Asociación Micolóxica Sendeiriña


Asociación Micolóxica do Val de Barcala






O meu perfil
sendeirina@yahoo.es
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 GALERIA
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Para identificar


É certo que temos o blog un pouco abandoado. Pero é que non se pode estar a todo. Os días, en época micolóxica, deberían durar 4 horas máis.

Iremos poñendo algunha cousiña que fomos encontrando.

Para empezar este cogomelo achegado por un socio recollido nunha carballeira nun toco dunha árbore mórta. Moi enterrado e como vedes cun pe enorme, de 26 cm. de longo.

Témolo sen identificar. Acéptanse suxerencias.



Comentarios (5) - Categoría: Identificacións - Publicado o 25-11-2011 08:16
# Ligazón permanente a este artigo
Obradoiro-degustación en Negreira
Este venres día 25 de novembro, imos ter un obradoiro-degustación de cogomelos organizado por Sendeiriña.

E que ven sendo esto de un obradoiro-degustación? Pois isto é, un cociñeiro que nos vai ensinando a preparar varios pratos que levan cogomelos, e despois faise unha pequena degustación dos pratos preparados.

Vai ser no Instituto vello de Negreira (no mesmo sitio que o ano pasado) ás 20:00 horas.

É unha actividade gratuíta para os socios, e cun prezo simbólico de 3 euros para os non socios. (gratuíto para os nenos)

É preciso confirmar a asistencia escribindo un correo ó mail da asociación: sendeirina@yahoo.es

Deixámos unha fotiño dun dos pratos do ano pasado para ir facendo boca.
Comentarios (0) - Categoría: Cursos, xornadas e conferencias - Publicado o 21-11-2011 22:57
# Ligazón permanente a este artigo
Momento de reflexión e oración...

Na ponte do 1 de novembro dúas socias de Sendeiriña estivemos por terras cantabras. Foi unha experiencia inolvidable, coñecemos a importantes micólogos, vimos moitas especies descoñecidas para nós, moitas delas que seguramente non veremos nunca máis e pasamos uns días moi pero que moi intensos.

En canto pasen estas datas tan estresantes, (micolóxicamente falando) poñeremos algunha fotiño do evento. Pero hoxe deixámosvos só unha deste momento tan curioso de oración e rezo que se daba tódolos días despois da comida. Todos na mesma posición (non sabemos se orientados cara A Meca) de xeonllos e en posición de orar... Sería para das grazas ós deuses polas especies atopadas??!

Ata dentro de 2 anos non se vai repetir unha xuntanza semellante, e de momento non se sabe onde será...
Comentarios (3) - Categoría: Cursos, xornadas e conferencias - Publicado o 09-11-2011 23:19
# Ligazón permanente a este artigo
Adiada a Exposición de Lucus

Os compañeiros da Sociedade Micolóxica Lucus envíannos un aviso urxente para que lle deamos difusión:

"AVISO IMPORTANTE: Debido a la extrema escasez actual de ejemplares, se ha decid...ido cambiar la fecha de celebración de la Exposición, que finalmente será el próximo día 27 de noviembre (domingo)"
Comentarios (3) - Categoría: Cursos, xornadas e conferencias - Publicado o 02-11-2011 21:24
# Ligazón permanente a este artigo
Xornadas micolóxicas en Ribeira


Os compañeiros de Refungando tamén organizan unhas xornadas micolóxicas e inclúen unha Ruta de bares micolóxica!

Deixámosvos o enlace do seu blog para os que estedes interesados.
http://refungando.blogspot.com/2011/11/vii-xornadas-micoloxicas-en-ribeira.html
Comentarios (1) - Categoría: Cursos, xornadas e conferencias - Publicado o 02-11-2011 21:21
# Ligazón permanente a este artigo
Xornadas micolóxicas en Pontevedra

Deixámos conta das datas das actividades da Asociación Micolóxica Brincabois de Pontevedra.
Comentarios (0) - Categoría: Cursos, xornadas e conferencias - Publicado o 02-11-2011 21:15
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal



Contador gratis