Asociación Micolóxica Sendeiriña


Asociación Micolóxica do Val de Barcala






O meu perfil
sendeirina@yahoo.es
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 GALERIA
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

É tempo de mocos
E non porque se resistan a abandoarnos as últimas gripes do inverno, nin porque sexa esta época na que aparezan os chamados mocos micolóxicos, senón porque é agora cando temos a esperanza de ir ó monte e atopar miles de cousas e o único que atopamos son mocos. E é o momento polo tanto de aproveitar para fixarnos máis neles e estudialos un pouco.

Presentamos este moco negro, que non é tan habitual coma a famosa Tremella mesenterica, pero que ten esa mesma consistencia xelatinosa.

É un cogomelo que aparece en épocas de chuvia, e deso este ano tivemos moito. Foi identificada no foro de micoloxía.net como Exidia glandulosa (Bull.) Fr. e de momento e salvo mellor opinión imos deixala como tal.

As fotos están tomadas en Bergando e na Ribeira do Tambre.

Comentarios (0) - Categoría: Identificacións - Publicado o 30-03-2010 13:24
# Ligazón permanente a este artigo
Scutellinia scutellada (L.) Lambotte
Pode que a primavera xa chegara ó Corte Inglés pero para que chegue ó Val de Barcala inda falta un pouquiño...

E mentres agardamos que chegue de todo e que teña lugar a explosión micolóxica que auguran algúns expertos, saímos a dar unha voltiña e encontrámonos cousiñas interesantes; como este cogomelo que aínda non atoporamos no Val de Barcala.

Trátase dunha Scutellinia scutellata, especie de moi pequeno tamaño (como máximo 1 cm) pero de cor moi viva e con uns peliños negros moi característicos que parecen pequenas pestanas.

É un cogomelo saprófito que atopamos medrando sobre restos de madeira de eucalipto, en Bergando.

Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 29-03-2010 14:19
# Ligazón permanente a este artigo
Os cogomelos non son "rex nulis"
E non o dicimos nós, dío o conselleiro de Medio Rural Samuel Juárez.

Por este motivo non se pode poñer ningún cobro pola súa recolleita, nin establecer ningún tipo de regulación.

Así o ven de dicir con motivo da preparación do borrador da nova Lei de Montes, que pronto verá a luz.

Deixamos a nota de prensa para que lle botedes un ollo:

Medio Rural non vai cobrar por recoller cogomelos nin establecerá carnets de seteiros
A Xunta lembra que a inmensa maioría dos montes en Galicia son de propiedade privada

Santiago, 1 de marzo de 2010.- A Consellería do Medio Rural non vai cobrar por recoller cogomelos nos montes, nin ten previsto establecer algún tipo de identificación ou carnet para os afeccionados á micoloxía que recollan estes fungos. Tampouco está prevista no borrador da nova Lei de Montes que prepara este Departamento referencia concreta algunha ao respecto.

Medio Rural quere aclarar estes extremos sobre a base de que a inmensa maior parte dos montes galegos son de propiedade particular e, xa que logo, a Xunta no pode aplicar cobro ningún en terreos que son privados.

A Consellería que dirixe Samuel Juárez quere insistir no feito de que os cogomelos dun determinado terreo forestal son propiedade do dono do monte. O seu carácter non pode equipararse ás pezas de caza ou pesca, que teñen a condición xurídica de res nulis, é dicir, non son, en puridade, propiedade de ningúen ata que son cobradas polos cazadores ou pescadores. Nese caso a Administración regula ambas actividades por razóns, basicamente, de sustentabilidade dos recursos. No que atinxe ás setas, estas son propiedade do dono do monte desde que xurden sobre o terreo, e polo tanto non ten sentido falar de cobrar ou aplicar unha regulación expresa.

En todo caso, o borrador de Lei de Montes que prepara a Xunta terá en conta que os cogomelos son un recurso forestal de certa importancia en determinadas zonas de Galicia, e como tal merecerá a debida atención no texto legal, en relación co aproveitamento xeral do monte, pero sempre partindo desa condición de propiedade privada do mesmo.

Diferente a outras comunidades
Por último, a Consellería do Medio Rural advirte que a situación da propiedade do monte en Galicia é sensiblemente diferente a doutras comunidades autónomas de España, nas que o carácter público abarca áreas moito máis amplas do terreo forestal, fronte a un predominio case total (por riba do 90%) da propiedade privada, no caso de Galicia.

http://www.xunta.es/actualidade?content=/Portal-Web/Contidos/Novas/nova_estandar2536.html
Comentarios (0) - Categoría: Normativa - Publicado o 26-03-2010 13:27
# Ligazón permanente a este artigo
Cogomelos con ameixas
agalega.info - Videos das noticias dos informativos da TVG



Unha combinación de sabores de mar e monte...
Comentarios (0) - Categoría: Gastronomía - Publicado o 18-03-2010 17:52
# Ligazón permanente a este artigo
Nunca te deitarás sen saber unha cousa máis...

Navegando pola rede atopámonos cunha sorprendente páxina dunha empresa de Zaragoza, chamada Brezo Setas S.L.

Esta empresa adícase á liofilización de cogomelos. E que ven sendo esta cousa tan rara da liofilización?

Pois ven sendo algo así, como deshidratar os cogomelos pero sen que estes perdan a súa forma nin a súa cor. Empréganse determinados parámetros de sublimación, pasando de estado sólido ó gaseoso sen pasar polo líquido. Esto é o que se nos di na páxina web... realmente interesante!

É un sistema que esta empresa ten patentado e que ten por finalidade ofrecer eses produtos a sociedades micolóxicas, museos, exposiciones,coleccionistas, etc...

Deixamos o enlace para que visitedes esta páxina e unha foto dunha Amanita vaginata para que vexades o resultado...

http://www.brezosetas.es/empresa.htm
Comentarios (0) - Categoría: Curiosidades micolóxicas - Publicado o 18-03-2010 16:03
# Ligazón permanente a este artigo
Nova categoría: GASTRONOMÍA

Xa algúns a viñan botando en falta, así que queda inaugurada esta nova categoría adicada á Gastronomía micolóxica.
E facémolo cunha receta de licor de Cantharellus cibarius que collemos doutro blog que apareceu fai pouco na blogoteca e que aproveitamos para deixar o enlace e visitedes.

http://www.blogoteca.com/trasapistadaamanita/index.php

A receta é a seguinte:

Ingredientes:

- 250 g de Cantharellus Cibarius
- 1/2 litro de augardente
- 350 g de azucre
- 1/2 litro de viño branco
- canela en rama ó gusto.


Preparación:

Nun recipiente de cristal mestúranse os cogomelos ben limpos, pero non mollados, co azucre e cúbrese esta mestura ca augardente. Engádese a canela e tápase. Deixamos que macere, remexendo de cando en vez, durante doce semanas.
Transcorrido o tempo coamos a augardente ata que quede sen impurezas e engadimos o viño. Deixamos repousar tres semanas e xa o podemos saborear.
Comentarios (0) - Categoría: Gastronomía - Publicado o 13-03-2010 13:38
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal



Contador gratis