Asociación Micolóxica Sendeiriña


Asociación Micolóxica do Val de Barcala






O meu perfil
sendeirina@yahoo.es
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 GALERIA
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Oasis micolóxico (2ª parte)
<i>Stropharia semiglobata</i> (Batsch) Quél.
Xa sabemos que isto do Oasis é un parche para aqueles que temos moito mono de saír ó monte e encontrar miles de cousas.

E xa sabemos que se son cogomelos que medran sobre madeira, parece case que foran cogomelos de segunda división,... que si, que xa sabemos que estades cansados de ver Trametes! Se nos deran un euro por cada un dos que vemos...

Pois hoxe dende Sendeiriña propoñémosvos unha segunda opción de "OASIS MICOLÓXICO". Un deses sitios ós que acudir cando todo está "deserto".

Neste caso recomendámosvos ir a un deses lugares onde se gardan os cabalos; se na vosa zona hai moita afección ecuestre, considerádevos uns afortunados, porque falar de cabalos é falar dunha morea de especies ás que lles encanta o hábitat no que estes viven. Se ademáis estamos falando dunha leira de monte que esté ó abrigo de árbores, mellor que mellor!

A fin de semana pasada varios socios de Sendeiriña visitamos un destes lugares e atopámonos Panaeolus, algún Entoloma, unhas Stropharias chulísimas, algún cogomelo que non temos identificado, e por suposto tamén cogomelos que medran sobre madeira (que non son, nin moito menos cogomelos de segunda, estes que poñemos son preciosisimos!!!)

En fin, que xa falta pouco para a primavera, que non desesperedes, que non deixedes de ir ó monte, e por suposto, que non deixedes de contarnos todo o interesante que encontredes.

Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 24-02-2011 12:49
# Ligazón permanente a este artigo
Oasis micolóxico
Durante esta semana, tivemos chuvia, neve, saraibas, vento, tronos e relámpagos... que máis se pode pedir??,...

O certo é que, os cogomelos non son amigos destas condicións extremas. Eles están moito máis a gusto cando as temperaturas son suaves, e por iso prefiren o outono e a primavera.

E que podemos facer os afeccionados cando estas condicións non son axeitadas?? Sentarnos e agardar a que veñan tempos mellores? Pois.... non!

Dende Sendeiriña animávosvos a que visitedes un "Oasis micolóxico", que ven sendo un deses lugares ós que podemos ir cando o monte está micolóxicamente "deserto". En concreto hoxe falamos destes lugares nos que se deixa almacenada madeira cortada, moitas veces durante meses, e que os fan ideais para que algunhas especies poidan reproducirse. Nas beiras das estradas, nas pistas de monte, seguro que coñecedes algún destes sitios. No que vos ensinamos hoxe, atopamos ata 6 especies diferentes de cogomelos.

Trametes, Stereum, uns pequenos Coprinus e ata un precioso mixomiceto que temos sen identificar...

Xa sabedes, anque o inverno non é a epoca forte dos cogomelos, sempre podemos atopar cousiñas interesantes...así que non deixedes de ir ó monte!




Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 19-02-2011 18:01
# Ligazón permanente a este artigo
Milimétricas


Podemos velas porque nacen en conxunto, porque ver un só exemplar destas miniaturas sería case un milagre.

Foron identificadas no foro de micologia.net como Comatricha nigra (Pers.) J. Schröt. , e agradecemos a axuda porque no campo dos mixomicetos andamos un pouco perdidos...

Recordade que non falamos de basidiomicetos nin ascomicetos, é máis, hai algúns autores que nin sequera consideran que esto poida estar dentro do mundo micetal, vamos que non serían nin sequera fungos...

Polémicas a parte, son moi bonitos pero son moi pero moi pequenos, e moi difíciles de fotofrafiar, perdoade que as fotos estén algo movidas.

Foron atopados medrando sobre madeira de eucalipto apilada á beira dunha estrada na parroquia de Zas, polo que é un cromo máis dos que atopamos no Val.

Deixamos un enlace para os que queirades saber algo máis desta especie, ou ver algunhas destas fotos chulísimas que encontramos pola arañeira:

http://www.fotonatura.org/galerias/micologia/378723/

http://www.flickr.com/photos/txapelaundi/5309079742/


http://www.bioinfo.org.uk/html/t2100.htm


Comentarios (0) - Categoría: Curiosidades micolóxicas - Publicado o 06-02-2011 22:35
# Ligazón permanente a este artigo
Nova publicación de cogomelos en Galicia

Pois xa temos unha nova publicación sobre cogomelos en Galicia, trátase dun libro de Baia Edicións que se encadra dentro dunha colección que ten outros de aves e de árbores, e que suscriben como autores Marisa Castro, Puri Lorenzo e Alfredo Justo.

Aínda non o temos nas nosas mans, polo que o único do que podemos opinar, de momento é da portada, que por certo é ben chula.

Deixámosvos a descripción do libro que se fai na páxina de Baia así coma un enlace por se alguén quere mercalo.

"Móstranse as 50 especies máis comúns en Europa Occidental, achegando unha información moi seleccionada, cunha linguaxe sinxela, que proporciona os coñecementos suficiente para identificalos correctamente. Para enriquecer a información, estas 50 especies van acompañadas de 2 ou 3 debuxos de outras, tamén comúns, coas que comparten características (consistencia, hábitat, cor…).

Aprende a recoñecer os 50 cogomelos máis comúns de Europa Occidental.

Con este libro aprenderás a recoñecer os cogomelos máis comúns, os seus usos, como ir ao monte a apañalos e outros aspectos de interese sobre a súa conservación. Nas fichas de identificación achégase a información necesaria para identificalos, incorparando imaxes das especies semellantes coas que se poderían confundir. "


E aquí o enlace.
Encontrar unha Amanita cesarea non estaría mal, pero atopar algunha das da portada polo monte podía ser flipante!!
Comentarios (0) - Categoría: Publicacións - Publicado o 02-02-2011 21:09
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal



Contador gratis