Asociación Micolóxica Sendeiriña


Asociación Micolóxica do Val de Barcala






O meu perfil
sendeirina@yahoo.es
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 GALERIA
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

XXVII Feira de Fungos e Cogumelos das Pontes
Comentarios (0) - Categoría: Cursos, xornadas e conferencias - Publicado o 28-10-2016 20:18
# Ligazón permanente a este artigo
Ampliado prazo do Sendeiriña Prix

AMPLIADO PRAZO DO SENDEIRIÑA PRIX!! Tedes ata o 10 de decembro para procurar os cogomelos seleccionados!





Sendeiriña Prix


OBXECTIVO.- O “Sendeiriña PRIX” e unha actividade organizada pola “Asociación Micolóxica Senderiña Nicraria Tamara” que ten por obxectivo fomentar a micofilia e a fotografía micolóxica.

OBXECTO: Trátase de un concurso, no que os participantes terán que atopar as 6 especies de cogomelos que se propoñan, antes da data sinalada.

BASES


PARTICIPANTES: Pode participar no “Sendeiriña Prix” calquera persoa, ainda que non sexa membro da Asociación.

Os cogomelos que será preciso atopar para esta edición son:

- Amanita muscaria. (En calquera das súas variedades)
- Marasmius oreades (A sendeiriña non podía faltar no noso listado)
- Sparassi crispa (Cogomelo coliflor)
- Laccaria amethystina
- Clathrus archeri
- Gliophorus psittacinus
, (antes Hygrocybe psittacina)


- Para acreditar que un participante atopou un cogomelo é preciso como mínimo, sacar dúas fotos, unha do cogomelo no que poida apreciarse claramente as súas características identificativas e outra na que se vexa ó participante é ó cogomelo.

- As fotos deben ser de este ano,do período comprendido entre o 08/10/2016 ó 10/12/2016

- Para participar no Sendeiriña Prix, as fotos deben subirse o facebook de Sendeiriña ou ó grupo de Whasspat creado ó efecto. Calquera que o solicite pode pedir a inclusión en este grupo escribindo un correo a senderina@yahoo.es e facilitando un número de teléfono.

PRAZO: A data límite para atopar os cogomelos é o 10/12/2016. Farase entrega dos premios na Cea de Fin de temporada a celebrar no Restaurante O Rueiro.

PREMIOS*:


- Para o que atope 4 especies, un lote de revistas Tarrelos.
- Para o que atope 5 especies, un lote de Tarrelos e un lote de productos Sendeiriña, que inclúe mochila, gorro, braga e chaleco.
- Para o que atope as 6 especies, un lote de Tarrelos, un lote de productos Sendeiriña e o convite da cea de Sendeiriña no Restaurante o Rueiro.

*Se houbera varios participantes que atoparan o mesmo número de especies, o premio sortearase entre eles.

Non serán válidas aquelas fotografías que pola súa calidade impidan identificar claramente o cogomelo proposto. En caso de dúbida, poderase consultar con un asesor externo á Asociación.



Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 26-10-2016 22:57
# Ligazón permanente a este artigo
Xa temos carteis!!

Pois xa temos carteis e programa para o Outono Micolóxico Nicrariense. Este ano Sendeiriña organiza ademáis a Semana Micolóxica Galega e contaremos coa presenza nas conferencias de Jaime Blanco Dios e Puri Lorenzo. Facede un apunte nas vosas axendas!! Estades todos convidados que este outono promete!!


VIII OUTONO MICOLÓXICO
XXXIV SEMANA MICOLÓXICA GALEGA
NEGREIRA 2016


Conferencias*:


Xoves 3 de novembro- 20:30 Jaime Blanco-Dios “Especies novas para a ciencia e ameazadas en Europa encontradas en Galicia”
Venres 4 de novembro – 20:30 Puri Lorenzo - “Identificando Boletais”

*As conferencias terán lugar na Casa da Cultura de Negreira no 1º Andar (ó lado da Biblioteca)

Exposición:

Domingo 13 de novembro de 11:00 a 14:00 horas (Auditorio Vello da Casa da Cultura de Negreira)

Saídas:

Sábado 5 e 12 de novembro. Ás 10:00 dende diante da Casa da Cultura – Rúa de San Mauro. Consultar máis saídas no blog da Asociación.


