Asociación Micolóxica Sendeiriña


Asociación Micolóxica do Val de Barcala






O meu perfil
sendeirina@yahoo.es
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 GALERIA
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Un cogomelo de máis de 5 quilos de peso
Case tódolos anos aparece no telexornal unha nova coma esta, a de alguén que atopa un cogomelo xigante... Seguramente se trate dunha Langermannia gigantea (Batsch.: Pers.)Rostk. unha especie que precisamente é facil de recoñecer polo seu tamaño. É comestible cando é nova, xa que despois ablándase e ten un sabor e un olor desagradable.

Aínda que no video se di que mide 1,44 de diámetro,... refírese ó perímetro, porque con 1,44 de diámetro o señor non a ía dar collido...


agalega.info - Videos das noticias dos informativos da TVG
Comentarios (0) - Categoría: Curiosidades micolóxicas - Publicado o 29-10-2009 18:37
# Ligazón permanente a este artigo
Sendeiriña na prensa
Como non saímos tódolos días na prensa, deixamos constancia da noticia que saiu na Voz do día 24.

Los amantes de la micología sacan partido a los días de lluvia en los montes del Val de Barcala

Autor: E. F.
Fecha de publicación: 24/10/2009

Las lluvias y la elevada humedad de los últimos días hacen presagiar una excelente temporada de recogida de setas entre los aficionados a la micología del Val de Barcala. Prueba de ello es que los miembros de la recientemente constituida asociación micolóxica Sendeiriña Nicraria Tamara, de Negreira, anden estos días más ocupados de lo normal buscando ejemplares de cogumelos por los montes y prados de la comarca.
Parte de los ejemplares recolectados pueden contemplarse en la exposición que estos días llevan a cabo en la villa. Ayer, en el instituto Xulián Magariños, y mañana, en las casetas del pazo do Cotón para el público en general que acuda a la feria.
Destaca por encima de todas, un enorme ejemplar de Xerocomus, compuesto por diez partes y que es comestible, que según cuenta María Carmen Collazo «foi atopada a carón da escola de Agrón». Hay infinidad de tipos de setas, todas clasificadas por su variedad, y si son o no comestibles, o bien son tóxicas. Un trabajo arduo realizado por sus miembros, entre ellos su socio número uno, Amador Rodríguez Troncoso, un gran experto micológico.
La muestra negreiresa exhibe tipos de setas como la Fistulina hepática, una especie que es comestible y que se reproduce en los troncos de los carballos. No faltan las Amanitas muscaria, fulva, o las de la variedad verna y citrina, ambas tóxicas. De lo más abundantes las Lactarius deliciosus, cuyo nombre lo indica todo, o la Russula emética y la nicricans, estas dos últimas no comestibles.
Hoy completarán la exposición que se podrá ver mañana en la feria con una nueva recolección en los montes de la comarca de Barcala, si bien han contado con la colaboración de muchos alumnos del instituto, «que incluso saíron ao monte cun profesor para recoller eles mesmos as setas, e outros trouxéronas das súas zonas axudados polos seus pais».

http://www.lavozdegalicia.es/santiago/2009/10/24/0003_8058232.htm
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 28-10-2009 18:13
# Ligazón permanente a este artigo
Xornadas micolóxicas en San Xenxo



Facémonos eco destas Xornadas Micolóxicas en San Xenxo, organizadas pola Concellería de Medio Ambiente do Concello, pero impartidas por membros da Agrupación micolóxica A Cantarela.


Aquí queda o enlace:

http://www.sanxenxo.es/?idMenu=67&int1=134
Comentarios (0) - Categoría: Cursos, xornadas e conferencias - Publicado o 28-10-2009 17:35
# Ligazón permanente a este artigo
I Exposición Micolóxica en Negreira

Xa están colgadas as fotos da Exposición da semana pasada. Podedes velas pinchando neste enlace:

