Asociación Micolóxica Sendeiriña


Asociación Micolóxica do Val de Barcala






O meu perfil
sendeirina@yahoo.es
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 GALERIA
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Ventaxas de non ver a Final da Copa de Europa de fútbol
Estas son algunhas das ventaxas de non ver o partido da final da Copa de Europa entre o F.C.Barcelona e o Manchester do sábado pasado. Seguramente non convenceremos a moitos pero, imos intentalo...

A primeira ventaxa é unha cuestión de saúde; se non vemos o partido non imos sufrir de estress, nen imos ter esas alteracións no ritmo cardíaco cando os xogadores se achegan á portería do campo contrario. Esto engadido a que evitamos tomarnos as tapiñas do bar e as típicas cervexas, mentres vemos o partido, vai axudarnos por suposto no noso proxecto bikini e verémonos cun aspecto moito máis saudable.

A segunda ventaxa, é que se non vemos o partido, evitaremos estar durante dúas horas sentados frente a caixa tonta, e poderemos aproveitar para dar un paseo coa agradable compaña dalgún amigo, desfrutando do aire fresco do monte, da posta do sol, o canto dos paxaros...

E a terceira e principal ventaxa de non ver a final da Copa de Europa, é que poderíamos ter a sorte de atopar unha especie moi pero que moi rara de Amanita. Un cogomelo tan raro, que é moi posible que xa nunca máis volvéramos atopar.

E isto foi o que lles pasou a dúas socias de Sendeiriña, que mentres todo o mundo pegaba chimpos de alegría e berraba e braceaba diante do televisor, decidiron dar unha voltiña e desfrutar da súa aficción preferida. E así, atoparon este raro cogomelo que vos ensinamos na fotografía. Trátase dunha Amanita beillei (Beauseign.) Bon & CAntu, unha Amanita que ten láminas rosadas ou asalmonadas cando os exemplares están maduros. Normalmente nace illada e foi por iso polo que só temos un exemplar.

Deixámosvos uns enlaces por se queredes saber máis sobre esta bonita e rara especie primaveral, que algúns autores consideran como unha variedade da Amanita boudieri Barlia.

http://micoex.org/content/view/441/
http://hongosgalicianportugal.blogspot.com/2010/03/amanitaceae-inusual-en-galicia.html

De momento imos deixala no apartado de Especies que inda non atopamos no Val de Barcala, pero quen sabe, quizais se o ano que ven o Barça chega outra vez á final da Copa de Europa volvemos a atopala polos nosos lares...
Comentarios (0) - Categoría: Especies que inda non atopamos no Val de Barcala - Publicado o 30-05-2011 19:10
# Ligazón permanente a este artigo
Xa temos facebook!!!
Xa podedes seguirnos tamén no facebook. Non tedes máis que buscarnos por Asociación Micolóxica Sendeiriña, ou pinchar neste enlace.

http://www.facebook.com/pages/Asociaci%C3%B3n-Micol%C3%B3xica-Sendeiri%C3%B1a/211595012194027
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 23-05-2011 18:05
# Ligazón permanente a este artigo
Nova e triste sección en Sendeiriña
Estivemos retrasando o momento,... pero non nos queda outra, ...

Hoxe temos que inaugurar, e con moita tristeza unha nova sección no noso Blog. (E é que hoxe foi un día moi duro, micolóxicamente falando...)

A nova sección vai chamarse "ABERRACIÓNS MICOLÓXICAS NO VAL DE BARCALA" e pretende ensinar, deixar constancia e tamén denuciar as auténticas barbaridades que o ser humano pode chegar a facer no entorno que o rodea. E niso, por desgraza no Val de Barcala non somos moi diferentes a outros lugares...

Para inaugurar a sección contámosvos a aventura do venres pola tarde:

Venres día 20, peche da campaña electoral, megafonías de tódolos partidos anuncian os actos de peche, así que decidimos desconectar, poñelas botas, navalla, cámara,... fai unha tarde de sol radiante, pero non imos moi lonxe. Unha pequena volta por un lugar preto, para tantear o que puideron facer as últimas chuvias. É un roteiro circular ó que seguro que moitos dos nosos socios teñen ido moitas veces polo outono.

