Asociación Micolóxica Sendeiriña


Asociación Micolóxica do Val de Barcala






O meu perfil
sendeirina@yahoo.es
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 GALERIA
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Últimos días!!
AVISO URXENTE!!!

Recordade que o prazo para a inscrición do Congreso de Cantabria remata o 31 deste mes! A partir desa data o prezo increméntase nun 20%.


Máis información: http://www.somican.es/VI%20Encuentro%20Internacional.pdf
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 30-08-2011 12:53
# Ligazón permanente a este artigo
Algunhas cousiñas que se poden ver estes días no Val de Barcala

Mentres que por terras lucenses xa atoparon os primeiros exemplares de Amanita Cesarea da temporada, (desexamos que non sexan os últimos) no Val de Barcala non tivemos esa sorte (non perdemos a esperanza eh!!!)

Poren, nas últimas saídas atopamos dúas especies, que nada teñen que ver con tan preciado manxar, pero que tampouco se ven tódolos días e que son moi bonitas é fotoxénicas; unha delas aínda non a tiñamos na fotoblogoteca polo que foi toda unha sorpresa.

A primeira, un Laetiporus sulphureus (Bull.: Fr.) Murrill, portada do libro de Marisa Castro "Guía dos cogomelos comúns de Galicia". É unha especie que parasita frondosas, os exemplares da foto en concreto medraban sobre un carballo. Cando é nova é unha especie cunha fermosísima cor laranxa. (seguramente a cor moi parecida a unha Amanita caesarea, pero como nunca vimos unha en vivo e en directo, non podemos comparar...)



Trátase dunha especie que pode resultar algo tóxica en cru e cando é vella, pero comestible se está ben cociñada. Non a probamos e dá a impresión de que vai acadar unha gran dimensión, así que a deixamos medrar...


E tamén estes días atopamos outra especie de gran tamaño. Se fai uns días poñiamos unha foto dunha Sparassis crispa, medrando ó pe dun piñeiro, hoxe tócalle a unha prima irmá,unha Sparassis brevipesKrombh.

A foto é do día 17 de agosto, o exemplar nacía ó pe dun toco dunha árbore, posiblemente dun carballo.




No libro Cogomelos de Galicia, dise que é unha especie rara, polo que é unha sorte podela atopar no noso Val.


Seguimos buscando a Amanita caesarea, non desesperedes!!!
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 30-08-2011 00:00
# Ligazón permanente a este artigo
Hai cousas que non cambian nin no verán




Hai cousas que non cambian nin no verán.

Achegamos proba documental de dúas novas aberracións micolóxicas cometidas no Val de Barcala, e dicimos novas porque foron cometidas nos últimos meses,semanas ou quizais días...

Bloques, uralitas, aramios, e ata unha neveira vella!!

Sen comentarios...









Comentarios (1) - Categoría: Aberracións micolóxicas - Publicado o 12-08-2011 18:52
# Ligazón permanente a este artigo
Cogomelos de verán


Mes de Agosto, despois dunha primavera seca,... no Telexornal xa empezan a falar de problemas de abastecemento... e non hai previsión de chuvia!

As expectativas non son boas micolóxicamente falando, pero non perdamos a esperanza, non nos olvidemos de que tamén existen cogomelos de verán, e un paseo polo monte sempre pode depararnos algunha sorpresa.

A foto é do pasado domingo (07/08/2011), ó pe dun piñeiro (bastante gordo por certo). Os exemplares superan os 20 cm. de ancho, un deles estaba arrincado e colocámolo para a foto.

Trátase dunha Sparassis crispa (Wulfen) Fr., tamén coñecida como Seta Coliflor unha especie que temos encontrado no outono e que é bastante habitual no noso Val.

Para máis información sobre este cogomelo podedes premer neste enlace:

http://www.fungipedia.es/clasificacion-orden/basidiomycota/cantharellales/509-sparassis-crispa.html

En canto á comestibilidade hai diferentes e moi variadas opinións, para algúns unha delicatessen e para outros non recomendable por poder producir efectos laxantes... Nalgunha web consideran que é unha especie ideal para deshidratar. En calquera caso habería que limpala moi pero que moi ben salvo que nos guste mastigar terra.

E agora veñen as curiosidades sobre esta especie. No outono soen aparecer novas na prensa sobre cogomelos enormes, descomunais, de record, e esta especie soe ser unha das protagonistas, cando realmente o normal é que o seu tamaño e peso sexan grandes!!

Deixamos un exemplo, do ano pasado,

http://www.antena3.com/noticias/sociedad/seta-record-sierra-madrilena_2010111100065.html#


O título da noticia sorprende:

"UNA "COLMENILLA" DE TRES KILOS Y MEDIO"

Una seta de récord en la sierra madrileña
Casi tres kilos y medio de seta 'colmenilla', aproximadamente diez veces más que un ejemplar normal. La ha encontrado un vecino de San
Agustín del Guadalix."


Menos mal, que temos medios gráficos para saír do noso asombro. O que o periodista identifica como "colmenilla", realmente é un exemplar de Sparassis crispa, bastante grande pero dende logo non para entrar no libro do guinness.









Más vídeos en Antena3


Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 10-08-2011 11:39
# Ligazón permanente a este artigo
Nunca chove a gusto de todos
É certo, temos o blog un pouco abandoado!... e poderíamos poñer a desculpa de que estamos no mes de Agosto e estamos na praia, pero con este mapa do tempo quen nos ía crer???

Non se fala doutra cousa! Que en Galicia o verán só dura un día, que só temos dúas estacións, que os do Sur teñen moita sorte...

E igual parece que os amantes da micoloxía estariamos moi contentos con este tempo... Pero as chuvias foron tan escasas que nin sequera micolóxicamente foron proveitosas.

En fin, que nunca chove a gusto de todos, pero xa que ten que facer mal tempo, podía chover un pouquiño máis!!!

O único que ten de positivo este tempo é que apenas se oe falar de incendios e isto si é algo do que debemos alegrarnos.

Deixamos a predicción para a próxima semana.








Como podedes ver, o domingo van caer dúas gotas de auga contadas e o resto da semana nada de nada... Seguiremos agardando...






Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 06-08-2011 13:52
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal



Contador gratis