http://www.blogoteca.com/sendeirinha/index.php?gal=2719
En total foron as seguintes especies:
1. Xerocomus Badius
2. Xerocomus chrysenteron
3. Tricholomopsis rutilans
4. Tricholoma saponaceum
5. Tricholoma columbeta
6. Tremella mesenterica
7. Trametes versicolor
8. Suillus bovinus
9. Stropharia aurantiaca
10. Stereum hirsutum
11. Sparassis crispa
12. Scleroderma verrucosum
13. Scleroderma citrinum
14. Schizophyllum commune
15. Russula sardonia
16. Russula ochroleuca
17. Russula nigricans
18. Russula laurocerasi
19. Russula emetica
20. Russula cyanoxantha
21. Psatyrella candolleana
22. Polyporus tuberaster
23. Pisolithus arhizus
24. Phallus impudicus
25. Paxillus involutus
26. Mycena seynesii
27. Mycena epipterygia
28. Marasmius oreades
29. Marasmius androsaceus
30. Macrolepiota procera
31. Lycoperdon perlatum
32. Leucocoprinus brebissonii
33. Lepista sordida
34. Lepiota aspera
35. Lactarius vellereus
36. Lactarius Sanguifluus
37. Lactarius quietus
38. Lactarius deliciosus
39. Lacrymaria lacrymabunda
40. Laccaria laccata
41. Laccaria bicolor
42. Laccaria amethystina
43. Inocybe calamistrata
44. Hypholoma fasciculare
45. Hydnum rufescens
46. Hydnum repandum
47. Higrophoropsis aurantiaca
48. heterobasidium annosum
49. Gymnopus dryophilus
50. Gimnopilus spectabilis
51. Fistulina hepatica
52. Descolea maculata
53. Cortinarius glaucopus
54. Clitopilus prunulus
55. Ciathus striatus
56. Chroogomphus rutilus
57. Cantharellus tubaeformis
58. Cantharellus melanoxeros
59. Cantharellus cibarius
60. Calocera viscosa
61. Boletus rubellus
62. Boletus fragrans
63. Boletus erythropus
64. Boletus edulis
65. Armillaria mellea
66. Amanita vaginata
67. Amanita rubescens
68. Amanita phalloides
69. Amanita pantherina
70. Amanita muscaria
71. Amanita fulva
72. Amanita citrina
73. Aleuria aurantia
74. Agaricus campestre

A este listado teriamos que añadir as especies ás que non conseguimos poñerlle apelido:

75. Mycena (posiblemente Mycena pura)
76. Cortinarius. (especie con tons violaceos)
77. Cortinarius (outra especie que non coñecíamos)
78. Inocybe (dous ejemplares)
79. Agaricus (posiblemente un deles o Agaricus Alberti)
80. Agaricus (outro deles de gran tamaño tamén sen identificar)
81. Hygrocibe (un deles posiblemente Hygrocibe conica)
82. Hygrocibe (outros dous sen identificar)
83. Marasmiellus (posiblemente albuscorticis pero sen seguridade)

E por último engadir dúas máis que pola súa delicadeza non chegaron á exposición do domingo anque si estiveron na do venres:

84. Coprinus comatus
85. Coprinus atramentarius

En total, foron case 90 especies que para ser a primeira vez e sobre todo tendo en conta que nos tres días anteriores non parou de chover, está bastante ben.

En canto ó tema da chuvia, temos que dicir que proximamente declararase un novo tipo de gripe: a gripe M. é aquela que colle todo afeccionado á micoloxía cando sae o monte provisto de botas, polainas, chuvasqueiro, paraugas e gorro e a pesar de todo a auga lle chega ata os osos... e aínda así o afeccionado pasa o día enteiro no monte cun breve descanso para tomar un tentenpie... Maneiriña de chover o sábado!!! que molladura!!!

En fin, que a experiencia estivo moi ben. Penso que tódolos que participamos acabamos moi contentos e con moitas ganas xa de pensar na do ano que ven. Graciñas a tódolos socios e a todas aquelas personas que colaboraron.

Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 27-10-2009 19:03
# Ligazón permanente a este artigo
VII Xornadas Micolóxicas en Orazo






Na primeira semana de novembro van ter lugar ás VII Xornadas Micolóxicas en Orazo.

Deixovos un enlace da programación que inclúe curso de iniciación, saída ó monte, exposición, xantar e ata foliada!!!

http://www.cotomanguelo.aestrada.com/images/stories/micoloxicas/2009/diptico%20micoloxicas%202009.pdf
Comentarios (0) - Categoría: Cursos, xornadas e conferencias - Publicado o 27-10-2009 12:43
# Ligazón permanente a este artigo
IX Xornadas Micolóxicas da Costa da Morte
Os próximos días 31 de outubro e 1 de novembro celébranse as Xornadas Micolóxicas da Costa da Morte.

As xornadas inclúen saídas guiadas ó monte, charlas, degustación e unha exposición que durará os dous días e que se levará a cabo na Escola Municipal de Musica de Cee.

