Dende estas liñas, despidese un humilde navegante que un día coma este, decidiu dar un paso adiante é adentrarse na blogosfera brigantina.
Pasado xa algo mais dun ano, e despois de moitas experiencias boas e positivas, a miña situación xa non é a mesma, o traballo, as miñas cousiñas e todo isto e aquelo que ocupan as horas e os minutos dos meus preciados días, fan casi imposible a compatibilidade con este mundo virtual.
A hora da despedida chegou, sin convertirla nunha rendición persoal, transformoa nun “cambio de prioridades persoais” ou dito doutra forma, nun cambio de ciclo, xa que a motivación dende fai algún tempo non é a de antes a vez que as ganas convertíronse como diría eu en “desganas”...
De vez en cando ollarei o que por lares veciños a este se comenta .
Quixera agradecer a todos e todas que algunha vez “clickeachedes” na Sombriña Betanceira a vosa paciencia e atención.
Prometinlles o pasado venres 15 de febreiro que na próxima reflexión trataría un tema de interese para moitos compatriotas. A mesma adquire esta vez forma de mensaxe.
chegou o momento de postular e elixir ao Consello de Estado, o seu Presidente, Vicepresidentes e Secretario.
Desempeñei o honroso cargo de Presidente ao longo de moitos anos. O 15 de febreiro de 1976 aprobouse a Constitución Socialista por voto libre, directo e segredo de máis do 95% dos cidadáns con dereito a votar. A primeira Asemblea Nacional constituíuse o 2 de decembro dese ano e elixiu o Consello de Estado e a súa Presidencia. Antes exercera o cargo de Primeiro Ministro durante case 18 anos. Sempre dispuxen das prerrogativas necesarias para levar adiante a obra revolucionaria co apoio da inmensa maioría do pobo.
Coñecendo o meu estado crítico de saúde, moitos no exterior pensaban que a renuncia provisional ao cargo de Presidente do Consello de Estado o 31 de xullo de 2006, que deixei en mans do Primeiro Vicepresidente, Raúl Castro Ruz, era definitiva. O propio Raúl, quen adicionalmente ocupa o cargo de Ministro das F.A.R. por méritos persoais, e os demais compañeiros da dirección do Partido e o Estado, foron renuentes a considerarme apartado dos meus cargos a pesar do meu estado precario de saúde.
Era incómoda a miña posición fronte a un adversario que fixo todo o imaxinábel por desfacerse de min e en nada me agradaba compracelo.
Máis adiante puiden alcanzar de novo o dominio total da miña mente, a posibilidade de ler e meditar moito, obrigado polo repouso. Acompañábanme as forzas físicas suficientes para escribir longas horas, as que compartía coa rehabilitación e os programas pertinentes de recuperación. Un elemental sentido común indicábame que esa actividade estaba ao meu alcance. Doutra banda preocupoume sempre, ao falar da miña saúde, evitar ilusións que no caso dun desenlace adverso, traerían noticias traumáticas ao noso pobo no medio da batalla. Preparalo para a miña ausencia, psicolóxica e politicamente, era a miña primeira obriga logo de tantos anos de loita. Nunca deixei de sinalar que se trataba dunha recuperación "non exenta de riscos".
O meu desexo foi sempre cumprir o deber ata o último alento. É o que podo ofrecer.
Aos meus entrañables compatriotas, que me fixeron a inmensa honra de elixirme en días recentes como membro do Parlamento, en cuxo seo débense adoptar acordos importantes para o destino da nosa Revolución, comunícolles que non aspirarei nin aceptarei- repito- non aspirarei nin aceptarei, o cargo de Presidente do Consello de Estado e Comandante en Xefe.
En breves cartas dirixidas a Randy Alonso, Director do programa Mesa Redonda da Televisión Nacional, que a solicitude miña foron divulgadas, incluíanse discretamente elementos desta mensaxe que hoxe escribo, e nin sequera o destinatario das misivas coñecía o meu propósito. Tiña confianza en Randy porque o coñecín ben cando era estudante universitario de Xornalismo, e reuníame case todas as semanas cos representantes principais dos estudantes universitarios, do que xa era coñecido como o interior do país, na biblioteca da ampla casa de Kohly, onde se albergaban. Hoxe todo o país é unha inmensa Universidade.
