Asociación Micolóxica Sendeiriña


Asociación Micolóxica do Val de Barcala






O meu perfil
sendeirina@yahoo.es
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 GALERIA
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Superamos as 10.000 visitas!!
No Blog de Sendeiriña estamos de noraboa, pensabamos que non o iamos conseguir pero antes de rematar o ano superamos as 10.000 visitas!! Todo un acontecemento, que non nos imaxinabamos ala polo mes de maio do 2009 cando abríramos o blog.

Dámosvos as grazas a tódolos que nos visitades habitualmente e aproveitamos para desexarvos un Feliz 2011.



Comentarios (3) - Categoría: Xeral - Publicado o 31-12-2010 13:20
# Ligazón permanente a este artigo
Tricholoma cingulatum (Almf. in Fr) Jacobasch
Fixádevos que especie tan curiosa atopamos.

Non foi no Val de Barcala pero non queremos desaproveitar a ocasión de ensinárvola, por se algún día encontramos algo semellante. A súa identificación foi complicada pero cremos que finalmente demos con ela.

Hai veces que para chegar a unha especie antes de pensar no que pode ser, o que facemos é descartar todo o que non pode ser.

Unha especie con lamelas brancas e anel, fainos pensar no xénero Amanita, pero falta a volva, polo que o descartamos. Se ten anel e non ten volva, pensamos en Agaricus,... pero coas lamelas tan brancas, incluso nos exemplares maduros... hai algo que non cadra...

En principio, descartamos o xénero Tricholoma, precisamente pola presenza do anel,... E entón cando xa case estabamos convencidos de que esta especie ía ser un novo descubrimento para a ciencia e xa lle estabamos buscando un nome... fixemos algo básico para a súa identificación... PEDIR AXUDA!! E así foi como coñecemos que hai unha especie dentro do xénero Tricholoma que encadra perfectamente coa nosa.

Trátase dun Tricholoma cingulatum (Almf. in Fr.) Jacobasch, unha especie dentro da sección Atrosquamosa, que se caracteriza por ser de pequeno tamaño, por ese característico anel (nalgunha bibliografía dise que é un velo cortiniforme) e por aparecer asociado a Salix.
(Na nosa foto está fora do seu hábitat pero foi recollido no Courel na subida á Devesa da Rogueira, seguramente con nalgunha zona de salgueiros.)

Agradecemos a axuda ós expertos de micologia.net que sempre nos dan pistas e nos poñen no bo camiño.

Deixaremos o de poñerlle nome a unha nova especie para outra ocasión...
Comentarios (2) - Categoría: Especies que inda non atopamos no Val de Barcala - Publicado o 29-12-2010 11:17
# Ligazón permanente a este artigo
Tremella foliacea (Pers.) Pers.



Añadimos esta especie ó listado de cogomelos que inda non atopamos no Val de Barcala.

Trátase dunha Tremella foliacea (Pers.) Pers., un heterobsidiomiceto de textura de xelatina, moi semellante á Tremella mesenterica que si abunda no noso Val.

Ten un aspecto cerebriforme, con partes lobuladas e é de cor pardo, con tons encarnados. Cando se seca encóllese e vólvese dura, como unha especie de cotra que se volve novamente xelatinosa se volve mollarse. Ten un escaso valor culinario pero pode facerse fervida e botala en ensaladas ou sopas, (anque o seu aspecto de moco francamente non a fai moi apetecible).

Non é moi común na nosa comunidade. Foi fotografiada no Courel no inverno do 2009.


Comentarios (0) - Categoría: Especies que inda non atopamos no Val de Barcala - Publicado o 28-12-2010 16:08
# Ligazón permanente a este artigo
Coprinopsis romagnesiana (Singer) Redheas, Vilgays &Moncalvo


Revisando o material deste outono, atopámonos con esta foto sacada na parroquia de San Vicente da Baña, duns exemplares que nun primeiro momento identificamos como Coprinus atramentarius (agora Coprinopsis atramentaria) pero que se vos fixades ten unhas escamas de cor parda no sombreiro que fan pensar que quizais se trate dunha Coprinopsis romagnesiana, unha especie antes considerada como unha variedade do Coprinus atramentarius.

