Asociación Micolóxica Sendeiriña


Asociación Micolóxica do Val de Barcala






O meu perfil
sendeirina@yahoo.es
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 GALERIA
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Saída ó monte


Este sábado día 3 imos ter saída de Sendeiriña. Parece ser que vai ser un día chuvioso, así que non esquezades ademáis da cesta e a navalla, o chuvasqueiro e o calzado axeitado.

Sairemos ás 9:30 de diante da Casa da Cultura de Negreira, na Rúa de San Mauro. Volvemos a comer á casa, e contamos estar de volta ó redor das 14:00 h. Aínda así é recomendable levar un piscolabis para media mañá e algo de beber.


Aproveitamos para recordar que para o Obradoiro-Degustación do día 10 é preciso anotarse. Podedes facelo na saída ou escribindo un correo a sendeirina@yahoo.es




Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 31-10-2012 17:31
# Ligazón permanente a este artigo
Máis de 20.000 visitas no noso blog


E mentres andabamos polo monte, clasificando e ás voltas coa exposición, o noso blog acada as 20.000 visitas!!

Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 30-10-2012 15:51
# Ligazón permanente a este artigo
Xornadas micolóxicas en Bueu



















Deixamos o cartaz destas xornadas organizadas pola Asociación Micolóxica Naturalista Liboreiro de Bueu
Comentarios (0) - Categoría: Cursos, xornadas e conferencias - Publicado o 30-10-2012 15:42
# Ligazón permanente a este artigo
Outono micolóxico en Negreira


Esta semana foron moitas as persoas que nos escribiron para preguntar polas actividades da Asociación. Facemos un recordatorio do máis inmediato:

- Conferencia: Xoves día 25, 21:00 horas. No Auditorio da Casa da Cultura de Negreira. “Algúns cogomelos comestibles e as súas posibilidades de confusión” a cargo de J.M. Costa Lago, de Pan de Raposo.


- Saída ó monte: Sábado 27, ás 9:30 de diante da Casa da Cultura de Negreira, na Rua de San Mauro, para a recollida de especies para a exposición. Saída en coches particulares. Será preciso levar bocadillo, para o xantar.
(Pola tardiña montaxe da Exposición. Confirmaremos hora e lugar nos próximos días)

- Domingo 28: Exposición nas Casetas do Pazo do Cotón de 11:00 a 14:00 horas.



Recordamos que para ningunha das actividades hai que inscribirse, salvo para o obradoiro-degustación do día 10.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 24-10-2012 18:34
# Ligazón permanente a este artigo
Recomendacións para a recollida de especies para a Exposición


Este domingo vai ter lugar a Exposición micolóxica da Asociación Micolóxica Sendeiriña.

Á hora de saír o monte dende Sendeiriña sempre pretendemos concienciar a todos, de que a mellor fórmula é a do respecto e o coidado medioambiental. Unha conducta irrespetuosa co medio perxudica non só ó noso entorno senón tamén a nós mesmos. Recordemos: "Pan para hoxe, fame para mañá"

Con motivo da Exposición, moitos socios, socias e amigos/as da asociación sairán o monte para axudarnos a ter un número importante de especies, e por iso, nos gustaría facer unhas pequenas recomendacións para que o noso entorno non se vexa prexudicado.

RECOMENDACIÓNS RECOLLIDA DE COGOMELOS PARA A EXPOSICIÓN:


1.- Os cogomelos deberan recollerse enteiros. Con moito coidado e sen escrabellar na terra métese o coitelo ou a navalla e con un xiro de pulso despréndese o cogomelo. Recordade: EXTRACCIÓN COIDADOSA!! Evitarase arrincar parte do micelio e por suposto usar rastrillos ou alterar o entorno no que se encontre o cogomelo.

2.- Para a recollida nunca deberán usarse bolsas de plástico. Os cogomelos son moi delicados, dentro da bolsa estragaríanse. Se alguén ten unha caixa con separadores sería ideal para aquelas especies que son pequenas e que se metemos na cesta serían aplastadas por outras.Levar un anaco de papel de aluminio tamén é moi práctico, e con este sistema e con un pouco de auga os cogomelos poden conservarse varios días na neveira.

3.- Collerase so un ou dous exemplares de cada especie, escollendo aquelas que se encontren en mellor estado, podendo ser un exemplar novo e outro maduro. Aínda que encontredes moitos exemplares dunha mesma especie, o espazo que temos para a exposición é limitado polo que non poderán poñerse todos.

