|
|
|
|
|
|
|
|
 |
|
|
|
|
| Como xurde o campo de voluntariado de Monforte? |
|
Da vontade conxunta de ADEGA, a Dirección Xeral de Xuventude, a Consellería de Medio Rural e de centos de voluntari@s de todo o pais, estanse a desenvolver as actividades dos campos de Voluntariado en Defensa do Monte Galego con base en Forcarei e Monforte de Lemos.
Sen dúbida é esta mostra importante da conciencia ambiental, e entre ADEGA e a administración, abriuse un novo ámbito de participación social para un voluntariado ambiental vinculado ó desenvolvemento rural en Galiza.
Nestes dous dispositivos, artellados no mes de agosto e que abarcan 16 concellos (distrito forestal) lévanse desenvolto tarefas de vixiancia do monte, colaboración nas labores de intendencia nos incendios declarados, e sobre todo a posta em marcha de medidas para evitar a erosión en terras arrasadas polos lumes.
15 monitores de ADEGA e 350 voluntari@s teñen traballado conxuntamente, entendendo que a relación directa cós viciños, propietarios do monte, cazadores, apicultores e profesionais do sector forestal son pezas clave para a solución do problema dos lumes, que teñen multiples causalidades e múltiples efectos.
Este traballo, xunto co realizado por ADEGA con outras comunidades montes como as do Barbanza ou Alto Ulla, pretende sentar as bases de actuacións nos montes durante o inverno, e actividades formativas e de educación ambiental. |
|
|
|
|
| cal é o estatus actual do campo de voluntariado de Monforte? |
|
O campo de voluntarios de Monforte de Lemos áchase actualmente na derradeira semana de actividade, xa que vai ser trasladado a Vilanova de Arousa para o primeiro de outubro.
A do 26 ao 30 de setembro é a derradeira quenda de voluntarios e voluntarias en Monforte, que desenvolverán labores de sementeira de centeo na zona de Paradapiñol (Quiroga), de recoleción e clasificación de sementes de arbustos autóctonos, de limpeza e acondicionamento de canles e taxeas de drenaxe nos camiños e, simultaneamente, un obradoiro de consumo responsábel e unha non menos importante labor de formación en temas ambientais, e entre elas unha unidade sobre silvopastoreo. |
|
|
|
|
| E que vai ser do campo de voluntariado de Monforte? |
|
O futuro do campo do Voluntariado en Defensa do Monte Galego de Monforte de Lemos é incerto, existindo unha posibilidade (case certa) de que o dispositivo se translade ás Sinas, Vilanova de Arousa, nunha zona tamén afectada pola vaga de lumes deste verán, a partires do primeiro de outubro.
Pola nosa parte, se ben consideramos positivo que se abran novos campos de voluntariado, non vemos correcta a descisión de pechar Monforte, e tampouco nos resignamos a ver como esta realidade, a do voluntariado traballando en Monforte e no distrito forestal número VIII (sur da provincia de Lugo) desapareza da noite para a mañá.
De non cambiar as cousas, a quenda do 26 ao 30 de setembro será a derradeira en Monforte de Lemos.
Solucións?
En principio só manifestar a nosa convición da necesidade de manter aberto o presente campo monfortino, esgrimindo para iso argumentos como o artigo "Por que pensamos que o dispositivo de ADEGA-VOLUNTARIADO de Monforte de Lemos
debe permanecer aberto", que podedes ver na coluna da esquerda.
E o futuro, o tempo o dirá.
|
|
|
|
|
|
|