|
|
|
|
| Isto pinta mal |
|
Os concellos da provincia con SNL recibiron unha comunicación na que se sinala que en 2012 a axuda que poderán recibir os concellos será de 3.000 euros para os seus SNL Ademais, só colaborará cos concellos de máis de 7.000 habitantes.
Nada que ver co modelo aínda vixente: subvención de 12000 euros sen limite de poboación e contrato de obra ou servizo trianual (que remata o 31 deste mes)
Por se fora pouco, a dez días de qu remate o ano, aínda non se publicou no BOP a convocatoria de axudas.
Dado o criterio de poboacion, a posibilidade que lles queda aos concellos pequenos, como o de Santiso e a de mancomunarse con outros para cumprir co requisito do 7000 habitantes.
Haberá que ver, neste caso, se a vontade dos concellos e compartir un tecnico entre tres concellos e aínda por riba que ecada un deles teña que achegar unha cantidade para que o tecnico teñao soldo minimo que lle exixe a súa petenza ao grupo A (tal como se establecía nas bases da anterior e aínda vixente convocatoria e que se supón que se seguira establecendo nesta)
Parece seguro, ou case seguro que moitos dos SNL municipais desapareceran.
Podes ler máisNo web da CTNL |
|
|
|
|
| Bota a andar Culturgal 2011 |
|
A feira está aberta desde o venres 2 ao domingo 4, en horario de 11.00 h a 14.30 h e de 16.30 h a 21.30 h, e a entrada é de balde.
Bótalle unha ollada en
Culturgal |
|
|
|
|
| Quedará Ames sen SNL? |
|
| Parece que o novo goberno municipal de Ames (PP) quere eliminar o Servizo de Normalización Lingüística do concello para iso suprimiría a praza da Relación de Postos de Traballo (RPT) municipal.Podes ler máis aquí |
|
|
|
|
| XII edición do Premio Manuel Beiras |
|
| Trátase dunha iniciativa que recoñece e premia o uso do galego no ámbito da empresa en compostelá. O prazo para presentar propostas está aberto ata o 30 de novembro. Podes obter máis información en CTNL |
|
|
|
|
|
|
| Nace unha nova ferramenta lingüística en liña coa que poderemos conxugar calquera verbo da lingua galega. Acepta formas que non veñen nos dicionarios.Cilenis |
|
|
|
|
| E os gañadores son... |
|
| O Concello de Pontevedra e a Rede de Entidades Amigas da Lingua (REAL) concedéronlle o Premio Xoán Manuel Pintos 2011 de impulso da normalización lingüística á Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización da Lingua (CGENDL) e á Aula Castelao de Filosofíapreme |
|
|
|
|
| A Fegamp tampouco acudiu .... |
|
...constitución da Rede de Dinamización Lingüística, en sinal de protesta pola suspensión das axudas a SNL municipais e para desmarcarse dese Rede.
Podes ler máis no web da CTNL |
|
|
|
|
| Preséntase Linguazas |
|
Linguazas naceu como unha ferramenta de uso interno, creada polo SNL do Concello de Zas para dotar de recursos e modelos lingüísticos ao cadro de persoal do Concello. Agora, agás algunhas seccións, está accesíbel para o público en xeral.
Podes ler maís na propia web |
|
|
|
|
| Simposio ILG 2011 Textos, palabras e voces: corpora e ferramentas para a investigación lingüística |
|
DATAS: 26 e 27 de outubro e 3, 4, 10 e 11 de novembro
LUGAR: Facultade de Filoloxía de Santiago de Compostela
INSCRICIÓN: antes do 26 de outubro. 30 € normal e 15 € para persoas estudantes ou desempregadas
Podes obter máis información no web do ILG |
|
|
|
|
| O ILG ofrece bolsas de colaboración |
|
O Instituto da Lingua Galega (ILG) convoca catro bolsas de cooperación para proxectos do centro. Están dirixidas a persoas licenciadas en Filoloxía Galega nos dous últimos anos.
O prazo de solicitude está aberto até o 17 de outubro
Bótalle unha olada ao resto da convocatoria aquí |
|
|
|
|
|
|
|