Asociación Micolóxica Sendeiriña


Asociación Micolóxica do Val de Barcala






O meu perfil
sendeirina@yahoo.es
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 GALERIA
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Para identificar


Deixamos unhas fotos deste cogomelo por se alguén nos pode botar unha man, xa que é un pouquiño difícil para nós.

Foi atopado na provincia de Zamora, entre carballos, con algo de Jaras (neste momento non nos acordamos como se di en galego) e algo de aciñeiras.

Nun principio pensamos que se parecía moito a unha especie que vimos este ano en Lugo na Exposición da Sociedade Micolóxica Lucus, pero despois estudiando un pouco o tema chegamos á conclusión de que non, porque a esporada debería ser branca,...

Este cogomelo que se nos parece bastante sería un Leucocortinarius bulbiger,... No novo número de Tarrelos ven un artigo precisamente sobre esta especie e dise que é unha especie moi rara. Pois ben, descartado este raro Leucocortinarius, que podería ser?

Pois seguramente un Cortinarius. E dentro do infinito mundo dos Cortinarius parecenos que podería estar preto de Cortinarius multiformis,... anque ó mellor é moito aventurar e quizais non sexa este pero quizais sexa un primo irmán que se lle pareza... En conclusión ó único que podemos afirmar con seguridade é que se trata dun cogomelo!!

Van tamén algunhas fotiños do micro, anque cos nosos medios limitados cremos que non van ser de moita axuda.

Acéptanse suxerencias. Grazas

Abaixo deixamos a foto da Exposición de Lugo para comparar.

De Exposición lugo
Comentarios (1) - Categoría: Identificacións - Publicado o 28-11-2010 12:23
# Ligazón permanente a este artigo
Novas intoxicacións por cogomelos
Un hombre de 78 años está grave tras ingerir una seta venenosa ( El Periódico Extremadura - 23/11/2010 )

Está ingresado en la UCI del San Pedro [wv04]de Alcántara desde el domingo por la noche. Su mujer, que las había comido con él, se encuentra bien y le acompaña allí.
Un hombre de 78 años se encuentra ingresado en la Unidad de Cuidados Intensivos (UCI) del Hospital San Pedro de Alcántara tras ingerir una seta venenosa el pasado sábado. Su pronóstico al cierre de esta edición era grave, aunque está estable, según confirmó el hijo del anciano tras recibir el último parte médico de la jornada, en torno a las 19.00 horas. Tiene afectados los riñones y el hígado.

El hombre, cuyo nombre responde a las iniciales M.A.G es vecino de Villasbuenas de Gata e ingirió el sábado por las noche unas setas que él mismo había recogido en una finca de su propiedad. "Todos los años cogía algunas setas en ese mismo terreno, las típicas", afirmó a este diario el hijo del hombre afectado, que pide a este diario que su nombre no trascienda. "Debió coger alguna muy similar que era venenosa", añadió.

El domingo por la mañana el anciano comenzó a sentir fuertes molestias en el estómago y vómitos, algo que inicialmente atribuyeron en la familia a algo leve. Junto a él había ingerido las setas su esposa, que se encuentra bien, y de hecho le acompaña en el hospital. Al mejorar la situación pensaron en trasladarlo al centro médico de Hoyos, aunque finalmente se dirigieron por la noche al hospital de Coria, en el que se le practicaron las primeras pruebas. Allí les dijeron que se trataba de una intoxicación por haber ingerido alguna seta venenosa y lo trasladaron al complejo hospitalario de Cáceres, donde permanece ingresado desde entonces.

El alcalde, Luis Mariano Martín, lamentó lo sucedido y aseguró que se mantiene en contacto con la familia para conocer el estado de salud del anciano. Martín explicó que la gente mayor del pueblo tiene costumbre de coger la seta macrolepiota conocida popularmente como Parasol, pero en este caso, según detalló, entre el grupo de setas que comió este vecino debía haber otra tóxica. "No la habrá sabido distinguir porque son casi idénticas", explicó el alcalde, que aseguró que el domingo, antes de comenzar a sentir los síntomas, el anciano se encontraba en un bar con unos amigos hablando sobre las jornadas micológicas que se celebraban el pasado fin de semana en el pueblo.

