Asociación Micolóxica Sendeiriña


Asociación Micolóxica do Val de Barcala






O meu perfil
sendeirina@yahoo.es
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 GALERIA
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Día de luto no Val de Barcala



Está ardendo Bergando,... de novo. Son as 19:40 e a foto é de fai 15 minutos.

Tal e como estaba o monte dende a última vez que ardeu, isto non vai haber quen o pare...

Día de luto no Val...









Ás 11:50 esto é o que se vía:



Comentarios (0) - Categoría: Aberracións micolóxicas - Publicado o 29-06-2011 19:40
# Ligazón permanente a este artigo
Carreretas a 20 euros

E logo, que veñen sendo as Carreretas?? pois como podedes apreciar na foto, son as nosas Sendeiriñas de toda a vida!

A foto está sacada en Barcelona, no mercado da Boquería, e non van baratas, a 20 euros/quilo. Aínda que pensandoo ben, para xuntar un quilo e co traballo que da apañalas tampouco son tan caras.

Agradecementos a J.M. Costa por pasarnos a foto.

Comentarios (0) - Categoría: Curiosidades micolóxicas - Publicado o 12-06-2011 18:52
# Ligazón permanente a este artigo
Guía de setas de Burela y A Mariña
Hoxe en Sendeiriña queremos falarvos dunha publicación, que caeu nas nosas mans case por casualidade. (Ainda que a presentación foi xa en xaneiro do ano pasado, nós non a coñecemos ata o de agora...)

Trátase dunha guía dos principais cogomelos que poden atoparse na comarca de Burela e A Mariña. Un libro de case 200 follas, que conta con algo máis de 140 fichas descriptivas, unha introducción sobre os diferentes hábitats da zona, un pequeno resume sobre a bioloxía dos fungos e unha última parte con recetas de sinxela preparación. O prólogo é de José M. Catro Marcote, e na parte final tamén se recolle un pequeno glosario e un índice cos nomes vulgares dos cogomelos, en galego e castelán.

Tivemos a sorte de coñecer persoalmente á autora da obra, Mª Cristina García-Echave Puente, (unha persoa encantadora por certo), e foi precisamente ela, a que nos regalou varios exemplares, xa que o libro foi editado polo Concello de Burela e non se atopa á venda.

A autora xa ten outras dúas publicacións, Arbores y arbustos de las calles, plazas y jardines del ayuntamiento de Burela, e Guía de plantas con flores de Burela y A Mariña.

O certo é que despois de ter a guía nas máns, só temos palabras de admiración, porque nótase que foron invertidos moitos esforzos, moitas saídas ó monte, e seguramente moitas horas de traballo, para a súa elaboración.

Compartimos totalmente o comentario de Marcote no prólogo, cando dí que "... contribúe a encher un espazo da bibliografía galega, tan necesitado de publicacións..."

Comentarios (0) - Categoría: Publicacións - Publicado o 12-06-2011 18:36
# Ligazón permanente a este artigo
Lume no microscopio!!
Hoxe dentro da sección de microscopía queremos darvos conta dun pequeno experimento que fixemos, e que nos parece que da uns resultados cando menos, un pouco curiosos.




A que parece que encenderamos un deses "foghetillos" que se lle poñen ás tortas de aniversario??

Pois non! Trátase dun pequeno experimento caseiro que nos ensinou Patrice Laine, (experto en Inocybes, ademáis de excelente persoa.)

Deixamos algúnha foto máis.


Xa vos contaremos como fixemos, porque aínda temos que perfeccionar a técnica.



E a última:



Esto do microscopio é un mundo por descubrir...
Comentarios (0) - Categoría: Microscopía - Publicado o 11-06-2011 11:15
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal



Contador gratis