4.- Evitaranse aqueles cogomelos que xa estean pasados, parasitados ou os que non se encontren enteiros. Estes mellor deixalos no monte e que sigan cumplindo coa súa función ecolóxica.

5.- O criterio é que deben ser exemplares que presenten as características típicas para unha fácil identificación. A exposición pretende ser un espazo didáctico e se os cogomelos non son representativos da especie non servirá de moito.

6.- Tódolos cogomelos que se descarten e que finalmente non sexan expostos, deberán ser devoltos ó monte, evitando tiralos nos contedores do lixo.

7.- Recomendamos tamén que como en calquera saída, non vaiades sós ó monte e que se o facedes levedes con vós un teléfono móbil deixando indicacións do sitio ó que tendes pensado ir.


Aproveitamos para poñer a foto desta especie que atopamos na última saída de Sendeiriña. Trátase dun Mutinus caninus, un cogomelo cun curioso nome común: Falo perruno.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 24-10-2012 16:39
# Ligazón permanente a este artigo
Semana micolóxica galega en Riveira
Comentarios (0) - Categoría: Cursos, xornadas e conferencias - Publicado o 24-10-2012 13:58
# Ligazón permanente a este artigo
Xornadas Micolóxicas en Monforte de Lemos


Dámoslle difusión ás Xornadas Micolóxicas da Agrupación Os Lactouros de Monforte de Lemos, das máis antigas de Galicia, xa van pola edición número 34...


http://www.paxinasgalegas.es/fiestas/xxxiv-xornadas-micolóxicas-monforte-de-lemos-4566.html

Programa 2012:


Lunes 29 de Octubre, a partir de las 20.00 horas se procederá a la apertura de las jornadas y degustación de vino de Espasantes y Amandi.

Martes 30, apertura de la exposición de cogomelos a partir de las 20.00 horas en la Casa da Cultura.

Miércoles 31, a las 15.30 horas tendrá lugar la salida al campo, y a las 20.00 horas charla-conferencia, Usos medicináis e outras aplicacións dos fungos, a cargo de Julián Alonso, licenciado en veterinaria y doctor en ciencias biológicas, miembro de la Asociación Micolóxica Lucus.

Jueves 1 de Noviembre, tendrá lugar la salida al campo para la recolección de setas a partir de las 15.00 horas.

Viernes 2, a las 15.30 horas tendrá lugar la salida al campo, y a las 20.30 horas charla-conferencia, As Cantareláceas de Galicia , a cargo de Jaime Bernardo Blanco-Dios, ingeniero agrónomo de la Asociación Micolóxica Brincabois. A las 22.00 horas degustación de cogomelos para los socios.

Sábado 3, en esta jornada tendrá lugar el Concurso de Cestas de Cogomelos Comestibles que se llevará a cabo a partir de las 18.00 horas en la Casa da Cultura.

Domingo 4, este día tendrá lugar la Comida de Clausura de las XXXIV Xornadas Micolóxicas 2012.
Comentarios (0) - Categoría: Cursos, xornadas e conferencias - Publicado o 23-10-2012 15:07
# Ligazón permanente a este artigo
Outono Micolóxico de Vilagarcía














Preciosisimos os carteis deste ano da Agrupación Micolóxica A Cantarela de Vilagarcía.

Aquí queda o enlace do seu Outono Micolóxico.

http://www.cantarela.org/outono.php

















Comentarios (0) - Categoría: Cursos, xornadas e conferencias - Publicado o 23-10-2012 14:35
# Ligazón permanente a este artigo
Xornadas Micolóxicas en Orazo




E van pola X edición.

http://www.berenguela.com/xornadas-micoloxicas-en-orazo-a-estrada-durante-todo-el-otono/2012-10-19

As xornadas arrancarán o día 28 de outubro cunha saída ó monte e unha degustación dos cogomelos recollidos. A salida farase do Local Social de Orazo.

Despois do 28 de outubro as seguintes saídas serán o 1, 11 e 25 de novembro e o 6 e 8 de decembro.

Programación 2012


-1 de novembro: Ricardo Torrijos fará unha elaboración de receitas no Local Social de Orazo.

-11 de novembro: Asiste o micólogo Fernando de la Peña e tamén se fará unha degustación na Vinoteca Maceira.