ADVERTENCIA Antonio García, de la Asociación Micológica de Villasbuenas de Gata, explicó que el veneno de las setas no pasa de unas a otras en el plato cocinado por lo que es posible que si algún familiar más comió de este grupo de setas, no comiera la tóxica y por tanto no sufriera ninguna intoxicación. García confesó no sentirse sorprendido por este caso ya que aseguró que son muchas las personas a las que les ha tenido que advertir de que no se llevaran a casa algunas setas que habían cogido del campo. "El error de muchas personas es que no preguntan y se confían", señaló.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 27-11-2010 17:53
# Ligazón permanente a este artigo
Hericium erinaceum (Bull. ex Fr.) Pers.
Dentro das especies que inda non atopamos no Val de Barcala, pero que vimos neste outono por primeira vez, engadimos esta especie, que a falta de confirmación, clasificamos como Hericium erinaceum. O seu nome común sería Melena de León, xa que o parecido é evidente.

Trátase dunha especie pouco común, pero segundo a bibliografía con altas propiedades medicinais.

Deixamosvos uns enlaces:

http://www.fungipedia.es/clasificacion-orden/basidiomycota/hericiales/299-hericium-erinaceum.html
http://www.hifasdaterra.com/index.php/2010/10/08/melena-de-leon-y-enfermedades-intestinales-inflamatorias/

As fotografías están sacadas pola noite. O único exemplar que atopamos medraba nun falso plátano na Alameda de Padrón, a uns 3 metros de altura, polo que tivemos que subirnos a un banco para sacar as fotos e aínda así non sairon moi claras.

De Hericium
Comentarios (0) - Categoría: Especies que inda non atopamos no Val de Barcala - Publicado o 27-11-2010 17:49
# Ligazón permanente a este artigo
Unha especie australiana no Val de Barcala
E se falamos dos cogomelos que máis atopamos neste ano 2010, sen dúbida temos que falar desta curiosa especie, o vistoso Clathrus archeri, que outros anos era difícil de atopar, e que este ano atopamos en case tódalas saídas que fixemos.

Trátase dunha especie foránea, procedente de Australia, que según conta a bibliografía chegou a Europa durante a Primeira Guerra Mundial na lá das ovellas que se importaron dende Nova Zelanda.

O seu cheiro é moi forte, semellante ó do Phallus impudicus, e serve precisamente para atraer os insectos e que estes espallen as esporas.

Non sabemos cal foi a razón pero nunca ata o de agora a atoparamos tanto coma este ano.


Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 27-11-2010 16:47
# Ligazón permanente a este artigo
Foi un ano de Boletus...
Agora que a temporada vai tocando o seu fin, é momento de facer balance.

Cada ano e sen que haxa unha explicación científica uns cogomelos abundan máis que outros. Este ano sen dúbida foi moi bo ano de Boletus, especialmente de Boletus edulis. Poidemos velos, de moi diferentes formas, e medrando en hábitats diferentes, incluso medrando enriba do asfalto, enriba de plásticos...

Deixamosvos mostra dalgúns deles nas fotos que sacamos. Todas son do Val de Barcala, pero non vos imos revelar o sitio concreto, claro!


Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 27-11-2010 16:20
# Ligazón permanente a este artigo
Sendeiriña novamente na prensa
Este sábado as actividades de Sendeiriña saíron novamente na prensa, neste caso en La Voz de Galicia. Deixámosvos o artigo e o enlace para que descubrades algún que outro gazapo que se lles colou...

