Asociación Micolóxica Sendeiriña


Asociación Micolóxica do Val de Barcala






O meu perfil
sendeirina@yahoo.es
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 GALERIA
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Posible Pluteus leoninus (Schaeff.) P. Kumm.


O outro día navegando pola rede, en concreto polo facebook da Sociedade Micolóxica Lucus, (que aproveitamos para recomendar, polas impresionantes fotos coas que contan), atopámonos cun cogomelo ben curioso, dunha bonita cor amarela, que talmente parecía que estivera pintada cun deses rotuladores fosforitos cos que acostumábamos a suliñar os apuntes na escola.

Pois ben, despois de ver a foto, quedounos un roe-roe na cabeza, coa impresión de que algunha vez tiñamos visto algo parecido... e efectivamente, despois de buscar e buscar no baul dos recordos encontramos a proba documental que deixa constancia de que algún día tiñamos atopado un cogomelo que, senón é o mesmo, é moi semellante.

Podería tratarse, de ser a mesma especie, dun Pluteus leoninus (Schaeff.) P. Kumm. que presenta un sombreiro dunha cor amarela intensa como pode apreciarse na foto. Medra sobre polas caídas de planifolios e tamén en coníferas e normalmente faino de forma illada. O único exemplar que atopamos medraba precisamente neste hábitat. Foi no ano 2006, xa choveu dende aquela, o día do Pilar, 12 de outubro, e o sitio é a Fraga de Catasós no concello de Lalín, así que de momento o recén descuberto cromo imos ter que deixalo no apartado de Especies inda non atopadas no Val de Barcala.

Por certo, dinos a xente de Lucus, que de retocadas nada, que as fotos que colgan na súa páxina, son tal cual, e que se os cogomelos que aparecen son impresionantes é porque así se presentan na natureza. Aproveitamos para mandarlles un saúdo e para recomendarvos que visitedes as súas páxinas:

http://www.smlucus.org/

e para atopalos no facebook tendes que buscar Sociedade Micoloxica Lucus en www.facebook.es
Comentarios (3) - Categoría: Especies que inda non atopamos no Val de Barcala - Publicado o 30-01-2011 15:22
# Ligazón permanente a este artigo
Novo blog de cociña micolóxica
Dende Ourense, chéganos unha invitación para que visitemos este blog sobre Cociña de Cogomelos, a cargo de Conchi Zuñiga, socia da Asociación "Os Cogordos".

Merluza ó forno con cogomelos, sopa de sendeiriñas, ovos de codorniz trufados sobre cama de crema de calabacín,... son algunhas das delicatessen que podemos encontrar nesta novidosa páxina... e só de ver as fotos faisenos a boca auga.

Deixámosvos o enlace e tomade nota porque algunhas destas receitas imos ter que probalas...

http://www.cocinandosetas.com/

De fotos e debuxos do blog
Comentarios (1) - Categoría: Gastronomía - Publicado o 24-01-2011 22:45
# Ligazón permanente a este artigo
Precisamos axuda
En decembro do ano pasado e en plena ola de frío atopamos estes exemplares, seguramente pertencentes ó xénero Amanita, pero que non damos identificado.

Eran de cor branco, e dicimos eran, porque non nos quedamos con ningún exemplar, nin tampouco temos máis datos que a proba fotográfica que vedes.

O peculiar destes exemplares é o pe tan sinuoso, e a volva que se desfai con facilidade e que deixou restos tamén no sombreiro. Como vedes son exemplares moi novos o anel cubre as lamelas.

A ver se alguén nos pode botar un cable para a súa identificación.

Graciñas.

Comentarios (0) - Categoría: Identificacións - Publicado o 12-01-2011 11:52
# Ligazón permanente a este artigo
Arrhenia rickenii (Hora) Watling
Para empezar o ano, en Sendeiriña queremos presentarvos unha pequena especie que non tivemos o gosto de atopar no Val de Barcala, senón no Concello do Grove a escasos metros dunha zona de praia.

Trátase dunha especie que identificamos como Arrhenia rickenii (Hora) Watling, e que se caracteriza por ese pequeno tamaño e pola súa semellanza coas especies do xénero Omphalina.Parécenos que pode tratarse desta especie porque as lamelas son moi peculiares, moi anchas e separadas,... pero aceptamos calquera suxerencia.

Os exemplares da foto medraban entre brións nun balado de cemento.

É unha especie pouco frecuente segundo se di no libro Cogomelos de Galicia, e ademáis propia de terreos calcarios, polo que vai resultar difícil atopala polos nosos lares.

Deixámosvos un enlace para que coñezades un pouco máis este cogomelo:

http://micoex.org/content/view/149/


De Arrhenia

Comentarios (0) - Categoría: Especies que inda non atopamos no Val de Barcala - Publicado o 03-01-2011 17:31
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal



Contador gratis