Luns micolóxicos:

Tódolos luns dende o 3 de outubro ó 5 de decembro, identificación de especies e obradoiro de microscopia micolóxica.

“Sendeiriña PRIX”:

Concurso de procura de cogomelos. Consultar Bases no blog da Asociación.

Cea Degustación (Previa inscripción)
Sábado 10 de Decembro - Restaurante O Rueiro - Vilaserío
Comentarios (0) - Categoría: Cursos, xornadas e conferencias - Publicado o 26-10-2016 22:05
# Ligazón permanente a este artigo
Corre a renovar a túa cota!

Lembrade que xa está aberto o prazo para o pago das cotas de socio do ano 2016. Para todos aqueles que o fagades e para os novos socios, Sendeiriña agasallaravos con este pequeño cesto.

Trátase dun cesto feito de xeito totalmente artesanal, e que ademáis está homologado para o cumprimento da normativa actual sobre aproveitamentos micolóxicos, para que non vos pasedes dos dous quilos que marca o Decreto.

Corre a renovar a túa cota!! Que se rematan!!
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 26-10-2016 21:49
# Ligazón permanente a este artigo
Outono Micolóxico Vilagarcía
Comentarios (0) - Categoría: Cursos, xornadas e conferencias - Publicado o 25-10-2016 20:54
# Ligazón permanente a este artigo
Xornadas micolóxicas da Costa da Morte

Máis info: https://www.facebook.com/asoc.panderaposo?fref=ts
Comentarios (0) - Categoría: Cursos, xornadas e conferencias - Publicado o 23-10-2016 21:10
# Ligazón permanente a este artigo
Xornada micolóxica en Silleda
Comentarios (0) - Categoría: Cursos, xornadas e conferencias - Publicado o 23-10-2016 21:02
# Ligazón permanente a este artigo
Cogomelos do Sar

Máis info: http://arenariacoordinacion.com/2016/10/11/micologia-16-17/
Comentarios (0) - Categoría: Cursos, xornadas e conferencias - Publicado o 23-10-2016 20:55
# Ligazón permanente a este artigo
Curso de cultivo de Cogomelos en Padrón


Máis info: http://arenariacoordinacion.com/2016/10/19/cultivo-de-setas/
Comentarios (0) - Categoría: Cursos, xornadas e conferencias - Publicado o 23-10-2016 20:51
# Ligazón permanente a este artigo
Xornada Micolóxica en Becerreá
Comentarios (0) - Categoría: Cursos, xornadas e conferencias - Publicado o 18-10-2016 20:13
# Ligazón permanente a este artigo
XIV Xornadas Micolóxicas de Orazo
Comentarios (0) - Categoría: Cursos, xornadas e conferencias - Publicado o 18-10-2016 20:05
# Ligazón permanente a este artigo
Xornadas micolóxicas en Trabada
Comentarios (0) - Categoría: Cursos, xornadas e conferencias - Publicado o 18-10-2016 20:03
# Ligazón permanente a este artigo
IV Xornadas Micolóxicas en O Caurel.
Comentarios (0) - Categoría: Cursos, xornadas e conferencias - Publicado o 18-10-2016 20:02
# Ligazón permanente a este artigo
COgOmendO en Celanova
Comentarios (0) - Categoría: Cursos, xornadas e conferencias - Publicado o 18-10-2016 19:54
# Ligazón permanente a este artigo
Aureoboletus gentilis (Quél) Pouzar.
Na recente saída que fixemos algúns socios de Sendeiriña ó Sobreiral do Río Arnego, tivemos a sorte de atoparnos con esta pequena pero fermosísima especie.
A foto non lle fai xustiza, o sombreiro tiña una cor rosa chicle e ó darlle a volta parecía talmente que alguén a pintara con un rotulador fosforito.
Chegamos á conclusión de que se pode tratar de un Auroeboletus gentilis (Quél.) Pouzar, que no libro 500 Cogomelos do Litoral Atlántico e do Noroeste Peninsular sinala que é moi rara.

Había ben tempo que non atopabamos unha cousa tan bonitiña!! Pasa a formar parte do listado de especies que inda non atopamos no Val de Barcala.
Comentarios (0) - Categoría: Especies que inda non atopamos no Val de Barcala - Publicado o 16-10-2016 17:51
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2]
© by Abertal



Contador gratis