La afición a las setas congrega en Negreira a numerosos aficionados de toda Barcala
Salir a buscar setas en otoño es más que una afición. Se puede decir que hasta es un arte para los amantes de la naturaleza. En el húmedo y verdoso Val de Barcala resurge con fuerza la afición por la micología, y estos días la Asociación Micolóxica Sendeiriña Nicraria Tamara, que cumple sus dos primeiros años de vida, acaba de organizar una serie de conferencias sobre la gran variedad de especies -tanto comestibles como tóxicas- que pueblan los bosques y prados de la comarca barcalesa. Hoy mismo organizan una salida con degustación a la noche como colofón a las jornadas.
«É falso que ao cociñalas con vinagre e sal xa non fagan dano». Lo dice Alexis López Pena, ingeniero técnico-agrícola de Negreira, que el miércoles pronunció la primera de las charlas sobre las especies comestibles que más se dan en el Val de Barcala, pero que también se centró en las especies tóxicas, de las que se distinguen dos períodos: «Un máis curto de vintecatro horas en que xa notamos os seus efectos, e outro máis longo daquelas especies máis perigosas que poden tardar ata dazasete días».
Entre las setas comestibles más comunes en la zona de Negreira Alexis López destaca los boletus «como os aéreos que son os máis apreciados, aínda que non hai moitos pola nosa zona, e despois cantharellus cibarius, edulis, uniformes, ou os coñecidos níscalos ou lactarius deliciosus, as russulas, ademais doutras especies, menos apreciadas pero que tamén as hai», sobre todo en pinares y robledales, siendo menos abundantes las especies que puedan encontrarse en los prados. Y un importante consejo para quienes se inicien: como norma general «non consumir nunca setas de cor branca con anel e bolva, xa que tamén levan á confusión cos champiñóns», aseguró.
Para un conocedor del mundo de los hongos como Alexis, no dejan de ser unos seres vivos que «cumpren a súa función dentro do bosque, e polo tanto, non hai que arrancalos ou destruilos sen máis». La clave es diferenciar las setas buenas de las malas o tóxicas.


Si, seguro que xa o víchedes: o Cantharellus "uniformes" aínda non o atopamos no Val de Barcala...

Como na noticia do xornal non viña foto, deixámosvos unha fotiño da degustación para darvos un pouquiño de envexa a tódolos que non puidéchedes asistir. Trátase dunha base de cogomelos con queixo de cabra e reducción de viño de O Porto,... estaba riquiiiiisimo!!
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 22-11-2010 19:58
# Ligazón permanente a este artigo
Estamos de resaca micolóxica...
Xa o dí un dos nosos socios máis activos, afeccionado a coller calquer tipo de bichería micolóxica: - Que a vida é moi corta! que nos faría falta vivir 3 ou 4 vidas para poder facer todo o que quixeramos... E canta razón ten!!

E se a vida é corta, tamén teríamos que dicir:
-Pero que corto é o outono!!!, parece que estabamos onte pedindo que chovera despois dun verán tan seco, e agora xa nos estamos queixando porque aparecen os primeiros Hydnum que anuncian o comezo do fin...

Foron moitas cousas, o outono foi moi intenso,... e precisamente por isto apenas poidemos acceder ó blog para contarvos tódalas cousas que fomos atopando. É certo, témolo un pouco desatendido pero esperamos volver a poñernos ó día nos próximos días e informarvos de moitas novidades e algunhas cousas que atopamos este ano por primeira vez e que coma sempre nos fixeron moita ilusión.

Este luns estamos de resaca e por iso non temos Luns Micolóxico, reanudarémolo o próximo día 29. Pero recordade que aínda que o outono estea chegando ó fin, en Galicia temos cogomelos durante todo o ano, xa sabemos que menos pero calquera época do ano é boa para saír ó monte e encontrar cousiñas realmente interesantes...

Deixámosvos unha fotiño da Charla de Puri Lorenzo da semana pasada. É un adianto, xa iremos colgando máis cousiñas.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 22-11-2010 19:37
# Ligazón permanente a este artigo
XIII Xornadas Micolóxicas en Bueu
A Asociación Micolóxica Liboreiro de Bueu enviounos ó noso correo a publicidade destas Xornadas Micolóxicas que xa van pola edición número 13, e das que nos facemos eco, por se alguén estivera interesado.

Serían para a vindeira semana, do 23 ó 26 de novembro e os ponentes son do melloriño de micoloxía en Galicia actualmente, Puri Lorenzo, J.M. Castro Marcote, Chemi Traba,...

Deixamosvos coma sempre un enlace para máis información:

http://www.concellodebueu.org/nova.php?filId=161&idioma=ga&filDpto=3&filTipo=0&filEstado=0&filNome=0&filSel1=0&filSel2=0&filMenu=MENU4_2
Comentarios (0) - Categoría: Cursos, xornadas e conferencias - Publicado o 17-11-2010 11:24
# Ligazón permanente a este artigo
Aberto o prazo para renovación de cotas.
Xa está aberto o prazo para que renovedes a vosa subscripción como socios de Sendeiriña. Recordade que son só 10 euros e ademáis este ano recibiredes co pago unha pequena guía de cogomelos que non é moi extensa pero é ideal para levar ó monte polo seu reducido tamaño.

