Asociación Micolóxica Sendeiriña


Asociación Micolóxica do Val de Barcala






O meu perfil
sendeirina@yahoo.es
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 GALERIA
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

XIX Semana Micolóxica de Cambre

A presidenta de Andoa, convídanos á XIX Semana Micolóxica de Cambre.

Deixámosvos a programación así como os enlaces para poder inscribirse e obter máis información.

PROGRAMA


Do 4 ao 8 de outubro


Inscrición previa:
Oficinas de rexistro da casa do Concello.
Horario de luns a venres, de 9:00 a 14:00 h.
Sábados de 9:00 a 13:00 na casa do Concello

Prezo: 15,20 euros

Presentación e entrega de material:
Centro sociocultural da Barcala, ás 19:45 h.


Charlas-coloquio:
No mesmo centro, ás 20:00 h.

Luns 4:
Iniciación á Micoloxía: Bioloxía dos fungos.
Purificación Lorenzo Castro.

Martes 5:

Cogumelos comestibles e tóxicos.
Jaime Bernando Blanco Dios

Mércores 6:
Clase de cociña
Aula de cociña PORTOMUIÑOS, ás 20:30 h.

Xoves 7:
Cultivo de cogomelos
Manuela Buján Saco

Venres 8:
O xénero Macrolepiota
José María Traba Velay.

Domingo 17:

V EXPOSICIÓN DE COGOMELOS
Parque da Igrexa de Cambre

Sábado 23:
Saída ó Refuxio de San Xoan de Guitiriz
Jose Ramón Pato.

http://www.cambre.es/imgs/pdfsonline/2010/09/43-Mico_Diptico.pdf

Folla de inscrición
Comentarios (0) - Categoría: Cursos, xornadas e conferencias - Publicado o 24-09-2010 20:03
# Ligazón permanente a este artigo
Ustilago maydis (DC.) Corda
No Val de Barcala, é tempo de millo, e tralas últimas chuvias as leiras están verdes e vizosas e as espigas e as súas barbas empezan a asomarse. Seguramente moitos coñezades o chamado "caruncho do millo" ou "carbón do millo" pero tamén seguramente descoñezades que se trata dun fungo, e o que é máis dificil de crer, un fungo comestible.

Trátase dun fungo parásito que afecta fundamentalmente ás plantas do millo (anque poderíamos atopalo noutras gramíneas), producíndolle uns tumores nas fructificacións que poden ser de grande tamaño (ata 10 cm.).

Primeiro o fungo é de cor branco pero en seguida as esporas vólvense de cor escuro, e danlle ese aspecto parecido ó carbón, e de ahí ó seu nome.

Parece ser que en México, onde é coñecido como Cuitlacoche ou Hitlacoche, é considerado unha auténtica delicattesen en emprégase nunha
grande variedade de platos ata o punto de que se comercializa en lata e conxelado en supermercados especializados. E non volo perdades, nos Estados Unidos cultívase de xeito controlado.

Os que o probaron din que ten un sabor algo afumado, entre millo e fungo.

O que vedes na foto foi atopado esta mesma semana medrando nunha leira de millo no lugar de Vilachán, no Concello de Negreira. De momento non nos atrevemos a probalo, pero se alguén se anima que nos conte a experiencia!!
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 18-09-2010 16:42
# Ligazón permanente a este artigo
XXV Xornadas Micolóxicas en Celanova
Do 25 ó 31 de outubro deste ano 2010, van ter lugar estas Xornadas Micolóxicas que xa van pola edición número XXV.

A programación para eses días é ben interesante, e inclúe conferencias, saídas ó campo e por suposto, exposición. E os ponentes, son do melloriño: Blanco Dios, Marisa Castro...

Chámanos a atención que unha das actividades leve o título de "Micoloxía para periodistas", toda unha novidade...

Deixamos o enlace para aqueles que teñades interese e tamén a programación das xornadas.

PROGRAMA DAS XXV XORNADAS MICOLÓXICAS DE CELANOVA (2010)

Día 25 de outubro, luns
19:30 Presentación.
19:45 Conferencia: Experiencia de cultivo en Pontefechas, Celanova.
Ponente: Ricardo Mínguez Abajo.

Día 26 de outubro, martes
19:30 Presentación.
19:45 Conferencia: Cogomelos de Galicia e Norte de Portugal.
Ponente: Marisa Castro Cerceda.

