Asociación Micolóxica Sendeiriña


Asociación Micolóxica do Val de Barcala






O meu perfil
sendeirina@yahoo.es
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 GALERIA
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

O xénero Russula na Península Ibérica
Deixámosvos un enlace dunha publicación micolóxica da que non deramos conta no noso blog. Neste caso trátase do libro "El Género Russula en la Península Ibérica", de Carlos Monedero, Editorial CEME, publicado xa o ano pasado.

http://mintegui.blogspot.com.es/2011/12/las-russulas-de-carlos.html

É un libro que cubre un oco importante na bibliografía sobre este tema, xa que ata o de agora non existía ningunha publicación desta categoría que reunira e estudiara nunha soa obra o xénero Russula.

Trátanse caracteres macroscopicos, microscópicos, reactivos e reaccións macro e micro, ecoloxía, toxicidade, gastronomía,.. en fin, que parece unha obra ben completa tanto para científicos como para aqueles que queiran iniciarse no complicado mundo das Russulas.


O seu autor cedeu os dereitos de venda e distribución, á obra social de Cáritas Diocesana de Bilbao, e o seu prezo é de 70 euros.
Comentarios (0) - Categoría: Publicacións - Publicado o 30-09-2012 15:01
# Ligazón permanente a este artigo
Concurso fotográfico micolóxico da Sociedade Micolóxica de Madrid


Aghegamos as bases de outro concurso fotográfico, e xa vai o terceiro. Neste caso da Sociedade Micolóxica de Madrid. O prazo remata o 13 de novembro, así que inda estamos a tempo de tirarnos ó monte cámara na man.



XXII CONCURSO DE FOTOGRAFÍA DE
LA SOCIEDAD MICOLÓGICA DE MADRID

AÑO 2012


1. TEMA
• Cualquier tema de actualidad relacionado con el mundo de las setas y su hábitat, siendo imprescindible el protagonismo de las mismas.

2. PARTICIPANTES
Los aficionados a la fotografía que lo deseen, sin límites de edad ni nacionalidad.

3. INSCRIPCIÓN

Gratuita; sólo obras no premiadas en otros concursos anteriores.

4. PLAZO DE ENTREGA
Hasta las 20 horas del día 13 de Noviembre de 2012 en las reuniones de los lunes y martes micológicos, o remitidas a la siguiente dirección: C/ NURIA Nº 74, 3º-C--- 28034-MADRID

5. PRESENTACIÓN
Copias de las fotos en dispositivos digitales (CD, DVD, pendrives, etc.) y copias en papel color de las mismas, cuyo tamaño no exceda de 20x30 cm.
• Todas las fotografías vendrán montadas en cartulina rígida blanca, con tamaño único de 24x34 cm.
• Cada autor podrá presentar hasta un máximo de cuatro fotos, pero solo podrá ser premiada una.
• Cada fotografía llevará escrito el nombre científico de la especie, en el recuadro frontal inferior izquierdo de la cartulina y un título o lema común a todas, en el recuadro inferior derecho.
• Aparte, en el interior de un sobre cerrado se incluirán los datos del autor con su dirección completa, teléfono, lema, nombre científico de cada fotografía y los dispositivos digitales. El hecho de concursar, autoriza y permite que la SMM pueda exponer o publicar los trabajos recibidos, utilizando cualquier método de reproducción que habilite la tecnología actual.
• Los trabajos premiados, así como sus dispositivos digitales, pasarán a propiedad de la Sociedad Micológica de Madrid. Los no premiados quedarán a disposición de los autores por un plazo no superior a 3 meses contados a partir de la resolución del concurso. Se enviarán por correo a los no residentes en Madrid, cuando expresamente lo soliciten y hayan enviado con las fotos, un sobre debidamente cumplimentado, con tamaño y franqueo adecuado para su devolución. La Sociedad Micológica de Madrid no se responsabiliza de las posibles pérdidas o deterioros.

6. PREMIOS
Un primer premio consistente en un diploma y 360 euros.
• Un segundo premio consistente en un diploma y 180 euros.
• Un tercer premio consistente en un diploma y 90 euros.
• Los premios podrán quedar desiertos cuando en opinión del jurado las fotografías no presenten la calidad suficiente.
• Los participantes no podrán obtener más de un premio.