-25 de novembro: Fernando de la Peña acompañara na salida a recoller os cogomelos e cociñaranse na Casa da Botica.

-6 de decembro: degustación no bar Trecola de Bandeira.

-8 de decembro: última saída para recoger cogomelos ás 09.30 horas e degustación no Local Social de Orazo.

Comentarios (0) - Categoría: Cursos, xornadas e conferencias - Publicado o 23-10-2012 11:52
# Ligazón permanente a este artigo
Non damos feito!!
Estes días cheganos tanta información de novos cursos, xornadas, feiras, exposicións, que non damos feito a colgalas no blog. Aquí deixámosvos varias convocatorias cos seus correspondentes enlaces:

CULLEREDO:

XVIII Curso de Micoloxía entre o 7 e o 10 de novembro, a partir das 20:00 horas.

http://www.culleredo.org/

CERCEDA:

Xornada micolóxica. 27 de outubro. (Charla, saída, xantar e exposición)

http://www.cerceda.org/actualidade/nova.php?id=2045&lg=gal

OROSO:

Xornadas micolóxicas. 3 e 4 de novembro.

http://www.concellooroso.com/show_content.php?section=4&subsection=52&content=1676&PHPSESSID=b7d83e2e218cd17abdc56741745091d7

MOS:

Xornadas micolóxicas. Do 30 de outubro ó 11 de novembro.

http://www.mos.es/mos-ultima-os-detalles-das-suas-ix-xornadas-micoloxicas/


O ROSAL:

Charla e saída ó monte. 27 de outubro.

http://www.concellodorosal.es/portal/images/stories/2012/xornada%20cogumelos.png

Comentarios (0) - Categoría: Cursos, xornadas e conferencias - Publicado o 23-10-2012 09:27
# Ligazón permanente a este artigo
Víctima mortal por consumo de cogomelos en Barcelona.
Parecía que este ano non iamos ter que falar de intoxicacións, pero dende Cataluña chéganos a nova dunha víctima mortal por consumo de cogomelos venenosos.

Polo que lemos no xornal, un home de 47 anos veciño de Sant Sadurní d'Anoia (Barcelona), faleceu o pasado mércores no Hospital de Bellvitge de L'Hospitalet de Llobregat, despois de consumir cogomelos venenosos.

Non se di que especie foi a que causou a intoxicación, pero fálase da imposibilidade de facer un transplante de fígado...

Novas coma estas tinxen de negro a micofilia e fannos recordar o risco que corremos na práctica da nosa afición.

Os nosos desexos de que non se volvan repetir novas coma esta.


http://www.lavanguardia.com/sucesos/20121018/54353210225/hombre-muere-ingerir-setas-venenosas.html
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 22-10-2012 14:05
# Ligazón permanente a este artigo
Exposición de Lucus








A primeira fin de semana de novembro acumúlasenos o choio. E por se xa era dificil decidirse, os de Lucus tamén engaden a súa EXPOSICIÓN!! (o de Exposición vai en maiúsculas, porque menuda exposición!!)

Deixamos conta do cartaz e o enlace.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 20-10-2012 15:51
# Ligazón permanente a este artigo
E por fin,... chega o Outono Micolóxico de Sendeiriña


Xa esta aquí!! Recen saidiño da imprenta. Este é o cartel deste ano do Outono Micolóxico de Sendeiriña.

Non fomos os últimos, pero case... A maiores destas actividades tódolos fins de semana temos saídas micolóxicas a zonas de preto, só tendes que enviar un correo a Sendeiriña para estar informados!!

E para calquer outra novidade...PERMANEZAN ATENTOS ÁS SÚAS PANTALLAS!!



Seica na foto se ve moi pequeno, deixamos o listado para os que estades un pouco pitoños:

IV Outono Micolóxico NEGREIRA 2012


EXPOSICIÓN NAS CASETAS DO COTÓN:

Domingo día 28 de outubro.

Casetas do Pazo do Cotón de 11:00 a 14:00

EXPOSICIÓN NOS CENTROS EDUCATIVOS:

Luns día 29 de outubro.

SAÍDA MICOLÓXICA.

Sábados, día 27 de outubro e 3 de novembro . Saída de diante do Casa da Cultura de Negreira ás 9:30. Consultar maís saídas micolóxicas no blog da Asociación.

