúne todas as garantías legais". Sinalan que La Voz de Galicia insiste en amplificar esa acusación infundada de CCOO, "cando esta central é moi minoritaria, en cambio censura a postura favorábel a este proceso de todos os Comités de Empresa da CIG e a UGT".

Coincidencia coas eleccións

Para Louzao e Crespo, "o que resulta tendencioso é relacionar as eleccións políticas co feito de que haxa oposicións, cando case todos os anos hai procesos electorais e ofertas públicas de emprego". Indican que só desde "unha intencionalidade, claramente electoral, chama a atención este caso como se fora algo insólito e o habitual fose que a administración se parase diante dunhas eleccións", e aclaran que "en todo caso, hai que saber que se a oferta se fai nestas datas é porque se agardou a celebrar as eleccións sindicais, co obxecto de negociar cos representantes dos traballadores as bases do acceso, o que é para nós correcto".

Os mandatarios sindicais tamén sinalan que o sistema de acceso de concurso-oposición que se vai levar a cabo ten todas as garantías de igualdade, mérito e capacidade, "pois é aberto a todo o mundo e o recoñecemento de méritos é análogo ao recollido noutros concursos-oposición da administración para converterse en laborais fixos". Por iso, consideran que non se entende "a infamia e a denigración á que son sometidas/os as traballadoras e os traballadores, a non ser que sexa en función de intereses espurios que nada teñen que ver coa realidade dos feitos e co traballo que desenvolven".

Por último, afirman que "CCOO, PP e La Voz de Galicia están a acusar, sen ningún fundamento, de que a contratación destas traballadoras e traballadores foi 'a dedo' e que non responde ao resultado de selección dun sistema público, senón a intereses clientelares". Afirman que dita falsidade está a causar un dano irreparábel na valoración dos profesionais, "prexudicando un servizo público fundamental á nosa sociedade como é o que presta o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar". En consecuencia, esixen unha inmediata rectificación pública "para restaurar a verdade e informar con rigor sobre a realidade deste proceso selectivo".



Categoría: A Ribeira do Mandeo - Publicado o 05-02-2009 12:14
Permalink
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
© by Abertal

Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet


courses: Concorsi Corpi di sicurezza


[Valid RSS]


Add to Technorati Favorites