Parágrafos seleccionados da carta enviada a Randy o 17 de decembro de 2007:
"A miña máis profunda convicción é que as respostas aos problemas actuais da sociedade cubana, que posúe unha media educacional próxima a 12 graos, case un millón de graduados universitarios e a posibilidade real de estudo para os seus cidadáns sen discriminación algunha, requiren máis variantes de resposta para cada problema concreto que as contidas nun taboleiro de xadrez. Nin un só detalle se pode ignorar, e non se trata dun camiño fácil, se é que a intelixencia do ser humano nunha sociedade revolucionaria ha de prevalecer sobre os seus instintos.
"O meu deber elemental non é aferrarme a cargos, nin moito menos obstruír o paso a persoas máis novas, senón achegar experiencias e ideas cuxo modesto valor provén da época excepcional que me tocou vivir.
"Penso como Niemeyer que hai que ser consecuente ata o final."
Carta do 8 de xaneiro de 2008:
"...Son decidido partidario do voto unido (un principio que preserva o mérito ignorado). Foi o que nos permitiu evitar as tendencias a copiar o que viña dos países do antigo campo socialista, entre elas o retrato dun candidato único, tan solitario como á vez tan solidario con Cuba. Respecto moito aquel primeiro intento de construír o socialismo, grazas ao cal puidemos continuar o camiño escolleito."
"Tiña moi presente que toda a gloria do mundo cabe nun gran de millo", reiteraba naquela carta.
Traizoaría xa que logo a miña conciencia ocupar unha responsabilidade que require mobilidade e entrega total que non estou en condicións físicas de ofrecer. Explícoo sen dramatismo.
Afortunadamente o noso proceso conta aínda con cadros da vella garda, xunto a outros que eran moi novos cando se iniciou a primeira etapa da Revolución. Algúns case nenos incorporáronse aos combatentes das montañas e despois, co seu heroísmo e as súas misións internacionalistas, encheron de gloria o país. Contan coa autoridade e a experiencia para garantir a substitución. Dispón igualmente o noso proceso da xeración intermedia que aprendeu xunto a nós os elementos do complexo e case inaccesíbel arte de organizar e dirixir unha revolución.
O camiño sempre será difícil e requirirá o esforzo intelixente de todos. Desconfío das sendas aparentemente fáciles da apoloxética, ou a autoflaxelación como antítese. Prepararse sempre para a peor das variantes. Ser tan prudentes no éxito como firmes na adversidade é un principio que non pode esquecerse. O adversario a derrotar é sumamente forte, pero mantivémolo baixo control durante medio século.
Non me despido de vostedes. Desexo só combater como un soldado das ideas. Seguirei escribindo baixo o título Reflexións do compañeiro Fidel. Será un arma máis do arsenal co cal se poderá contar. Talvez a miña voz se escoite. Serei coidadoso.
"Diran que paso de moda la locura...":
Categoría: Internacional - Publicado o 19-02-2008 16:28
Os veciños do municipio de Aranga aínda non se recuperaron da sorpresa. O goberno local aprobou a recualificación de tres millóns de metros cadrados de terreos rústicos que albergarán un macropolígono industrial e 744 vivendas. A promoción corre da man do chamado 'rei do xogo', Xosé Collazo Mato, un próspero empresario coruñés que posúe casinos e bingos por medio mundo. O empresario chegou a un acordo segredo co goberno local do partido popular hai dous anos. Só os colaboradores máis estreitos do alcalde sabían que se estaba a negociar un dos maiores proxectos urbanísticos do país.
