Asociación Micolóxica Sendeiriña


Asociación Micolóxica do Val de Barcala






O meu perfil
sendeirina@yahoo.es
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 GALERIA
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Para identificar



Deixamos esta especie para ver se alguén nos pode botar unha man polo menos no xénero.

Medrando sobre madeira de eucalipto. O exemplar máis grande mide aproximadamente uns 10 cm. Ó darlle a volta, a parte pegada á madeira ten unha textura semellante ó veludo, de cor parda oscura, con unha especie de círculos concentricos de diferentes tonalidades.

Necesitamos algunha pista...
Comentarios (1) - Categoría: Identificacións - Publicado o 11-05-2010 16:24
# Ligazón permanente a este artigo
É un biscoito? é un bombóm? é unha lambetada?

Aínda que parece un biscoito de chocolate e da ganas de pegarlle unha dentellada, estamos nin máis nin menos que diante dun cogomelo. Tratase dunha especie que ademáis non é comestible, por ser dura e correosa.

Podería tratarse dunha especie do xénero Ganoderma, xa que a súa esporada de cor parda ferruxinosa (que caía sobre outros exemplares) e o seu hábitat (sobre un carballo caído), fan descartar o xénero Phellinus.

Chegar á determinala con exactitude xa é outro cantar.

Posiblemente se trate dun Ganoderma applanatum (Pers.) Pat., unha especie que pode chegar a medir 10-30 cm de diámetro e que dura varios anos como parásito ou saprófito de frondosas. Cada ano iríase formando un novo aro sobre o carpóforo antigo, este é un detalle que si parece apreciarse na nosa especie e tamén nalgunha foto que atopamos pola rede que podes ver aquí.

Tanto no libro de Marcote, Cogomelos de Galicia, como no de Marisa Castro, Guía Micolóxica dos ecosistemas galegos, fálase desta especie e da súa posible confusión con outras moi semellantes. Segundo estes autores, separaríase de Ganoderma australe porque esta ten o sombreiro máis groso e as esporas de maior tamaño. Ganoderma lucidum , o coñecido rhei-shi ten un longo pe excéntrico que lle da aspecto de cachimba. Ganoderma resinaceum, é sésil, carece de pé e ten esporas mais grandes. Ganoderma adspersum ten a casca máis grosa, forma de consola e carne de cor parda ferruxinosa uniforme.

Polo tanto chegar a unha identificación completa non vai ser doado, pero deixamosvos un enlace para maior información.

http://www.fungipedia.es/es/clasificacion-orden/basidiomycota/90-ganodermatales/364-ganoderma-applanatum.html


Comentarios (0) - Categoría: Especies que inda non atopamos no Val de Barcala - Publicado o 11-05-2010 13:55
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal



Contador gratis