Asociación Micolóxica Sendeiriña


Asociación Micolóxica do Val de Barcala






O meu perfil
sendeirina@yahoo.es
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 GALERIA
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Exposicion SMLucus




















Este ano coincidimos en datas case todos, e os de Lucus tamén!
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 27-10-2015 23:06
# Ligazón permanente a este artigo
Xornadas micolóxicas en Cee






















Espectacular o cartaz de este ano dos de Pan de Raposo!!
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 27-10-2015 23:00
# Ligazón permanente a este artigo
Feira de Cogomelos nas Pontes

Empezan os días fortes de actividade micolóxica, de aquí nun mes, esto vai ser non parar...

Deixamos o cartaz da Feira de Cogomelos das Pontes
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 27-10-2015 22:58
# Ligazón permanente a este artigo
Posible Amanita ochraceomaculata

Levabamos moito tempo sen publicar ningún cogomelo, e non é porque este ano estea sendo malo, é por falta de tempo! Pero este luns, no obradoiro micolóxico, un socio de Sendeiriña trouxo uns exemplares de Amanita que nos fliparon e alá fomos a sacarlle uns retratos.

Identificámola como Amanita ochraceomaculata, xa que coincide bastante ben coa descripción que aparece no libro 500 Cogomelos do Litoral Atlántico e Noroeste Peninsular. Despois de moitas dúbidas coa cor, chegamos a conclusión de que se trata dun gris topo; e con esas placas brancas e manchadas de ocre non se nos ocorre ningunha outra, pero aceptamos aportacións.

En calquera caso é un cogomelo ben bonito que deu moito que falar estes días no Val de Barcala.


Amanita ochraceomaculata
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 27-10-2015 22:39
# Ligazón permanente a este artigo
Saída micolóxica
Este domingo día 25, temos saída de Sendeiriña. O punto de partida é de diante da Casa da Cultura de Negreira ás 10:00.

Lembrade traer cesto e navalla. Aproveitaremos para recoller algúns cogomelos que empregaremos o luns no Obradoiro micolóxico.

A saída vai ser por preto da vila, e contamos estar de volta ás 13:00.
Comentarios (0) - Categoría: Cursos, xornadas e conferencias - Publicado o 23-10-2015 11:36
# Ligazón permanente a este artigo
VII OUTONO MICOLÓXICO EN NEGREIRA
Xa temos carteis!!

Lembrade que as charlas e o resto de actividades son gratuítas e acceso libre para o público pero para o obradoiro é preciso anotarse enviando un correo a sendeirina@yahoo.es. Custa 10 euros para non socios.


Ademáis, a primeira saída ó monte será este domingo día 18, ás 10:00 da mañan, de diantes da Casa da Cultura de Negreira, na Rúa de San Mauro. Iremos a un sitio de cerca e contamos estar de volta ás 13:00 aproximadamente.

OLLO!! Aínda que as charlas pon que son ás 8:30, refírese ás 20:30, gústanos madrugar pero tampouco tanto!!
Comentarios (0) - Categoría: Cursos, xornadas e conferencias - Publicado o 14-10-2015 15:17
# Ligazón permanente a este artigo
Cursos de micoloxía de SMLUCUS

Mais información nos seguintes enlaces:

https://www.facebook.com/events/667555496719756/

http://www.smlucus.org/
Comentarios (0) - Categoría: Cursos, xornadas e conferencias - Publicado o 14-10-2015 07:53
# Ligazón permanente a este artigo
Xornadas micolóxicas en Bueu


Comentarios (0) - Categoría: Cursos, xornadas e conferencias - Publicado o 14-10-2015 07:47
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal



Contador gratis