Tódolos novos socios tamén recibirán este pequeno obsequio.

Só tedes que pasarvos por Garsport (na Rúa da Cachurra, fronte a Caixa Galicia) facer o pago e deixar os vosos datos.

Non o deixedes pasar, o prazo remata no mes de novembro e as Guías son limitadas.


Comentarios (0) - Categoría: Papeleos e outras burocracias - Publicado o 03-11-2010 13:28
# Ligazón permanente a este artigo
A viaxe ás Pontes deste ano…
Igual que o ano pasado gustaríanos poñervos as fotos da Feira de Cogomelos das Pontes e ensinarvos tódalas novidades que seguramente este ano houbo; as grandes cestas, os premios que se deron,…pero non vai ser posible… A aventura deste ano foi ben diferente da do ano pasado…

Levantámonos cedo para aproveitar ben o día e chegar antes das 11. Paramos na casa da presi, e mentres esta terminaba de almorzar, démonos un paseo polo seu xardín e atopámonos unhas pequenas Laccarias que nos pareceron ideais para substituir ás que nós levábamos e que xa estaban un pouco secas.

O ano pasado a Feira fora tan bonita…, viramos tantas cousas interesantes…, posiblemente é a única oportunidade de ver en vivo e en directo unha Amanita caesarea, unha Stropharia aeruginosa,… hai un chico que gana tódolos anos o concurso de cestas (e que nos enteramos pola prensa de que tamén foi o gañador deste ano…) e que é realmente impresionante, a súa cesta ten hygrocibes, stropharias,… é unha oportunidade de ver especies moi difíciles de encontrar no monte, e por iso estabamos moi emocionados…

O ano pasado dérannos un terceiro premio, pero levabamos cousas moi orixinais, acordádesvos do Marasmius rotula que levamos con tanto coidado todo o camiño para que non se estragara? Este ano apenas tiñamos nada orixinal, só unha pequena Telephora na que tiñamos postas todas as nosas esperanzas…

En fin, alá nos encamiñamos, collemos a autopista AP-9 e na saída cara Ferrol no quilómetro 8.5, á altura da ponte da Ría de Betanzos, tódalas setas que levabamos milimetricamente colocadas, decidiron que non querían ir ás Pontes, que a súa timidez non lles permitía pasarse toda a mañá coa súa mellor cara, esperando que centos de persoas as miraran e as sinalaran co dedo. E decidiron voar,… ser libres, e dixeron ata aquí chegamos…
E a pequena Telephora voou, e as Laccarias cansadas de que lles botaramos tanta auga para rehidratalas… voaron, e as trompetas dos mortos que tiveran tanto protagonismo o día anterior,… voaron, e as Helvellas que xa fixeran tantos quilómetros dende Lugo… voaron, e a Sparassis non so voou senón que se esparciu en mil anacos, a pequena Datronia que conservaramos durante meses… voou, e as Micenas epipterigyas voaron coa fraxilidade que as caracteriza,… e ata o Clathus voou dentro do bote de cristal… ( e menos mal que non rompeu…) e os Lactarius, as Macrolepiotas, as Russulas,.... todos voaron...

Foi un voo curto pero intenso, limitado á inmensidade do maleteiro do coche, e o asento de atrás, pero foi suficiente para que o pequeno mundo de diversidade micolóxica que tan pacientemente construiramos sufrira un terremoto de 21 na Escala de Richter que fixo imposible calquera intento de reconstrución...

