Asociación Micolóxica Sendeiriña


Asociación Micolóxica do Val de Barcala






O meu perfil
sendeirina@yahoo.es
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 GALERIA
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Estrada Micolóxica 2015


Xa están aquí as actividades micolóxicas da Estrada.


Deixamos os enlaces para os que queirades achegarvos:

https://www.facebook.com/ESTRADA-MICOLOXICA-210425249024590/timeline/

https://estradamicoloxica.wordpress.com/
Comentarios (0) - Categoría: Cursos, xornadas e conferencias - Publicado o 27-09-2015 13:08
# Ligazón permanente a este artigo
Curso de micoloxía en Rois


O Concello de Rois convoca a un curso de micoloxía ofertado para os sábados 3, 10 e 17 de outubro en horario de mañá. Dito curso combinará teoría con saída aos montes de Rois para recollida do produto, adaptando os contidos ao nivel e inquedanzas do alumnado.

O prezo é de 20€, reducido á metade para o alumnado de educación secundaria e Bacharelato, co ánimo de fomentar a participación da mocidade.

Como contidos básicos e adaptables, traballaranse os seguintes:

Coñecementos básicos sobre bioloxía dos fungos.
Características máis importantes para recoñecer as principais especies comestibles e velenosas.



Complementarase a formación o último día cunha xornada culinaria para aprender receitas nas que o protagonista sen dubidalo sexa o cogumelo.


D. Jaime Bernardo Blanco-Dios, será o docente responsable do curso. Enxeñeiro agrónomo, presidente da Asociación Micolóxica Brincabois de Pontevedra, membro do Grupo Micolóxico Galego (G.M.G.) e do Grupo Botánico Galego (G.B.G) e representante de Galicia na Comisión Ibérica de Fungos Ameazados, entre outros. Autor ou coautor de 8 libros e 130 artigos científicos publicados en revistas especializadas nacionais ou internacionais. Recentemente foi galardoado co “Premio Cidade de Pontevedra 2014” na modalidade de Persoas Físicas.

Comentarios (0) - Categoría: Cursos, xornadas e conferencias - Publicado o 27-09-2015 12:56
# Ligazón permanente a este artigo
Xornadas micolóxicas en Vedra












Deixamos información sobre estas Xornadas Micolóxicas en Vedra que inclúen obradoiros de iniciación, concurso fotográfico, actividades para nenos e exposición.

Para máis información podedes picar neste enlace

http://concellodevedra.com/gl/node/570
Comentarios (0) - Categoría: Cursos, xornadas e conferencias - Publicado o 16-09-2015 08:01
# Ligazón permanente a este artigo
Segundo número de MICOLUCUS
E xa van dous!

Parece que foi onte cando nos sorprendía o primeiro número de MICOLUCUS e xa están presentando o segundo número. Será venres día 4, ás 20:00 horas, no Salón de Actos da Deputación de Lugo. Para os que vos quede preto, non dubidedes en asistir e conseguir un exemplar.

De momento non puidemos botarlle un ollo pero polo que contan na súa páxina poderemos ler "diversos artigos de grande interese sobre micoloxía, nos que se inclúen traballos sobre taxonomía, coroloxía, biodiversidade micolóxica, ou interesantes citas de especies como, entre outras, algunhas das encontradas durante a celebración do VII Encontro Internacional de Micoloxía do Arco Atlántico celebrado en Lugo no outono de 2013. Tamén hai espazo para achegas bibliográficas, curiosidades etnomicolóxicas, datos sorprendentes sobre a xeoloxía de Lugo, aspectos turísticos das emblemáticas reservas da Biosfera lucenses ou atractivas suxestións micogastronómia."



https://www.facebook.com/events/944106425680639/
Comentarios (1) - Categoría: Publicacións - Publicado o 04-09-2015 18:17
# Ligazón permanente a este artigo
Arranca o outono en Vilagarcía
Parece que inda estamos sacudindo as areas da praia e xa empezan a chegar novas sobre actividades micolóxicas de outono.

Os primeiros deste ano, os de Vilagarcía; a Agrupación Micolóxica A Cantarela, saca unha nova edición do seu concurso de fotografía micolóxica e na súa páxina xa podemos ver un adianto das súas actividades deste ano.

Deixamos enlaces:

http://www.cantarela.org/fotografia.php



http://www.cantarela.org/outono.php
Comentarios (0) - Categoría: Cursos, xornadas e conferencias - Publicado o 04-09-2015 17:57
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal



Contador gratis