Asociación Micolóxica Sendeiriña


Asociación Micolóxica do Val de Barcala






O meu perfil
sendeirina@yahoo.es
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 GALERIA
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

O tamaño é importante
Na maoiría dos cursos e nas guías de cogomelos, fanse senmpre advertencias sobre os accesorios que debe levar un bo apañador de setas. Unha cesta de mimbre, nunca bolsas de plástico, botas, un bastón, unha lupa,... e por suposto unha navalla.

Un micólogo que nos encontramos este ano en Ferrol decía que era indispensable levar un "cuentahilos" e un silbato, xa que os móviles non sempre teñen cobertura e hai moitas posibilidades de perderse no monte.

Pero o que ás veces se nos olvida é que ese elemento imprescindible que é a navalla pode ser considerada como unha arma, é se supera uns límites en canto ás súas medidas, poderíamos ser multados.

Deixamos un enlace sobre o Regulamento de armas vixente que é do ano 1993 (Real Decreto 137/1993 de 29 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento de armas)
A normativa ven a dicir que se prohibe a tenencia e uso de navallas automáticas e as non automáticas cando a súa folla exceda de 11 cm, medidos dende o reborde ou tope do mango ata o extremo. E ollo!!! Poderíamos ser sancionados polo SEPRONA!!!

Polo tanto aínda que encontremos boletus do tamaño dun cabalo hai que cortalo cunha navalliña pequena,... nada de andar polo monte con armas perigosas!!!

E por se alguén non quere ler a normativa enteira, deixamos unhas fotos indicativas de como podemos ou non saír ó monte...
Comentarios (0) - Categoría: Normativa - Publicado o 18-12-2009 16:24
# Ligazón permanente a este artigo
É tempo de...
É tempo de abrigos, de guantes, de bufandas e de tomar un chocolate quentiño mentres nos quentamos á beira dunha lareira...

Pero micolóxicamente falando é tempo de Hydnum repandum, esta especie tan abondosa na nosa comarca, con eses pequenos pinchos que a fan inconfundible.

Tamén se coñece como lingua de boi ou lingua de gato, precisamente porque os pinchos que ten na parte de abaixo do sombreiro recordan a lingua deses animais.

Poden encontrarse exemplares xa dende outubro, pero é cando chegan os primeiros fríos cando aparece de forma masiva, formando os típicos corros de bruxas.

Deixamos un enlace sobre esta especie, para coñecer máis cousiñas dela:

http://www.fungipedia.es/clasificacion-orden/basidiomycota/69-cantharellales/68-hydnum-repandum.html
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 14-12-2009 14:52
# Ligazón permanente a este artigo
Stropharia aeruginosa (Curtis: Fr) Quél.
Outra das especies que aínda non atopamos no Val de Barcala é esta fermosa Stropharia aeruginosa, que destaca por esa cor verde azulada que é pouco común no mundo dos cogomelos.

Ë unha seta de pequeno tamaño pero de gran beleza.

Os exemplares que podedes ver foron atopados por dous socios de sendeiriña, na Ruta dos petroglifos de Baiona e na zona do Bierzo.

Comentarios (0) - Categoría: Especies que inda non atopamos no Val de Barcala - Publicado o 14-12-2009 13:51
# Ligazón permanente a este artigo
Nova sección
Inauguramos hoxe esta nova sección dentro do blog, adicada a todas aquelas especies que, aínda que nos gustaría, non tivemos oportunidade de atopar no Val de Barcala, ben sexa pola súa rareza, ou por atoparse noutros hábitats ou en climas diferentes ó noso.

Se algún dos socios ou algunha outra persoa atopara algunha destas especies no noso Val, non dubiden en poñerse en contacto con nós para incluila na fotoblogoteca.

Esta primeira especie foi atopada no Courel, en novembro deste ano, e trátase dun Clavariadelphus pistillaris (Fries) Donk. O seu nome vulgar nalgúns libros é As de Bastos, polo seu claro parecido con ese pao da baralla.

Aparentemente podería parecernos un gasteromycete pero as esporas non se encontran no interior, senón que o himenio recobre toda a seta.

Deixamos uns enlaces por se queredes saber algo máis sobre ela.

http://www.amanitacesarea.com/clavariadelphus-pistillaris.html

http://www.micologia.net/gallery2/main.php?g2_itemId=45640
Comentarios (0) - Categoría: Especies que inda non atopamos no Val de Barcala - Publicado o 12-12-2009 14:09
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal



Contador gratis