Asociación Micolóxica Sendeiriña


Asociación Micolóxica do Val de Barcala






O meu perfil
sendeirina@yahoo.es
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 GALERIA
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Interesante conferencia...

Para os que non entendemos inglés podemos ver os subtítulos en español pinchando ó lado do botón de play, onde pon "View subtitles".

Está moi interesante, e ainda que dura case 20 minutos e o señor fala bastante rápido merece a pena velo ata o final.

Quedámonos coa última frase: "Pienso que fomentar el micelio puede ayudar a salvar el mundo" Así que xa sabedes a fomentar o micelio!!!



Comentarios (0) - Categoría: Cursos, xornadas e conferencias - Publicado o 18-07-2010 13:20
# Ligazón permanente a este artigo
Publicado un novo libro de cogomelos en Galicia


Co título de Nove ducias de cogomelos de Ourense ve a luz un novo libro de referencia no mundo da micoloxía galega. Os autores son Ricardo Mínguez Abajo e Alejandro Mínguez González, pai e fillo respectivamente, que xa teñen publicado outros libros sobre esta materia.

No libro recóllense 108 fichas descriptivas de especies, (de ahí ven o título de 9 ducias), así como receitas de cociña, curiosidades, ilustracións...

Polo que vemos na rede, parece que este vai ser un manual perfecto para iniciarse no mundo micolóxico xa que se recollen todos aqueles apuntes que un afeccionado debe ter en conta antes de saír ó monte. O prezo no mercado é de 18 euros.

Interesante, parece moi interesante,... Dende Sendeiriña intentaremos facernos con un exemplar...

http://galiciagastronomica.galiciae.com/nova/56205.html

http://refungando.blogspot.com/2010/06/novo-aporte-bibliografia-micoloxica.html
Comentarios (0) - Categoría: Publicacións - Publicado o 18-07-2010 12:57
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal



Contador gratis