Deixovos un enlace da páxina da Asociación micoloxica naturista Pan de Raposo, que son os organizadores das Xornadas, así como a programación dos dous días.

www.panderaposo.es
Comentarios (0) - Categoría: Cursos, xornadas e conferencias - Publicado o 26-10-2009 15:53
# Ligazón permanente a este artigo
XX Feira de Fungos e Cogomelos nas Pontes




O próximo día 1 de novembro, día de tódolos santos, celébrase nas Pontes unha Feira de Fungos e Cogomelos que xa vai pola edición número 20.

Algúns socios de Sendeiriña, que teñen visitado noutras ocasións esta feira, infórmannos de que está moi ben e de que a exposición que se fai é digna de ver.

Ademáis nos bares e restaurantes faise degustación con platos e diversos manxares a base de cogomelos.

Poñemos unha foto do cartel que é moi orixinal e tamén un enlace do concurso de cestas que fan, por se alguén quere animarse a participar.


http://www.aspontes.com/gal/as-pontes/novas/get/111
Comentarios (0) - Categoría: Cursos, xornadas e conferencias - Publicado o 23-10-2009 13:42
# Ligazón permanente a este artigo
Na prensa de onte
Na Voz de onte aparece unha referencia á exposición micolóxica desta semana. Finalmente non puxeron foto, pero poñemos esta que nos achegou unha socia con todalas fases dunha saída: recolección, clasificación, gastronomía,...

Preséntase no Val de Barcala a asociación micolóxica Sendeiriña cunha exposición en Negreira

A asociación micolóxica Sendeiriña Nicraria Tamara fará a súa posta de longo cara ao público cunha exposición micolóxica en Negreira este venres 23 e domingo 25, contando coa colaboración do Concello e mailos alumnos do instituto Xulián Magariños. Este novo colectivo xurde trala realización dun curso sobre micoloxía o pasado ano no Val de Barcala.
Co obxectivo de achegar o mundo micolóxico a todas as persoas interesadas, o venres informan que poderase visitar na entrada do instituto Xulián Magariños, pola mañá en horario lectivo e pola tarde de 17 a 19.30 horas, a exposición que serve de presentación ao público deste colectivo que agrupa aos numerosos afeccionados á micoloxía. Xa o domingo 25 pola mañá, a mostra trasladarase á Carreira de San Mauro, onde no exterior das casetas do Pazo do Cotón poderá visitarse a partir das 11 horas e ata o remate da feira dominical. Todas as persoas que queiran colaborar poden facelo achegándose o xoves ao instituto a partir 17.00 horas.

http://www.lavozdegalicia.es/santiago/2009/10/20/0003_8048486.htm
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 21-10-2009 11:35
# Ligazón permanente a este artigo
Xa podes formar parte de Sendeiriña
Deixamos aquí unha folla de inscripción para tódos aqueles interesados en formar parte da Asociación.

É preciso tamén que nos fagades chegar unha foto (para o carné de socio) e os 10 euros de cota anual (aínda non temos número de conta polo que estes terán que ser entregados á nosa tesoureira polo método tradicional, esto é: en man.)

http://spreadsheets.google.com/ccc?key=0AgX3MWPwCC1_dGh4WERVNWJxdkY0V3dzRUxEbTFTdUE&hl=es

O enlace é de GoogleDocs, para acceder debedes ter conta en gmail. A folla cuberta podedes enviala a sendeirina@yahoo.es. Lembrade que temos problemas coa letra ñ na rede e o enderezo é coa letra n.
Comentarios (0) - Categoría: Papeleos e outras burocracias - Publicado o 20-10-2009 14:50
# Ligazón permanente a este artigo
Exposición micolóxica en Negreira
Con motivo da exposición que imos facer os días 23 e 25 de outubro deixamos aquí a programación de saídas e actividades para esta semana para que tanto socios como interesados que queiran participar podan unirse a nós:

PROGRAMACION ACTIVIDADES PRÓXIMA SEMANA:

- MERCORES 21 ás 16:30. Saída ó monte en busca de especies para a exposición. A saída é dende a Casa da Cultura e iremos a sitios de preto.

- XOVES 22 ás 17:00. Clasificación e colocación da exposición no Instituto de Negreira.

- VENRES 23. Exposición pola mañá en horario lectivo e pola tarde aberta ó público de 17:00 a 19:30.

- SÁBADO 24. Saída todo o día (hai que traer o xantar), hai posibilidade de que nos acheguemos a algún sitio de costa, aínda por decidir. Saímos ás 10:00 da Casa da Cultura.

- DOMINGO 25. Exposición na feira. Quedaremos sobre as 10 da maña para montar todo, e remataremos a eso da 1 ou 1:30.