7. JURADO
• Estará formado por miembros de la junta directiva, o personas que ésta designe.
• El fallo del jurado, la exposición de fotografías y la entrega de premios tendrá lugar en el marco de la Exposición Micológica anual de la Sociedad, que se celebrará del 17 al 18 de Noviembre de 2012, en la Facultad de Farmacia de la Universidad Complutense de Madrid.
• La entrega de premios se realizará el domingo 18 de Noviembre a las 17,00 horas.
• Los fallos del Jurado serán inapelables, y el hecho de concursar, implica la aceptación de estas bases.


COORDINADORES DEL CONCURSO: Antonio Gómez Márquez (Telf.: 609008602) y
Pedro Lara Revilla (Telf.: 686372047)



http://www.socmicolmadrid.org/
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 26-09-2012 14:35
# Ligazón permanente a este artigo
Os cogomelos na cociña e outras cousas

Achegamos ó noso blog, información sobre unha nova publicación sobre cogomelos. Trátase do libro: "Os Cogomelos na Cociña e outras cousas", de Baía Edicións.

Aparecen como autores a Asociación Micolóxica Viriato, Xosé Manuel Fernández Costas e Pedro Roca. Non tivemos ocasión de telo nas nosas mans pero ten unha pinta estupenda.

Deixámosvos a descricion que aparece na páxina da editorial, e aproveitamos para felicitar os compañeiros de Viriato pola iniciativa:

"Os cogomelos na cociña e outras cousas é unha singular achega á literatura gastronómica. Atopamos pratos que podemos encadrar na 'nova cociña' e outros que adaptan receitas tradicionais, convertendo os cogomelos habitualmente, tratándose tanto unhas como outras de composicións innovadoras.

Valorando a importancia do coñecemento do que a natureza pon nas nosas mans, a súa utilización para fins gastronómicos e o papel da conservación, a obra está concibida en tres partes:

Na primeira, Na cociña cos cogomelos, preséntase un pequeno mostrario dos cogomelos máis apreciados na cociña e unhas notas sobre conservación e precaucións básicas a ter en conta cando estes se recollen para comer.

Na segunda, Receitas, propóñense diversas preparacións do cociñeiro Pedro Roca, un dos maiores e mellores divulgadores da excelencia dos cogomelos na cociña, e de Paco Bernabeu, Manolo Costas, Quico Fraguela, José Andrés Moure e Andrés Roca.

Na terceira, Da nosa Asociación, faise un repaso das actividades da Asociación Micolóxica Viriato nos seus trinta anos de andaina."


http://www.baiaedicions.net/galego/os-cogomelos-na-coci-a-e-outras-cousas.html?___from_store=galego
Comentarios (0) - Categoría: Publicacións - Publicado o 24-09-2012 19:22
# Ligazón permanente a este artigo
Actividades micolóxicas en Celanova
Tamén temos o listado das actividades de outono de Celanova, aquí volo deixamos para os que se poidan achegar. Sen dúbida, estas son das Xornadas con máis tradición no noso país, xa van pola XXVII edición!

Chama a atención o feito deu que organicen todo esto sen ningunha subvención. Parabens!


XXVII XORNADAS MICOLOXICAS DECELANOVA 2012

Día 5 de novembro, luns
19:30 Conferencia:Principais cogomelos comestibles.
Ponente: Ricardo MínguezAbajo. (Micólogo)

Día 6 de novembro, martes
19:30 Conferencia:Principais cogomelos tóxicos.
Ponente: Carlos SuárezSantalices. (Veterinario)

Día 7 de novembro, mércores
19:30 Conferencia:Curiosidades e virtudes de fungos e cogomelos.
Presentación novo proxectoeditorial de AUGAEDITORA
Ponente: Alejandro MínguezGonzález. (Xornalista)

Día 8 de novembro, xoves
19:30 Conferencia: Cultivode Champiñón, Agaricus bisporus en Pontefechas.
Ponente: Diego BorjaMínguez González. (Técnico e propietario de Pan do Demo)


Despois de cada conferencia haberá unha clasificación dos cogomelos achegados e pequena degustación.


Día 9 de novembro, venres
19:30 Presentación do proxecto da Sala Micolóxica de Celanova e Tapería de Cogomelos.

Día 10 de novembro, sábado
10:30 Saída ao campo para a recollida de exemplares.
16:00 Clasificación e montaxe da exposición.
20:00 Asemblea xeral da Asociación Cultural e Micolóxica de Celanova.
21:00 Degustación.


Día 11 de novembro, domingo
Exposición de exemplares reais e obxectos relacionados con cogomelos.
Horario da exposición: 11:00 a 14:00 horas.


