Asociación Micolóxica Sendeiriña


Asociación Micolóxica do Val de Barcala






O meu perfil
sendeirina@yahoo.es
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 GALERIA
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Fumigacións non!!
Esta é unha desas novas que non nos gusta poñer no noso blog, unha desas aberracións que nos fan botar fume polas orellas, e que nos leva a pensar que ese adxetivo de racional que en moitos casos se lle pon ó ser humano, sobra.

Parece ser que a Xunta de Galicia, ten previsto fumigar 350 mil hectáreas en todo o País para rematar coa praga deste pequeno bichiño que afecta ó eucalipto, o Gonipterus platensis
. Estase a falar de fumigación aérea, e polo tanto nada selectiva...

Para levar a cabo esta misión, vai empregarse unha substancia chamada "flufenoxurón", que polo que nos contan se trata dun producto tóxico, perigoso, bioacumulable na auga, moi persistente no ambiente,... É máis, a Unión Europea a partir do 1 de Agosto do 2012 vai prohibir a súa comercialización. Podedes velo no seguinte enlace:

DECISIÓN DE LA COMISIÓN
de 9 de febrero de 2012
relativa a la no inclusión del flufenoxurón para el tipo de producto 18 en los anexos I, IA o IB de la Directiva 98/8/CE del Parlamento Europeo y del Consejo, relativa a la comercialización de biocidas


A voz de alarma saíu dos apicultores que din que estas accións poden estar detrás da progresiva desaparición das abellas, amáis do risco que supón para a saúde humana.



Adega fixo público un documento que sinala as 69 zonas propostas para aplicar o insecticida. Inclúense zonas habitadas, cursos de ríos e ata espazos incluídos na Rede Natura.
Podedes velo no seguinte enlace: http://adega.info/info/090121joomla/ultimas-novas/759-aspapel-co-conecemento-da-xunta-planexa-fumigacions-sobre-espazos-protexidos-rios-e-vilas



Aquí un enlace á páxina http://fumigacionsnon.org/

E por último o enlace para asinar en contra desta tremenda aberración:

http://www.change.org/es/peticiones/salvemos-las-abejas-de-galicia-queremosabellas
Comentarios (0) - Categoría: Aberracións micolóxicas - Publicado o 10-05-2012 10:54
# Ligazón permanente a este artigo
II Congreso de Asociacións Micolóxicas
Os días 5 e 6 de maio, varios socios de Sendeiriña, tivemos ocasión de participar no II Congreso de Asociacións Micolóxicas organizado pola Asociación Micolóxica Lucus.

Nesta ocasión, coma sempre os compañeiros de Lucus portaronse de maravilla. Coidaronnos moito e houbo incluso sorpresas ós ponentes.

Nótase que teñen contactos coas máis altas instancias e incluso conseguiron que non chovera en ningunha das saídas que fixemos.

Houbo varias charlas e dúas saídas ó monte, que foron breves, pero intensas. Apareceron cousas ben interesantes, algunhas que nunca viramos.

A verdade é que foi pouco tempo, pero serviron para aprender que non todo é o que parece, e como diría Marcote,... é moi importante que no monte "aprendamos a desaprender".

Deixamos unha pequena reportaxe fotográfica:




Era a primeira vez que algún de nós vía en directo este cogomelo de primavera, o famoso perrechico ou seta de San Jorge, Calocybe gambosa (Fr.) Donk





Tampouco se ve tódolos días unha "colmenilla",... A reina da primavera...



De Congreso de Asociacións


Un Mutinus caninus (Huds.) Fr.. Tampouco a tiñamos visto nunca na primavera.


De Congreso de Asociacións


Aquí un coprinus, que foi identificado como Coprinus acuminatus. O nome correcto despois dos últimos cambios sería Coprinopsis acuminata (Romagn.) Redhead, Vilgalys & Moncalvo. Ese mamelón tan pronunciado delátao.



De Congreso de Asociacións


Unha Collybia, ou posiblemente Gymnopus ou Rhodocollybia...



De Congreso de Asociacións


Un cogomelo moi fotoxénico. Foi identificado como Tremella foliacea Pers.,




Encontramos varias especies de Inocybe... Complicadísimos sen micro.




Outra vista dos mesmos




Moi abundante nas dúas saídas. Foi identificada como Exidia truncata Fr.




Estando en primavera, tiñamos que encontrar algún Ascomycete. Este posiblemente unha Helvella acetabulum (L.) Quél ou algunha especie próxima.




Unha Helvella preciosa, que despois de varias voltas nomeamos como Helvella dissingii Korf.




Para poder ver este cogomelo tan pequeniño fixo falla unha lupa, e houbo desplieque de lupas, con luz, sen luz, con un ou varios aumentos,... en fin que o e-bay ofrece un mundo de posibilidades...




E por último e non por iso menos importante un mixo.


Ai!! Canto nos queda por desaprender!!!
Comentarios (0) - Categoría: Cursos, xornadas e conferencias - Publicado o 10-05-2012 09:26
# Ligazón permanente a este artigo
Chega a primavera ó Val de Barcala
Chega a primavera e con ela por fin os cogomelos empezan a asomar as orellas. Estas son algunhas das cousiñas que se poden atopar estes días no noso Val.

A parte de isto, o que podemos garantir, case con total seguridade, que ides encontrar se estes días vos paseades polos nosos montes, é unha boa molladura!! Maneiriña de chover!!! Saes da casa cunha raiola de sol estupenda, e en menos de nada a chuvia e a sarabia apodéranse do ceo e fan tremer ata ao máis friki dos afeccionados micolóxicos.




Comentarios (3) - Categoría: Xeral - Publicado o 02-05-2012 20:12
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal



Contador gratis