Asociación Micolóxica Sendeiriña


Asociación Micolóxica do Val de Barcala






O meu perfil
sendeirina@yahoo.es
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 GALERIA
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Actividades micolóxicas en Ames
Organízase un programa de actividades arredor da micoloxía que se desenvolverán entre os meses de outubro e decembro

A Concellaría de Medio Ambiente, a través da Aula da Natureza, organizou un amplo programa de actividades arredor da micoloxía que se desenvolverá ao longo dos meses de outubro, novembro e comezos de decembro.

Haberá charlas e coloquios; cultivo de cogomelos; saídas de campo; clasificación e exposición; así como cociñado e conservación de cogomelos.

As primeiras actividades desenvolveranse este venres 14 e mailo sábado 15 de outubro, cunha charla - coloquio sobre a iniciación aos cogomelos e unha saída de campo.

Para inscribirse en calquera destas actividades hai que chamar ao número de teléfono 660 004 665 ou enviar un correo electrónico ao enderezo auladanatureza@concellodeames.gal.

Son moitos os veciños e veciñas que están interesados no mundo da micoloxía. Debido a iso a Concellería de Medio Ambiente, a través da Aula de Natureza, organizou para este trimestre un amplo abano de actividades sobre os cogomelos.

A primeira actividade desenvolverase este venres, 14 de outubro, no Pazo da Peregrina de Bertamiráns. Entre as 20:00 e as 21:30 horas impartirase unha charla – coloquio de iniciación aos cogomelos. Esta actividade, que é gratuíta, está dirixida a todos os públicos. O día seguinte, o sábado 15, realizarase unha saída de campo, en horario de 9:30 a 14:00 horas. Para esta saída, que está abertas a todos os públicos, ofértanse 50 prazas.

A programación continúa o sábado, 5 de novembro, nas instalacións da Aula da Natureza cunha actividade de cultivo de cogomelos. Neste caso realizarase en horario de tarde, entre as 16:30 e as 19:30 horas, e ofértanse un total de 20 prazas para persoas adultas.

Durante o sábado 12 de novembro, e coincidindo coa festa do Magosto, desenvolverase outra saída ao campo para recoller cogomelos. Ao igual que na saída anterior, realizarase en horario de 9:30 a 14:00 horas, e ofértanse un total 50 prazas. De seguido, o sábado 12 pola tarde, na propia festa do magosto farase unha clasificación e exposición dos cogomelos recollidos. A última actividade está prevista para o sábado, 3 de decembro, de 17:00 a 20:00 horas, nas instalacións da Aula da Natureza. Neste caso vaise destinar ao cociñado e conservación de cogomelos. Para esta xornada, que está dirixida a persoas que teñan de 16 anos en diante, ofértanse 30 prazas.

Para inscribirse en calquera destas actividades hai que chamar ao número de teléfono 660 004 665 ou enviar un correo electrónico ao enderezo auladanatureza@concellodeames.gal
Comentarios (0) - Categoría: Cursos, xornadas e conferencias - Publicado o 15-10-2016 16:14
# Ligazón permanente a este artigo
XIII Xornadas Micolóxicas en MOS
Comentarios (0) - Categoría: Cursos, xornadas e conferencias - Publicado o 15-10-2016 16:13
# Ligazón permanente a este artigo
Outoneate - Sábados micolóxico-turísticos
Comentarios (0) - Categoría: Cursos, xornadas e conferencias - Publicado o 15-10-2016 16:12
# Ligazón permanente a este artigo
Xornadas micolóxicas en Conxo























Achegamos o cartaz das Xornadas Micolóxicas de Conxo. Interesantísimas coma tódolos anos!!
Comentarios (0) - Categoría: Cursos, xornadas e conferencias - Publicado o 13-10-2016 18:03
# Ligazón permanente a este artigo
Sendeiriña Prix

Comeza a temporada outonal, e como non todo vai ser comer, dende Sendeiriña queremos propoñervos un concurso para que rebusquedes nas vosas guías e vos tiredes ó monte cámara en man, á procura dos cogomelos escollidos.

O concurso chámase "Sendeiriña PRIX" e as bases podedes lelas á continuación:




Sendeiriña Prix


OBXECTIVO.- O “Sendeiriña PRIX” e unha actividade organizada pola “Asociación Micolóxica Senderiña Nicraria Tamara” que ten por obxectivo fomentar a micofilia e a fotografía micolóxica.

OBXECTO: Trátase de un concurso, no que os participantes terán que atopar as 6 especies de cogomelos que se propoñan, antes da data sinalada.

BASES


PARTICIPANTES: Pode participar no “Sendeiriña Prix” calquera persoa, ainda que non sexa membro da Asociación.

Os cogomelos que será preciso atopar para esta edición son:

- Amanita muscaria. (En calquera das súas variedades)
- Marasmius oreades (A sendeiriña non podía faltar no noso listado)
- Sparassi crispa (Cogomelo coliflor)
- Laccaria amethystina
- Clathrus archeri
- Gliophorus psittacinus
, (antes Hygrocybe psittacina)


- Para acreditar que un participante atopou un cogomelo é preciso como mínimo, sacar dúas fotos, unha do cogomelo no que poida apreciarse claramente as súas características identificativas e outra na que se vexa ó participante é ó cogomelo.

- As fotos deben ser de este ano,do período comprendido entre o 08/10/2016 ó 03/12/2016

- Para participar no Sendeiriña Prix, as fotos deben subirse o facebook de Sendeiriña ou ó grupo de Whasspat creado ó efecto. Calquera que o solicite pode pedir a inclusión en este grupo escribindo un correo a senderina@yahoo.es e facilitando un número de teléfono.

PRAZO: A data límite para atopar os cogomelos é o 03/12/2016. Farase entrega dos premios na Cea de Fin de temporada a celebrar no Restaurante O Rueiro.

PREMIOS*:


- Para o que atope 4 especies, un lote de revistas Tarrelos.
- Para o que atope 5 especies, un lote de Tarrelos e un lote de productos Sendeiriña, que inclúe mochila, gorro, braga e chaleco.
- Para o que atope as 6 especies, un lote de Tarrelos, un lote de productos Sendeiriña e o convite da cea de Sendeiriña no Restaurante o Rueiro.

*Se houbera varios participantes que atoparan o mesmo número de especies, o premio sortearase entre eles.

Non serán válidas aquelas fotografías que pola súa calidade impidan identificar claramente o cogomelo proposto. En caso de dúbida, poderase consultar con un asesor externo á Asociación.



Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 08-10-2016 17:22
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2
© by Abertal



Contador gratis