Asociación Micolóxica Sendeiriña


Asociación Micolóxica do Val de Barcala






O meu perfil
sendeirina@yahoo.es
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 GALERIA
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Para identificar (V)

E que me decides destas outras con este sombreito tipo bruxa?






















Tampouco temos datos do hábitat, sentímolo...


Comentarios (1) - Categoría: Identificacións - Publicado o 15-12-2011 20:37
# Ligazón permanente a este artigo
Para identificar (IV)




Igual no anterior cromo puxémolo un pouco difícil. A ver se este é un pouquiño máis fácil.

Non temos datos do hábitat, porque foi o típico cogomelo que alguén levaba na cesta e que apareceu ó final dunha saída.

A saída foi pola zona da Selva Negra, preto de Santiago.

O pé é dunha intensa cor amarela "fosforita" moi chamativa, pero o realmente chamativo e o sombreiro con esa especie de estrías... Un cogomelo deses de decir: "Cousa bonita chico!"






Unha fotiño máis do pé... que preciosidade!


Comentarios (1) - Categoría: Identificacións - Publicado o 15-12-2011 20:27
# Ligazón permanente a este artigo
Para identificar (II)

Neste caso non nos atrevemos nin co xénero. Esa cor violeta e nacendo sobre madeira, fai recordar un Ascocoryne sarcoides pero non se parece moito ás fotos que temos na fotoblogoteca.

Son cogomelos son de moi pequeno tamaño, o máis grande non mide nin 1 centímetro de diámetro, teñen unha especie de pseudopé como pode apreciarse nas fotos. A textura en un pouco xelatinosa.

No Tarrelos do ano 2010, Oscar Requejo, publicaba o achado dunha especie que tamén se pode parecer, unha Ombrophila violacea, pero tamén di que se podería confundir a nivel macroscópico cos xéneros, Neobulgaria, Cudoniella ou Ascocoryne.

En fin, desto si temos mostra e de feito están fructificando na terraza, sobre un poste de madeira. Farémoslle un seguimento a ver como evolucionan.






Comentarios (2) - Categoría: Identificacións - Publicado o 09-12-2011 18:54
# Ligazón permanente a este artigo
Para identificar

Imos empezar por este cogomelo que un dos nosos socios trouxo para a exposición.
O exemplar estaba aínda pechado e fixádevos que nacían do mesmo pe outros máis pequenos. Recordades o refrán: "Sete nun pé, choupín malo é". Ademáis, a base ten un bulbo moi marcado.

Como tiñamos curiosidade por saber o que sería, fomos nos días seguintes ó lugar de recollida e sacamos algunha foto máis. É un sitio onde hai moitos restos vexetais e ata unha pequena escombreira. Atopamos uns 8 exemplares e o tamaño dos sombreiros dos máis grandes, rondaban os 15 cm.


Sabemos o que non é, pero non sabemos con seguridade o que pode ser. Precisamos axuda!




Comentarios (2) - Categoría: Identificacións - Publicado o 07-12-2011 00:22
# Ligazón permanente a este artigo
Xa estamos de volta

Estamos de volta! Non é que foramos a ningún lado, é só que estivemos moi liados e non tivemos tempo de actualizar o blog. Pero nestes días iremos poñendo algunha cousiña interesante que fomos atopando, e moitas que temos sen identificar.

De momento e para empezar, poñémosvos unhas estupendas fotos que nos pasa un socio de Sendeiriña e que son representativas do que neste outono se puido encontrar no Val de Barcala. A maioría son da zona de Negreira e algunhas da saída que fixo a Asociación. Iremos actualizando tamén estes días a Fotoblogoteca.

E lembrade, anque os Hydnum xa asoman as orellas indicando o fin da temporada, isto non se acaba! Agora é o momento de repasar, identificar, estudiar,... e tamén seguir saíndo ó monte, que en Galicia hai cogomelos todo o ano!


Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 06-12-2011 23:39
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal



Contador gratis