Invitamos a tódalas persoas que queiran colaborar, participar nas saídas, na clasificación, etc, ou que querian máis información sobre a exposición a que se poñan en contacto con nós a través do enderezo senderina@yahoo.es
Comentarios (0) - Categoría: Cursos, xornadas e conferencias - Publicado o 17-10-2009 13:36
# Ligazón permanente a este artigo
I Xornadas sobre Micogastronomía


Facémonos eco destas Xornadas que van ter lugar os días 23, 24 e 25 en Lugo e que están organizadas pola Sociedade Micolóxica Lucus.

Ó longo dos tres días haberá conferencias, saídas o campo e clases teórico-prácticas sobre a preparación, o tratamento e a conservación dos fungos.

A asistencia é gratuíta pero é preciso inscribirse no seguinte enderezo:smlucus@msn.com ou ben no teléfono 676 750 812


Comentarios (0) - Categoría: Cursos, xornadas e conferencias - Publicado o 15-10-2009 14:18
# Ligazón permanente a este artigo
Euromillón micolóxico
Ter a oportunidade de coñecer un micólogo que lle poña o nome a unha nova especie é algo que non pasa tódolos días.

Ter a oportunidade de escoitar unha conferencia del sobre o xénero do que é especialista é unha auténtica sorte.

Encontrar a seta que leva o seu nome é unha fortuna, sobre todo tendo en conta que a seta aparece tan só uns días ó ano e despois desaparece e non hai posibilidade de vela noutras épocas.

Pero ir ó monte, co micologo en cuestión e encontrar a seta en cuestión é algo así como que che toque o euromillón micolóxicamente falando.

Pois esto é o que vedes na foto. Jaime Blanco Dios, sostén na súa mán un Leucocoprinus castroi Blanco Dios, especie descrita por el por primeira vez e á que lle puxo ese nome en homenaxe á Marisa Castro.

Se queredes coñecer máis desta especie póñovos este enlace da Universidade de Vigo:
http://webs.uvigo.es/micoloxia/leucocoprinus-castroi.htm

Pois o dito, que esto micolóxicamente falando debe ser o máis parecido a que che toque o euromillón... que sorte tivemos!!
Comentarios (0) - Categoría: Curiosidades micolóxicas - Publicado o 15-10-2009 13:41
# Ligazón permanente a este artigo
Círculos perfectos

Non é dificil atopar os famosos "corros de bruxas", pero ver dous cícrulos tan perfectos e ademáis de Macrolepiotas é todo un espectáculo!

Un socio de sendeiriña, achéganos esta foto, que nos confirma que estamos en plena temporada, e que o monte neste momento é un espectáculo total!
Comentarios (1) - Categoría: Curiosidades micolóxicas - Publicado o 15-10-2009 11:16
# Ligazón permanente a este artigo
V Encontro Internacional de Micoloxía do Arco Atlántico

Os días 9,10,11 e 12 de outubro, 5 membros da asociación tivemos o privilexio e o enorme pracer de participar no V Encontro Internacional de Micoloxía do Arco Atlántico que tivo lugar este ano 2009 na cidade de Ferrol.

Foi unha experiencia incrible na que coñecemos a moitisima xente coa mesma afición que a nosa e na que ademáis poidemos codearnos coa "creme de la creme" da micoloxía nacional.

Ó encontro acudiu xente de Asturias, Cantabria, Extremadura, Palencia, Madrid, Portugal, e por suposto de Galicia.

Trouxémonos para casa moi boas vibracións e tamén a sensación de que inda temos moito pero moito que aprender.

Póñovos unha foto de familia que sacamos o último día para que quede para a posteridade.

Ata dentro de 2 anos non se volverá a facer outra cousa semellante. Será en Cantabria no 2011.
Comentarios (0) - Categoría: Cursos, xornadas e conferencias - Publicado o 13-10-2009 17:43
# Ligazón permanente a este artigo
Novo libro galego sobre cogomelos
Acaba de aparecer nas librarías un novo libro sobre cogomelos escrito en galego.

Neste caso trátase non dunha guía típica para a identificación de especies galegas, senón dunha aproximación ás propiedades mediciñais dos fungos.

Titúlase COGOMELOS MEDICIÑAIS e está escrito por Alejandro Mínguez González, un micólogo da zona de Celanova.

Pode encontrarse nunha edición en galego, pero tamén en castelán, as portadas de un e outro son distintas, a que aquí poñemos é a portada en galego.

Teremos que botarlle un ollo...

Comentarios (2) - Categoría: Publicacións - Publicado o 07-10-2009 16:01
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2]
© by Abertal



Contador gratis