Asociación Micolóxica Sendeiriña


Asociación Micolóxica do Val de Barcala






O meu perfil
sendeirina@yahoo.es
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 GALERIA
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Aprendendo a desaprender...
Levamos unha temporada, na que estamos aprendendo cousas pero á forza de desaprender.

Referímonos a eses casos nos que tiñamos aprendido que unha especie era tal ou cual, e resulta que ven alguén e di: Non non é esa, e esta outra!

E cáesenos aquela crenza que tiñamos, e confirmamos que na micoloxía, como en xeral na vida, nunca debemos dar todo por sabido. Unhas veces aprendemos cousas novas e outra desaprendemos aquelas que pensabamos que sabíamos con seguridade.


Pois isto mesmo nos pasou con este bichiño da última nova que puxeramos no blog sobre o tema das fumigacións. Ese pequeno gorgullo que ataca o Eucalipto.

Indícanos Moncho Pato, que hai un erro sobre o nome desta especie, que ademáis se repite pola rede. Non é un Gonipterus scutellatus , como nós lle chamamos e como se di e se repite en moitas páxinas na internet, senón un Gonipterus platensis.

O primeiro, o Gonipterus scutellatus nunca saiu de Australia e o pobre está levando tódalas culpas, sen telas. O que temos en Galicia, é o Gonipterus platensis que tanto dano causa no Eucalipto e que se vai de guay porque ningúen fala del.

Deixámosvos o enlace no que se explica a confusión de nomes:

http://faunayflora.blogspot.com.es/2012/05/ya-podemos-llamarlo-por-su-nombre.html


Agradecemos a Moncho Pato a información, e recomendamos moito, moito, pero moito, que visitedes a súa páxina, porque non ten desperdicio. As galerías de fotos de insectos son impresionantes. E as de cogomelos simplemente preciosas.

Deixámosvos un enlace.

http://www.faunayflora.blogspot.com.es/

(Para os que vos gusten os Hygrocybe as fotos son chulísimas)
Comentarios (0) - Categoría: Curiosidades micolóxicas - Publicado o 01-06-2012 13:14
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal



Contador gratis