Ía ser un paseo curto e relaxado e cando chegamos, descubrimos que o camiño está invadido por maquinaria pesada! e tan pesada! unha apisonadora, un camión e unha máquina para extender a terra...

De desfeita en Logrosa


Un camiño de monte, con rodeiras que nin sequera estaba en moi mal estado, agora está convertido nunha auténtica avenida, (só faltan as camelias a cada lado...) terra, gravilla, polvo por todas partes,...

De desfeita en Logrosa


O mellor de todo son as tremendas "tajeas" que fixeron a cada beira, que impiden totalmente o acceso ás leiras. Se queremos novamente facer un roteiro á procura de cogomelos por este camiño, deberemos levar unha navalla, unha cesta e.... unha pértiga!!!! Como imos senón subir por eses tremendos barrancos que deixaron??



Seguramente rematen por arranxalo porque os donos das leiras terán que acceder dalgún xeito... poñerán tubos para canalizar a auga e cemento por riba??... é de supoñer... E crucemos os dedos, e poñamos velas a tódolos santos posibles para que non terminen por botar asfalto!!! INDIGNANTE!!!



En fin, que se Mouriño se adicara á micoloxía en vez de ó futbol, hoxe berraría ben forte: POR QUE?? POR QUEEEE??? Cal é a necesidade??Por que??? Para que????

Aquí deixamos mostra de como era antes o camiño para aqueles que non o coñezades, para que valoredes o cambio:

De Desktop


A cantidade de especies que temos encontrado neste camiño, tanto no medio e medio, como nas beiras!! Na saída da Asociación de fai dous anos, quen non se lembra destes Coprinus enormes que nós estaban agardando no medio e medio das rodeiras?

De Desktop


En fin, hoxe é un día moi triste micolóxicamente falando...e co cabreo monumental volvemos á casa e os altofalantes dos partidos siquen pedindo o voto,... e acabamos con ganas de coller unha tenda de campaña e ir acampar á Porta do Sol!!!!

Desta volta, é unha sección que nos gustaría que estivera o máis valeira posible, pero a experiencia dinos que non vai ser así.
Comentarios (0) - Categoría: Aberracións micolóxicas - Publicado o 23-05-2011 17:48
# Ligazón permanente a este artigo
Xa empezan a asomar as orellas
Mentras na Semana Santa os cofrades suspiraban por non poder sacar as procesións polo mal tempo e a choiva, os afeccionados a micoloxía frotábamonos as mans. Esas chuvias foron de ouro para os cogomelos que agora empezan a asomar as orellas.

Fixemos unha mini-saída ó monte e deixamosvos un pequeno informe fotográfico do que xa pode empezar a atoparse polo Val de Barcala. Amanitas, algún Pluteus, Russulas, e tamén algunha cousiña que botar na tixola. Este ano promete ser un bo ano de Cantharellas e senón mirade díametro dos pes dos que vos poñemos na presentación.

Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 16-05-2011 22:54
# Ligazón permanente a este artigo
Congreso de Asociacións

Na primeira fin de semana de maio, varios socios de Sendeiriña tivemos a oportunidade de participar no I Congreso de Asociacións organizado pola Sociedade Micolóxica Lucus. Coincidindo con este evento celebrouse tamén a Asemblea Xeral ordinaria da Federación Galega de Micoloxía.

Tratáronse temas ben interesantes e estiveron representadas tódalas Asociacións federadas agás unha, polo que eramos unha morea de xente.

Coma sempre temos que felicitar ós compañeiros de Lucus pola excelente organización e polo trato recibido. Fixádevos o ben que nos trataron que para que non nos aburriramos ata colocaron nunha das habitacións da casa, uns pequenos cogomelos para que pensáramos que nacían de xeito espontáneo... jeje,... é que estes de Lucus son terribles,... inda estamos pensando se ós pegaron con Loctite ou sería con palillos?? Valorádeo vós, son as últimas fotos da presentación.

Deixámos unhas fotiños da casa na que estivemos que estaba situada nun entorno de ensoño, e tamén a foto oficial do evento.


Comentarios (2) - Categoría: Cursos, xornadas e conferencias - Publicado o 15-05-2011 16:44
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal



Contador gratis