Trátase dunha desas especies que é comestible, pero que é tóxica se se consome con bebidas alcohólicas. Que adoita aparecer nas beiras de camiños, nos xardíns. Os nosos exemplares foron atopados nun camiño con recheo de escombro, compartindo hábitat con exemplares xa moi pasados de Coprinus comatus.

Os sombreiros son de pequeno tamaño, de cor gris, e recubertos de escamas pardas, sobre todo no medio.

Non tiñan olor especial e non chegamos a probalos. Pero foi a primeira vez que o encontrábamos no Val de Barcala.

Deixámosvos un enlace para aqueles que queirades saber algo máis desta especie:


http://micologia.biz/setas/Coprinopsis-romagnesiana.php

De Pola Baña e San Cibran


Comentarios (0) - Categoría: Identificacións - Publicado o 27-12-2010 16:42
# Ligazón permanente a este artigo
Boas Festas e Bo Ano Micolóxico 2011














Dende Sendeiriña queremos felicitarvos as festas a todos e desexarvos que o ano 2011 veña cargado de saude, paz, amor,... e por suposto moitos cogomelos e moitas novidades e cousas interesantes micolóxicamente falando.

Como non temos pino, poñémosvos unha fotiño dun eucalipto da nosa zona, pero vestido de festa para a ocasión, coa axuda dun liquen.

Mil biquiños e felices festas!!
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 26-12-2010 14:19
# Ligazón permanente a este artigo
Curso de microscopía micolóxica en Vilagarcía
A pasada fin de semana tivemos a sorte de participar nun curso de microscopía micolóxica organizado pola Federación Galega de Micoloxía en Vilagarcía.
O curso foi impartido por un Micologo con maiusculas: Massimo Candusso, que fixo unha morea de quilómetros en coche dende Italia para facernos esta pequena visita (foron moitas horas e foi un curso intensivo pero fíxosenos tan breve...)

Os participantes asistiron dende distintos lugares de Galicia e anque no xornal non aparecemos, ás de Negreira estivemos alí. E dicimos "AS" porque como podedes ver na foto de grupo do último día, dende Sendeiriña só fomos o sector feminino pero en xeral, parece que esto fora unha aficción que estivera reservada ós homes.

Viñemos encantadas; se o domingo pola noite se nos mirara fixamente ós ollos en vez de pupila veríase claramente o contorno dun basidio coas esporas colgando.

En fin, que nos gustou moito, aínda que nos pareceu un pouquiño dificil, e quedámonos coa frase que dixo Candusso nada máis comezar; "A microscopía é o 50 por cen da micoloxía..., é a outra metade..."

Fixemos un montón de prácticas, algunhas saíronnos e outras non pero deixámosvos unha proba para que vexades que algo si que conseguimos ver.

Esta primeira é un cistidio de un Pluteus, ten esa forma que é moi peculiar.

De Microscopeando


Esta outra é unha práctica que fixemos cunhas esporas de Macrolepiota, supostamente esa liña que esta pola parte de dentro da espora (endoespora) debería colorearse de cor vermello,... pero como podedes ver a nós non nos saiu. Igual tiñamos que ter esperado un pouco e como fixémolo ás presas pois non se aprecia a reacción.

De Microscopeando


E atención, atención!! presentámosvos unha fíbula que encontramos nós soiñas:

De Microscopeando


E aquí un basidio con esterigmas. Non conseguimos atopar nigún coas esporas colgando,e mira que buscamos,... pero uns compañeiros si que o atoparon e ensináronnolo, non temos foto.

De Microscopeando

E isto son cistidios de un Inocybe:

De Microscopeando


A seguinte era moi pero que moi difícil, trátase dun caulocisticio (un cisticio do pe) de un Conocybe. Moi difícil porque non se podía aplastar e nós que fixemos?? pois aplastámolo claro!! e entón o que vedes son eses cistidios rotos, polo aplastamento. A próxima vez a ver se nos sae mellor.

