Asociación Micolóxica Sendeiriña


Asociación Micolóxica do Val de Barcala






O meu perfil
sendeirina@yahoo.es
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 GALERIA
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Foro de debate sobre o Patrimonio natural de Galicia
Unha socia de Sendeiriña fainos chegar esta información publicada en el Correo Gallego sobre un foro de debate que vai ter lugar o próximo venres día 30 en Santiago. O título sería "Patrimonio natural de Galicia: Conservación y uso sostenible" coa participación de moitas personalidades relevantes.

A inscripción para participar no foro é gratuita. Poderá facerse persoalmente nas oficinas do Grupo Correo Gallego, no teléfono 981 543 700 ou a través do correo electrónico relacionesexternas@elcorreogallego.es

Deixámosvos este enlace para tódolos que esteades interesados.
http://www.elcorreogallego.es/foros/ecg/patrimonio-natural-galicia-conservacion-uso-sostenible/idEdicion-2010-04-25/idNoticia-539575/
Comentarios (0) - Categoría: Cursos, xornadas e conferencias - Publicado o 27-04-2010 16:51
# Ligazón permanente a este artigo
Un posible Hypoxylon
Mentres seguimos agardando a explosión micolóxica que moitos auguran, poñemos unha foto desta especie que atopamos medrando enriba dunha arbore caída, posiblemente un carballo.

Seguramente se trate do xénero Hypoxylon, pero chegar á especie xa é outro cantar. Podería tratarse de Hypoxylon multiforme. En micologia.net incluso nos dín que podería incluso ser H. coharens. Pero hai moitas outras que se parecen, como H. fragiforme ou H. fuscum.

En calquera caso, trátase dun ascomiceto e segundo as indicacións de micologia.net, se quixeramos ver as esporas ó ,non sería suficiente con rascar un pouco a superficie senón que como esta clase de ascomicetes protexen o seu himenio cunha parte dura que é esteril, habería que abrilo e coller o contido interior para colocalo no micro.

En fin, cousas novas que se aprenden tódolos días...



Comentarios (0) - Categoría: Identificacións - Publicado o 25-04-2010 11:41
# Ligazón permanente a este artigo
Festa do Champiñón en Ordes
O vindeiro fin de semana, en concreto os días 23, 24 e 25 vai ter lugar en Ordes a xa famosa Festa do Champiñón.

Trátase da edición número XXI, e agárdanse miles de persoas para a degustación deste cogomelo sobre todo na mañá do domingo día 25.

A verdade é que non coñecemos esta Festa pero encantaríanos coñecela así que se alguén se achega ou xa participou noutras ocasións invitámolo a que nos conte a súa experiencia.

Podedes ver máis información da festa neste enlace:

http://www.lavozdegalicia.es/santiago/2010/04/20/0003_8429572.htm
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 20-04-2010 15:45
# Ligazón permanente a este artigo
Xuntanza-inauguración.
Esta é unha comunicación para os socios de Sendeiriña:

O Concello de Negreira cedeunos un local para o seu uso compartido, no Instituto Vello (a carón do Centro Médico). Trátase dunha aula non moi grande pero que para xuntanzas e actividades vai sernos de grande utilidade.

Este venres día 16 ás 20:30 horas, imos ter neste local unha pequena xuntanza para que tódolos socios coñezamos a aula e para informar das actividades que temos previsto facer nesta primavera.

Con motivo desta xuntanza a asociación vai invitarnos a todos a un pequeno "piscolabis" pero os socios que se acheguen deben traer algo de beber, (auga, zumes, refrescos, viño,... o que cada un teña pola casa).

Agardamos a presenza de todos os que poidades vir.


Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 13-04-2010 16:52
# Ligazón permanente a este artigo
Novo Boletín do Grupo Micolóxico Galego
Acaba de ver a luz un novo Mykes, en concreto o número 11 do Boletín do Grupo Micolóxico Galego "Luis Freire" correspondente co ano 2008.

Neste enlace podedes ampliar información sobre os contidos do mesmo.

http://www.anosaterra.org/nova/43935/sae-o-numero-11-de-mykes.html

Dende Sendeiriña intentaremos facernos con algún exemplar para a súa consulta, pero mentres tanto podedes consultar os boletíns anteriores neste outro enlace:

http://www.mykes.es/Mykes_contidos.htm
Comentarios (0) - Categoría: Publicacións - Publicado o 08-04-2010 18:15
# Ligazón permanente a este artigo
Hábitat asfáltico
Non é que os cogomelos aparezan en lugares extranos, é que somos nós os que invadimos os seus hábitats, e por iso ás veces recórdannos que eles estaban alí primeiro.

É o caso deste cogomelo que atopamos na Rúa Sercedo en pleno casco de Negreira, medrando sobre o asfalto. Había outros 4 exemplares ó seu lado pero non sobreviviron neste hábitat tan hostil.

Posiblemente se trate dun Coprinus atramentarius, unha especie que é comestible pero que resulta tóxica se se consome con bebidas alcohólicas.
Comentarios (0) - Categoría: Curiosidades micolóxicas - Publicado o 06-04-2010 16:04
# Ligazón permanente a este artigo
Helvella sp.
No xardín da casa da presidenta de Sendeiriña atopamos estas pequenas Helvellas que identificamos como Helvella queletii Bres.

Pasámolas polo microscopio cos poucos medios cos que contamos e deixamos unha fotiño do que se ve. As esporas son hialinas, elipticas, lisas pero deberían ter unha grosa gútula central e non parece que sexa así. Quizais o exemplar que examinamos aínda non estea maduro e por eso non se aprecie ben.

É unha especie rara segundo se di no libro de Cogomelos de Galicia, polo que de confirmarse que é esta, sería un importante achado no Val de Barcala.

Seguiremos investigando...

Comentarios (0) - Categoría: Identificacións - Publicado o 06-04-2010 00:38
# Ligazón permanente a este artigo
Mitrula paludosa Fr.
Dous socios de Sendeiriña que estiveron na Semana Santa polo sur da provincia de Pontevedra, achégannos estas fotos desta pequena, podería dicirse diminuta, especie.

Trátase dunha Mitrula paludosa, un Ascomiceto moi peculiar polo hábitat no que se desenvolve, lugares empouzados, brañas, e medrando sobre restos de follas e agullas en descomposición.

Incluímola no apartado de especies que aínda non atopamos no Val de Barcala, pero que precisamente nos gustaría atopar xa que se trata segundo se di en internet dunha rareza micolóxica.

Deixamos uns enlaces por se queredes coñecer algunha cousiña máis deste peculiar cogomelo:


http://www.fungipedia.es/es/clasificacion-orden/ascomycota/80-leotiales/108-mitrula-paludosa.html


Comentarios (0) - Categoría: Especies que inda non atopamos no Val de Barcala - Publicado o 04-04-2010 16:30
# Ligazón permanente a este artigo
Os cogomelos cultivados con loureiro e eucalipto cambian de sabor
Un recente estudio realizado por investigadores arxentinos, ven de demostrar que os cogomelos que se cultivan sobre residuos de loureiro e eucalipto cambian de color e lixeiramente de sabor, e ademáis os cultivados con loureiro, son incluso de mellor calidade.

Podedes ler a nova ó completo no seguinte enlace:

http://www.plataformasinc.es/index.php/esl/Noticias/Las-setas-cultivadas-con-laurel-y-eucalipto-cambian-de-sabor
Comentarios (0) - Categoría: Publicacións - Publicado o 02-04-2010 23:32
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal



Contador gratis