Prezo do curso: Gratuíto para socios. Degustación aparte.

ORGANIZAN: Asociación Cultural e Micolóxica - Asociación de Mulleres Rurais “Maravalla"

COLABORAN: Pan do Demo e Cogomelos de Celanova Plan c.LUGAR DE CELEBRACIÓN: Sede da asociación e Plan c

CONTACTO: cogomelosdegalicia@gmail.com
Comentarios (0) - Categoría: Cursos, xornadas e conferencias - Publicado o 22-09-2012 18:24
# Ligazón permanente a este artigo
Actividades da Asociación Micolóxica Andoa de Cambre

A Asociación Micolóxica Andoa de Cambre ven de publicar na súa páxina as actividades programadas para este outono. Deixámosvos o listado:



SEMANA MICOLÓXICA.


Dia 1- Conferencia “Bioloxia dos fungos” impartida por Dª Purificación Lorenzo Castro.



Día 2- Conferencia “Principales cogomelos comestibles e tóxicos” impartida por Don Alvaro Martiañez Rodriguez


Día 3- Aula de Cociña

Día 4- Conferencia “Curiosidades sobre os gasteromicetes” impartida por Don . José María Costa Lago



Día 5- Conferencia “Os cogomelos e a problemática da sua regulación, legislación sobre aproveitamento comercialización e aspectos sanitarios” impartida por Don Julian Alonso Díaz

Día 6- Saida ao campo dos asistentes o curso guiada por Don José María Traba Velay

Día 21 Exposición de cogomelos no campo da feira de Cambre.



(Para asistir as conferencias será necesario anotarse previamente no concello de Cambre).


SAÍDAS DA ASOCIACIÓN MICOLÓXICA. ( Podería xurdir algún cambio)




- 7 de outubro - A Gañidoira.
- 12,13 y14 de outubro – Os Oscos (en estudio)

- 20 de outubro – saída para a exposición a Zas.

- 21 de outubro – exposición no campo da feira de Cambre.

- 27 de outubro – zona de Pobra do Brollón (autobús e comida en restaurante)

- 11 de novembro – Vilasantar.

- 17 de novembro – Rubian (autobús e comida en restaurant)

- 25 de novembro – Xaviña. (autobús)

Comentarios (0) - Categoría: Cursos, xornadas e conferencias - Publicado o 22-09-2012 18:13
# Ligazón permanente a este artigo
Concursos fotográficos 2012 (2)


Tamén a xente da Estrada organiza este ano un concurso fotográfico, neste caso é a primeria edición.

Deixámosvos as bases, por se alguén se quere animar e envíar algunha foto.



Bases do Concurso Fotográfico da Estrada Micolóxica




Obxectivo.
O obxectivo de este concurso é incentivar a participación no mundo da micoloxía, e a fotografía como medio de difusión e coñecemento dos fungos.

As fotografías presentadas no concurso de esta edición terán como temática: “Os fungos e o entorno que os rodea”

Premio.
Existirá un único premio para a mellor fotografía, que consistirá nun fin de semana para dúas persoas nunha casa de turismo rural de A Estrada.

Condicións.
1- Poderán participar todas as persoas físicas sen discriminación de ningún tipo.

2- Cada concursante so poderá presentar unha única fotografía.

3- A fotografía terá un tamaño de 15×20 e presentarase montada nunha cartolina, cun tamaño comprendido entre o dobre e o triplo do tamaño da fotografía.

4- A fotografía deberá levar un título e o pseudónimo do autor por detrás da cartolina. Ademais entregarase nun sobre pechado, no que figure pola parte exterior do sobre o título da fotografía e o pseudónimo do autor, a seguinte información: nome e apelidos, enderezo electrónico e teléfono de contacto.

5- A fotografía e o sobre presentado non poderán levar ningún distintivo ou sinatura que poida identificar a súa autoría.

6- As fotografías presentadas serán orixinais e inéditas e non se admitirá ningunha fotografía con retoques dixitais.

7- As fotografías entregadas pasaran a formar parte do arquivo fotográfico da Asociación A Estrada Micolóxica, cedendo os seus dereitos para ser expostas e facer uso delas en publicacións da Asociación A Estrada Micolóxica.

Prazos.
Os traballos poderán presentarse no IES Antón Losada Diéguez, Rúa da Cultura nº2, A Estrada, Pontevedra, 36680; ata o 31 de Outubro, inclusive.

A resolución do concurso farase durante a clausura das actividades de outono da Estrada Micolóxica. A persoa gañadora será comunicada por vía telefónica.