De Microscopeando


Esta seguinte é chulísima!! é un cistidio de unha Macrocisticia cucumis. Non o pensaramos antes pero o nome da seta ven precisamente polo tamaño dos seus cistidios.

De Microscopeando


E aquí deixámosvos unha de esporas ó montón:

De Microscopeando


En fin que nos encantou o curso e por suposto a xente que participou, o ambiente, ... Nunha nota do 1 ó 10 poriamos un 25. Felicitamos á organización por que todo saíu á perfección e animamos a todo o mundo a que se anime a probar e iniciarse neste mundo que recordade que é o 50% da micoloxía.
Comentarios (0) - Categoría: Cursos, xornadas e conferencias - Publicado o 20-12-2010 19:48
# Ligazón permanente a este artigo
Hygrocibes
E falando de cousas bonitas que atopamos este outono... Hai moitos cogomelos que destacan pola súa beleza, pero os Hygrocibes son deses que nos deixan sen palabras.

Estes foron atopados nunha área de descanso da autopista de Coruña a Santiago. Posiblemente o de cor branca sexa un Hygrocibe virgineus, e o outro algún familiar, primo ou curmán do Hygrocibe conicoides,... Por que xa sabedes, son moi bonitos pero moi difíciles de identificar!!


Comentarios (0) - Categoría: Especies que inda non atopamos no Val de Barcala - Publicado o 13-12-2010 18:41
# Ligazón permanente a este artigo
O que avisa...

Xa o di o refrán: "O que avisa non é traidor", e se fai falla poñer carteis para avisar, póñense e listo!!

Comentarios (0) - Categoría: Curiosidades micolóxicas - Publicado o 13-12-2010 18:25
# Ligazón permanente a este artigo
Cordiceps militaris no Val de Barcala
E falando de cousas interesantes que podemos atopar no Val de Barcala, paseando por un piñeiral atopamonos este Cordiceps militaris, un fungo parásito que ataca á procesionaria do piñeiro. Se vos fixades na parte de abaixo da foto pode verse o cadaver da probe crisálida que quedou fulminada polo efecto do cogomelo.

É unha especie pouco frecuente, que xa tiñamos encontrada noutros lugares pero aínda non a atoparamos no Val de Barcala polo que xa temos unha máis na colección.




Deixámosvos un enlace dun artigo moi interesante sobre esta especie:


http://www.micologia.net/articulos/cordiceps.htm
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 09-12-2010 18:27
# Ligazón permanente a este artigo
Unha especie ben rara
Mirade que cousiña máis bonita atopamos!! e o mellor de todo é que foi no Val de Barcala. Dunha bonita cor encarnada e con tonos laranxas, de pequeno tamaño; o sombreiro de uns tres centímetros e un pequeno mamelón que lle da un aspecto de sombreiro chino.

O que máis chama a atención é o seu pe tan longo como se fora unha raiz... Non tiña ningún olor característico, e foi recollida nunha carballeira na que tamén había algo de castiñeiros e piñeiro, vamos que estaba no que chamamos habitualmente bosque mixto.

Encontramos unha especie no libro de Marcel Bon que se nos parece bastante, podería ser unha Phaeocollybia christinae (Fr.) Heim. Aínda que debería ter un olor a rábanos e deberíamos tela encontrado en piñeirais polo que non nos convence...

En fin, igual é non é esta pero é unha prima irmán. En calquera caso, parecenos chulísima, a ver de a damos identificado.



De Para identificar
Comentarios (2) - Categoría: Identificacións - Publicado o 09-12-2010 14:21
# Ligazón permanente a este artigo
Museo micolóxico de Rabanales
No pasado mes de novembro varios socios de Sendeiriña estivemos de viaxe pola provincia de Zamora, en concreto nun lugar chamado Rabanales no que se encontra un dos poucos museos micolóxicos da Península. O noso obxectivo non era visitar o museo senón encontrar no monte en vivo e en directo o coñecido como "Ovo de rei", pero parece ser que chegamos moi tarde e nos dous días e a pesar de varias falsas alarmas non demos con el.