Día 27 de outubro, mércores
19:30 Presentación
19:45 Conferencia: Novos cogomelos Galegos. Nomenclatura.
Ponente: Jaime Blanco Dios

Día 28 de outubro, xoves
19:30 Presentación
19:45 Conferencia: 25 anos de cogomelos en Celanova e 25 bos comestibles
Ponente: Carlos Suárez Santalices.

Día 29 de outubro, venres
19:30 Presentación
19:45 Conferencia: Actualidade Micoloxica Galega. Nove ducias de cogomelos.
Ponente: Alejandro Mínguez González.

Día 30 de outubro, sábado

Saída ao campo para a recollida de exemplares.
Micoloxía para Xornalistas. (En colaboración con. Flower Power)
Clasificación.
Degustación. (Única actividade de pago. Prazas limitadas. Anotación no enderezo electrónico)

Día 31 de novembro, domingo
Exposición de exemplares reais e obxectos relacionados con cogomelos.
Horario da exposición: 11:30 a 13:30 horas e de 17:30 a 20:30 horas.
Entrega de diplomas (Xunta de Galicia).

ORGANIZAN: Asociación de mulleres rurais Maravalla
Oficina Agraria Comarcal de Celanova

LUGAR DE CELEBRACIÓN: Aula de Cultura de Caixa Galicia de Celanova
(Rúa Emilia Pardo Bazán).

CONTACTO: Oficina Agraria Comarcal (988431650).
cogomelosdegalicia@gmail.com

http://setascelanova.blogspot.es/1277046240/xxv-xornadas-micoloxicas/
Comentarios (0) - Categoría: Cursos, xornadas e conferencias - Publicado o 11-09-2010 14:50
# Ligazón permanente a este artigo
Se temos fame...
...comemos un bocadillo!!

Esta é a máxima da que todo bo apañador de setas debe partir. Nin estamos mortos de fame, nin desesperados por levar calquera cousa á boca. As setas poden ser un manxar, pero tamén o pode ser unha boa tortilla, un bo plato de caldo ou uns chouriziños á brasa...

As setas son iso, un alimento máis, e nunca debemos pensar que probar unha nova especie vai supor que nos van a saír fogos artificiais pola boca ou imos quedar extasiados polo seu excelente sabor... se partimos desta idea posiblemente nos levemos unha enorme desilusión.

Agora que se inicia unha nova temporada, esto é algo que debemos ter en conta e contaxiar a aqueles novos afeccionados que se achegan por primeira vez ó mundo da micoloxía. Nunca debemos comer nada se non estamos totalmente seguros, ó cen por cen, de que iso é comestible.

Ogallá que nunca teñamos que empregalo pero gustaríanos deixar este enlace da páxina do Instituto de Toxicoloxía, no que ven un teléfono operativo as 24 horas para casos de urxencias toxicolóxicas. o teléfono é o 91 562 04 20 e a páxina e esta: http://www.mju.es/toxicologia/

E recordade, se temos fame... comemos un bocadillo!!!
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 09-09-2010 20:58
# Ligazón permanente a este artigo
Marisa Castro da unha conferencia na Estrada



Xa podemos dar por arrancada a temporada micolóxica do ano 2010. As choivas dos últimos días prometen..., pero mentras agardamos pacientemente a que os primeiros cogomelos fagan a súa aparición, que mellor maneira de empezar o outono que asistindo a unha conferencia dunha das máis importantes micólogas do noso país. Será o venres 10 a partir das 20:00 horas no centro cultural de Caixanova. Marisa Castro autora de libros como Guía das setas ou cogumelos comestibles de Galicia xunto con Luis Freire ou Cogumelos de Galicia e norte de Portugal tamén con Luis Freire falará da historia da micoloxía galega. É toda unha oportunidade de coñecela e escoitala que dende Sendeiriña non podemos desaproveitar.

Está iniciatia parte da asociación Estrada Micolóxica que organiza para este outono distintas actividades, charlas, saídas e mostras das que vos deixamos un enlace por se queredes máis información:


http://www.aestrada.com/index.php/novas/700-estrada-micoloxica-2010http://www.aestrada.com/index.php/novas/700-estrada-micoloxica-2010

http://www.lavozdegalicia.es/deza/2010/09/04/0003_8705871.htm
Comentarios (1) - Categoría: Cursos, xornadas e conferencias - Publicado o 09-09-2010 20:19
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal



Contador gratis