A Asociación porase en contacto coa persoa gañadora para facerlle entrega do premio.

Xurado.

O xurado estará composto por representantes da Asociación A Estrada Micolóxica e unha persoa profesional da fotografía de A Estrada.

A participación neste concurso implica a total aceptación das bases.


Para máis información podedes consultar este enlace.
http://estradamicoloxica.wordpress.com/
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 22-09-2012 17:58
# Ligazón permanente a este artigo
Concursos fotográficos - 2012





Son moitas as Asociacións que organizan concursos fotográficos relacionados co mundo micolóxico nestas datas. Deixamos as bases en primeiro lugar do concurso de Vilagarcía, dos compañeiros da Agrupación Micolóxica A Cantarela. Este concurso xa vai pola XIV edición, e a foto gañadora de cada ano serve para anunciar o concurso do ano seguinte.



De Desktop


Neste enlace podedes ver as fotos gañadoras do ano pasado.

http://www.cantarela.org/fotografia.php



Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 22-09-2012 17:49
# Ligazón permanente a este artigo
Previsións para esta semana...



Estas son as previsións da Axencia Estatal de Metereoloxía para a próxima semana. Supostamente o sábado a partir das 18:00 hai un 70% de posibilidades de choiva. Neste momento son as 17:30 e quenta o sol... imos darlle unha marxe de erro.

Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 22-09-2012 17:11
# Ligazón permanente a este artigo
Actividades da Asociación A Estrada micolóxica- Outono 2012


Empezan as actividades de outono nas Asociacións Micolóxicas.

Os da Estrada Micolóxica son os que máis cedo empezan este ano, e hai algunha actividade á que xa chegamos tarde.

Non teñen desperdicio, ata hai un curso de cestería, para que fagamos o noso propio cesto!!


Deixamos os enlaces:

http://estradamicoloxica.wordpress.com/2012/08/29/actividades-do-outono-2012/


http://www.facebook.com/home.php#!/pages/ESTRADA-MICOLOXICA/210425249024590



E aquí vai un pequeno resume:

Actividades do Outono 2012 - ESTRADA MICOLÓXICA


"O venres 7 de Setembro comezan as actividades de outono deste ano. E comezarán cunha charla de iniciación á micoloxía, que será impartida por Mercedes Nodar (presidenta da Estrada Micolóxica) Esta e tódalas demáis charlas, xunto cos talleres temáticos, impartiranse no Auditorio de NovaGalicia Banco da Estrada.

Seguirán outras charlas temáticas durante outros catro venres alternos. Estas charlas temáticas comezarán ás 20:00h e son as seguintes:

21 de Setembro. José Luís Tomé – Cantarelus
■5 de Outubro. Antonio Rodríguez Fernández – Toxicoloxía
■19 de Outubro. Ricardo Torrijos – Cogomelos nos fogóns
■17 de Novembro. Puri Lorenzo – Tricolomas


Durante os domingos das semanas que hai charlas temáticas, faranse saidas ao monte para a identificación e recolección de cogomelos.

Este ano convócase o I Concurso de Fotografía Micolóxica e continúase co II Concurso Escolar de Debuxo Micolóxico, que vai pola segunda edición.

Durante a clausura destas actividades de outono, que vai dende o 14 ao 17 de Novembro, faranse varios talleres temáticos dende as 19:00h até as 21:00h, aproximadamente:

14 de Novembro. Cestería.

15 de Novembro. Taxonomía de cogomelos.

16 de Novembro. Microscopía.


E para rematar estas actividades con bo sabor de boca farase unha degustación de cogomelos logo da charla de clausura."
Comentarios (0) - Categoría: Cursos, xornadas e conferencias - Publicado o 20-09-2012 13:35
# Ligazón permanente a este artigo
Comeza (ou continúa?!) a temporada







Chega setembro e empezan a aparecer as primeiras phalloides no Val de Barcala. As que vedes na foto son do 6 de setembro, e como cada ano, marcan o inicio da temporada. Pero, o certo é que co verán tan raro que tivemos, cabe preguntarse, se realmente comeza a temporada ou simplemente,... continúa!!?

E é que este verán, con temperaturas suaves e algo de choiva, fixo que os afeccionados á micoloxía, non deixáramos de ir ó monte. Para mostra, aquí deixamos unhas fotos dalgunhas cousiñas que atopamos. Todas están sacadas durante os meses de xuño a setembro.










Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 16-09-2012 20:20
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal



Contador gratis