O museo é máis ben pequeno e conta cunha serie de reproducións dos cogomelos máis habituais da zona, así como uns paneis explicativos. Preside todo o museo unha enorme Macrolepiota, supoñemos que procera polo atigrado do pe.

Gustounos polo que ten de novidoso, anque as reproducións de algúns cogomelos non están moi logradas. Só un defecto: compramos unhas Trompetas dos mortos deshidratadas e estaban caducadas dende agosto!! pero demonos conta ó chegar á casa polo que volver a facer os case 400 quilómetros para devolvelas pareceunos excesivo.

Deixamos unhas fotos da visita.


Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 08-12-2010 22:54
# Ligazón permanente a este artigo
Trichia decipiens (Pers.) Macbr.
Ainda non a atopamos no Val de Barcala, xa que as fotos son da provincia de Zamora, e a especie foi atopada pola presidenta de Sendeiriña medrando no tronco dunha árbore morta. Posiblemente de faia.

Ten un color laranxa moi rechamante e aínda que se aprecie pouco, ten un pequeno pe de cor máis clara. Foi identificada no foro de micoloxía.net como Trichia decipiens, un mixomiceto que na nosa comunidade é pouco frecuente segundo se di no libro Cogomelos de Galicia.

Parecenos dunha gran beleza e por iso queríamos compartila con todos.


De mixo
Comentarios (0) - Categoría: Especies que inda non atopamos no Val de Barcala - Publicado o 08-12-2010 22:39
# Ligazón permanente a este artigo
Sae á rúa o Tarrelos número 12
Xa o temos nas nosas mans. Xa o lemos ó completo e xa podemos confirmar que este novo número da Revista da Federación Galega de Micoloxía non ten desperdicio.
Por primeira vez aparecemos na revista como Asociación Federada e as nosas actividades aparecen nas actividades para o ano 2010 das Asociacións Micolóxicas de Galicia.

O contido deste número que fai a docena é ben interesante.

Chama a nosa atención un artigo de Blanco Dios sobre unha nova especie para a ciencia do xénero Entoloma, que precisamente atopou no Encontro Internacional de Micoloxía do Arco Atlántico no que participamos varios socios de Senderiña. ¿Quen sabe se non pasaríamos a carón desta nova especie e inorantes de nós nen sabíamos que era tan importante? A especie en cuestión chámase Entoloma capeladense, e o nome precisamente fai referencia á lugar da súa localización na Serra da Capelada.



Tamén chama a nosa atención un artigo de Óscar Requejo sobre catro cogomelos que se citan por primeira vez en Galicia e que son ben raros de encontrar ou polo menos de ver, xa que algún deles non pasa dos 5 milímetros.

Non deixedes de botarlle un ollo á parte da revista adicada á micogastronomía, porque se fala dun xénero moi abundante no Val de Barcala, o Xénero Cantharellus.

Recóllense tamén artigos sobre vestimenta e calzado para ir ó monte e varios artigos interesantes sobre bioloxía en xeral.

Tamén contén dous artigos de Marcote sobre amanitas comestibles e varios artigos sobre cogomelos típicos de areais costeiros.

En fin, que en Sendeiriña temos varios exemplares e se queredes facervos con un, podedes pasarvos por Garsport e polo módico prezo de 2 euros xa teredes nas vosas mans toda esta información da que vos falamos.

Só lle imos poñer un pero,... tampouco non imos sempre comulgar con todo!! Enterámonos na última reunión da Federación que tódolos anos Política Lingüistica subvencionaba a revista e por iso precisamente estaba integramente escrita en galego. Este ano, con tódolos recortes que houbo, perdeuse esa subvención e quizais por iso moitos dos artigos xa non están en galego... Non sabemos se como acto de protesta ou por deixadez pero en fin que é unha peniña...
Comentarios (0) - Categoría: Publicacións - Publicado o 08-12-2010 22:31
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal



Contador gratis