Pero que parviñas foron todas!!!, non entenderon que tiñamos pensado deixalas nun lugar moito máis paradisíaco!, moito máis acolledor que a beira dunha autopista, quizais nunha carballeira centenaria ou nun pinar ben xeitoso,… para que se reproduciran e continuaran o seu ciclo biolóxico,… quizais non entenderon que os millóns, ou trillóns de esporas esparcidas polo coche non ían ter posibilidades de reproducirse,…
E esa foi a fin da viaxe e da excursión ás Pontes, no medio dunha autopista, vaciando as cestas que con tanto esmero colocaramos, no arcén. E é por iso que este ano non trouxemos nin fotos, nin experiencias que contar, nin ningún premio para a casa…. Pero trouxemos algo moito máis importante,… os nosos osiños e tódalas partes do noso corpo intactas… que non é pouco…

Os afeccionados á micoloxía temos escoitado moitas veces que ós micólogos expertos cando fan unha saída lles molesta un pouco que a xente continuamente estea preguntando: isto cómese? Pódese comer? É comestible? En Sendeiriña nunca nos molestou este tema, podedes achegarvos sempre a calquera de nós, que vos informaremos da comestibilidade de todo aquilo que coñezamos. Pero hai momentos e momentos,… o detalle da mañá foi ese operario da autopista que cando estabamos vaciando as cestas, acompañados da Garda Civil de Tráfico, aínda co susto no corpo, coas luces de emerxencia alumeándonos, a grúa preparada para levar o coche,… se achega a nós e nos pregunta: - Esa grande que acabades de tirar é comestible? é certo que o que non pregunta non aprende, pero non foi o mellor momento para preguntalo!!! Hai momentos e momentos!!!, pero este non foi un bo momento!! Sentímolo pero non o foi!!! Amablemente lle dixemos que non, que era unha especie moi dura coma un tronco dunha árbore e que polo tanto non se comía,…

En fin,… que estamos todos ben,… que os cintos de seguridade salváronnos a vida e que o ano que ben procuraremos levar uns cintiños pequenos para que os nosos tesouros micolóxicos cheguen igual de intactos que nós…
Comentarios (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 03-11-2010 12:56
# Ligazón permanente a este artigo
II Exposición micolóxica Negreira 2010
Este ano a Exposición foi cando menos, "accidentada"; en menos de dous días cambiouse dúas veces a súa ubicación, e finalmente desenvolveuse no hall da nova Casa da Cultura de Negreira, xunto coa II Feira Intercultural.

Fixo un día de chuvia horrible e a mañá foi realmente estresante.

Xuntamos ó redor de 100 especies, (poñeremos o listado en breve), pero en principio parécenos que se superou o número do ano pasado.

Dende Sendeiriña gustaríanos agradecer a todos aqueles que prestaron a súa axuda para que a Exposición fora posible, recollendo especies, achegando cestas, traendo fieitos e adornos, levando algunha que outra molladura nos días antes,...

E no apartado de agradecementos non temos espazo suficiente en todo o blog para dar as grazas os compañeiros da Asociación Micolóxica Lucus, que viñeron dende Lugo e nos trouxeron cousas interesantísimas que nunca soñamos ter na nosa Exposición. E non só iso, tamén nos axudaron na clasificación de moitas cousas nas que tiñamos un montón de dúbidas.... En fin, moitas grazas a todos e a todas.

Deixámosvos unha foto cunha das estrelas da Exposición que estivo perdida antes de comezar, unha pequena Telephora, e tamén un enlace coas fotos para aqueles que non puidechedes asistir.

http://www.blogoteca.com/sendeirinha/index.php?gal=3209
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 03-11-2010 12:56
# Ligazón permanente a este artigo
Recomendacións na TVG
A pasasa semana a TVG estivo en Negreira para facer unha reportaxe sobre as recomendacións sobre o consumo de cogomelos e sae falando o noso presidente de honra. Deixamosvos o enlace:

http://agalegainfo.crtvg.es/videos/?emi=11055&corte=2010-10-25&hora=14:33:32&canle=tvg1

agalega.info - Videos das noticias dos informativos da TVG
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 03-11-2010 12:56
# Ligazón permanente a este artigo
Exposición Micolóxica IES Xulián Magariños
Xa están colgadas as fotos da Exposición Micolóxica do IES Xulián Magariños.

Finalmente tivemos case 60 especies. Agradecemos a tódolos alumnos do centro a súa axuda e por suposto ó noso presidente de honra, Amador Troncoso que nos axudou nalgunhas cousiñas raras que atopamos e que foron difíciles de clasificar, coma a da foto, que finalmente concluímos que podía tratarse dunha Boletopsis leucomelaena.

Deixamosvos o enlace das fotos:

http://www.blogoteca.com/sendeirinha/index.php?gal=3208






Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 03-11-2010 12:55
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal



Contador gratis