Asociación Micolóxica Sendeiriña


Asociación Micolóxica do Val de Barcala






O meu perfil
sendeirina@yahoo.es
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 GALERIA
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Tylopilus felleus en Portor
Un socio de Sendeiriña achéganos este exemplar atopado na parroquia de Portor.

A pesar de que o exemplar non está enteiro, identificamolo como Tylopilus felleus (Bull.: Fr) P. Karst. unha especie que ainda que non é frecuente, xa a temos encontrado outras veces no Val de Barcala. Trátase da famosa especie que polo seu sabor amargo podería estropearnos unha comida enteira, se a confundiramos con calquera das especies de Boletus comestibles, así que moito ollo!!!

Pasamos a facer unha breve descripción para todos aqueles que non a coñezan:

O sombreiro é de cor pardo chegando a acadar os 12 cm, coa cutícula moi dificil de separar, aveludada e non viscosa.

Os tubos son longos, abrancazados ó principio e de cor rosa coa idade. Este é un detalle que nos servirá para diferenciala de moitos boletos comestibles.

O pe, que ás veces é bulboso, é abrancazado na parte superior e presenta un groso retículo de cor marrón.

A carne non cambia de cor ó cortala e ten un sabor moi amargo, característica tamén determinante para a súa identificación, chega con probar un anaquiño para comprobar o amargor da carne.

Podería confundirse con exemplares novos de Boletus edulis ou con outros boletos comestibles, dos que se diferencia pola cor dos poros, o marcado retículo e o sabor amargo da súa carne
Comentarios (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 04-06-2010 23:51
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal



Contador gratis