CONFERENCIA

25 de outubro. 21:00 horas J.M. Costa Lago. “Algúns cogomelos comestibles e as súas posibilidades de confusión”

CONFERENCIA

Xoves 8 de novembro. 21:00 horas J.M. Traba Velay. “O xénero Russula en Galicia”

OBRADOIRO-DEGUSTACIÓN

Sábado día 10 ás 20:00 horas, no Instituto Vello de Negreira, a cargo de Suso Puñal (Restaurante O Rueiro – Vilaserío).



Comentarios (0) - Categoría: Cursos, xornadas e conferencias - Publicado o 19-10-2012 14:34
# Ligazón permanente a este artigo
Feira de Cogomelos das Pontes.



Deixamos o cartaz da Feira deste ano de Cogomelos das Pontes, que curiosamente se viña celebrando sempre o día un de novembro, pero este ano se cambia para o domingo día 4.

Tamén damos conta das bases do concurso de cestas:








BASES PARA A PARTICIPACIÓN NO CONCURSO DE FUNGOS

Domingo ,4 de novembro de 2012

1ª O Concurso de Fungos de As Pontes organízase co desexo de fomentar a afección á micoloxía e ter un coñecemento máis exacto das especies micolóxicas da zona.


2ª Para concursar deberán presentarse exemplares dun mínimo de 10 especies distintas de cogomelos silvestres. Os concursantes deberán identificalos e poñer nome nos cogomelos que presenten. Na presentación non se empregarán especies protexidas. Os concursantes deberán ter cando menos 18 anos que acreditarán presentando o DNI. Cada persoa só poderá participar cunha cesta.



3ª O xurado estará formado por persoas entendidas na materia que valorarán a clasificación, estado e variedade das especies presentadas. Ademais no premio especial atenderase a presentación e exemplares máis raros.

4ª As inscricións poderán realizarse no Dpto. de Cultura antes da feira no telf. 981 44 03 44 ou correo cultura@aspontes.org ata o venres 2 de novembro ás 14:00h (deberán ter confirmación do Dpto. De cultura da inscrición na feira), e o día da feira ata as 10.30h. Para a admisión de inscricións terase en conta a adaptación á infraestructura e xestión da feira, polo que no caso de que o número de participantes sexa superior ás prazas dispoñibles, a selección das cestas participantes farase por orde de inscrición.



5ª A presentación a concurso será dende as 10.00h ata as 11.00h na Praza de América, a partir desta hora, momento no que o xurado comezará a facer a valoración das cestas, non se admitirán máis participantes.


6ª Os concursantes deberán manter a súa exposición particular ata alomenos as 14.00h, procedendo seguidamente a retirar os exemplares.

Dende o momento de presentación da cesta ata a total recollida da mesma o concursante será responsable do contido da mesma.



7ª O xurado reservase o dereito de declarar deserto algún dos premios e as súas decisións serán inapelables. A participación neste concurso implica a aceptación das bases.



PREMIOS


1º premio: 300 euros

2º premio:180 euros

3º premio:120 euros

4º premio: 80 euros

5º premio: 60 euros

Premio especial 300€



Premio de 20 € a todos os participantes non premiados nas anteriores categorías, e que cumpran co establecido nestas bases.

De Escritorio


http://www.aspontes.com/gal/as-pontes/novas/get/362
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 18-10-2012 13:13
# Ligazón permanente a este artigo
Xornada Micolóxica no Valadouro



Deixamos o enlace e a información sobre esta Xornada Micolóxica no Valadouro, para o próximo 27 de outubro.

"O sábado 27 de outubro volve un ano mais o día dedicado aos cogumelos no Concello do Valadouro. Cada ano somos máis xente os que subimos ao monte o sábado para aproveitar un estupendo día de natureza na Fraga Vella. Jesús Blanco un dos máis veteráns micólogos da bisbarra supervisa a xornada dándonos maxistrais leccións sobre o mundo dos hongos e moitas máis cousas dese ecosistema tan rico.
Tes a opción de sair ao monte e/ou cear. Só cobramos a cea, 15 € por unha abundante e variada degustación micolóxica. A afección a xornada cada vez vai en aumento, así que inscríbete o antes posible. Podes inscribirte na OMIX, 982571516 ou na cafetería da Casa da Cultura"


Comentarios (1) - Categoría: Cursos, xornadas e conferencias - Publicado o 18-10-2012 11:40
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2]
© by Abertal



Contador gratis