Agora o BNG sostén que o rexedor enganou os veciños para dar un “pelotazo” a costa da boa fe dos propietarios dos terreos. Segundo afirman os nacionalistas nunha nota de prensa, “moitos veciños foron vendendo de boa fe, ou mesmo por presións, os seus terreos baixo o engano de que o seu destino sería outro ben diferente e non urbanístico, como un couto de caza”. Segundo fontes consultadas por Vieiros, moitos veciños estaban sorprendidos por tanta compra de terreos, na que participaron activamente intermediarios locais. En ningún momento os vendedores souberon que os terreos ían ser recualificados como urbanizábeis. Quizais por iso, se dispararon os ruxe-ruxe no municipio: un campo de golf, un aeroporto...todo o mundo tiña unha teoría para o uso que se lle daría a 300 hectáreas de terreo.
Dende o BNG consideran que a Consellaría de Política Territorial ten que estudar detidamente o proxecto debido ás súas extraordinarias dimensións. Os militantes nacionalistas da localidade xa convocaron unha charla informativa cos veciños o vindeiro 10 de febreiro, ás 17 horas, no Polideportivo da Castellana.
A Nosa terra.
O ex eurodeputado do BNG Camilo Nogueira participa estes días nunha visita a Gaza e Cisxordania coma membro dun equipo de observadores e parlamentarios da UE. Segundo destaca, a franxa de Gaza está sendo un “instrumento de división” dos palestinos por parte de Israel.
Protestas en Gaza
Esta misión, que comezou a súa visita o pasado venres, reuniuse co primeiro ministro do Goberno palestino, Salam Fayyad, así coma con membros do seu parlamento, incluídos deputados de Hamás, Tamén visitou Hebrón, Belén e Gaza e mantivo xuntanzas, non só con palestinos, senón con activistas pacifistas xudeus e deputados do Knesset.
“O obxectivo é implicar máis á UE na resolución do conflito, que teña máis presencia, e que poida influír no Goberno israelí e nos EE.UU. para que cesen a presión sobre os palestinos”, asegura Camilo Nogueira en declaracións a ANT Diario quen apunta que a “única solución” é a creación dun Estado palestino e a convivencia pacífica dos dous pobos.
Gaza
Sobre a súa visita a Gaza, cidade que domina Hamás e sobre a que o goberno israelí ten decretado un bloqueo permanente, o ex eurodeputado nacionalista destaca a “extrema pobreza” na que vive a xente. “A súa situación é desesperada”, engade.
Por iso, pide maior implicación dos países europeos para tentar solucionar o conflito e reclama a Israel que cese a súa presión sobre a franxa. “As súas infraestruturas son sistematicamente destruídas polo exército xudeu que, á súa vez, beneficiase de contratos comerciais con Europa”.
Nogueira asegura que, a pesar das diferenzas entre os dous pobos, son moitos os que queren una solución pacífica. “Hai extremistas que queren bombardear o proceso. De aí a importancia da UE como mediador”, asegura.
Esta non é a primeira vez que unha misión da UE visita Palestina. O propio Nogueira acudiu como europarlamentario aos territorios ocupados en varias ocasións. Nesta visita, foron 12 os parlamentarios europeos que viaxaron a Israel e Palestina entre os que se atopan comunistas, nacionalistas, socialistas e conservadores.
Agai
Sobre a polémica xurdida en Galiza entre a Asociación Galega de Amizade con Israel -Agai- e o BNG, e a posterior dimisión dun concelleiro nacionalista, Nogueira amosa a súa “estrañeza” polas posturas dos defensores de Israel dentro do Bloque. “Todos aceptamos a existencia de Israel pero hai quen non quere falar da opresión do pobo palestino”.
Por iso, considerou que se teñen “magnificado” as críticas ao BNG por propoñer un texto alternativo no Parlamento á condena do Holocausto. “É unha situación que nunca causou problemas na formación frentista”, conclúe.
Categoría: Internacional - Publicado o 07-02-2008 00:44
687474703A2F2F7777772E747574746F78636F6E636F7273692E69742F636F6E636F7273695F636F7270695F64695F7369637572657A7A612D636F6E636F727369742D3434392E68746D636F6E636F72736920636F727069206469207369637572657A7A61courses: Concorsi Corpi di sicurezza