Asociación Micolóxica Sendeiriña


Asociación Micolóxica do Val de Barcala






O meu perfil
sendeirina@yahoo.es
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 GALERIA
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Exposición de Lucus








A primeira fin de semana de novembro acumúlasenos o choio. E por se xa era dificil decidirse, os de Lucus tamén engaden a súa EXPOSICIÓN!! (o de Exposición vai en maiúsculas, porque menuda exposición!!)

Deixamos conta do cartaz e o enlace.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 20-10-2012 15:51
# Ligazón permanente a este artigo
E por fin,... chega o Outono Micolóxico de Sendeiriña


Xa esta aquí!! Recen saidiño da imprenta. Este é o cartel deste ano do Outono Micolóxico de Sendeiriña.

Non fomos os últimos, pero case... A maiores destas actividades tódolos fins de semana temos saídas micolóxicas a zonas de preto, só tendes que enviar un correo a Sendeiriña para estar informados!!

E para calquer outra novidade...PERMANEZAN ATENTOS ÁS SÚAS PANTALLAS!!



Seica na foto se ve moi pequeno, deixamos o listado para os que estades un pouco pitoños:

IV Outono Micolóxico NEGREIRA 2012


EXPOSICIÓN NAS CASETAS DO COTÓN:

Domingo día 28 de outubro.

Casetas do Pazo do Cotón de 11:00 a 14:00

EXPOSICIÓN NOS CENTROS EDUCATIVOS:

Luns día 29 de outubro.

SAÍDA MICOLÓXICA.

Sábados, día 27 de outubro e 3 de novembro . Saída de diante do Casa da Cultura de Negreira ás 9:30. Consultar maís saídas micolóxicas no blog da Asociación.

CONFERENCIA

25 de outubro. 21:00 horas J.M. Costa Lago. “Algúns cogomelos comestibles e as súas posibilidades de confusión”

CONFERENCIA

Xoves 8 de novembro. 21:00 horas J.M. Traba Velay. “O xénero Russula en Galicia”

OBRADOIRO-DEGUSTACIÓN

Sábado día 10 ás 20:00 horas, no Instituto Vello de Negreira, a cargo de Suso Puñal (Restaurante O Rueiro – Vilaserío).



Comentarios (0) - Categoría: Cursos, xornadas e conferencias - Publicado o 19-10-2012 14:34
# Ligazón permanente a este artigo
Feira de Cogomelos das Pontes.



Deixamos o cartaz da Feira deste ano de Cogomelos das Pontes, que curiosamente se viña celebrando sempre o día un de novembro, pero este ano se cambia para o domingo día 4.

Tamén damos conta das bases do concurso de cestas:








BASES PARA A PARTICIPACIÓN NO CONCURSO DE FUNGOS

Domingo ,4 de novembro de 2012

1ª O Concurso de Fungos de As Pontes organízase co desexo de fomentar a afección á micoloxía e ter un coñecemento máis exacto das especies micolóxicas da zona.


2ª Para concursar deberán presentarse exemplares dun mínimo de 10 especies distintas de cogomelos silvestres. Os concursantes deberán identificalos e poñer nome nos cogomelos que presenten. Na presentación non se empregarán especies protexidas. Os concursantes deberán ter cando menos 18 anos que acreditarán presentando o DNI. Cada persoa só poderá participar cunha cesta.



3ª O xurado estará formado por persoas entendidas na materia que valorarán a clasificación, estado e variedade das especies presentadas. Ademais no premio especial atenderase a presentación e exemplares máis raros.

4ª As inscricións poderán realizarse no Dpto. de Cultura antes da feira no telf. 981 44 03 44 ou correo cultura@aspontes.org ata o venres 2 de novembro ás 14:00h (deberán ter confirmación do Dpto. De cultura da inscrición na feira), e o día da feira ata as 10.30h. Para a admisión de inscricións terase en conta a adaptación á infraestructura e xestión da feira, polo que no caso de que o número de participantes sexa superior ás prazas dispoñibles, a selección das cestas participantes farase por orde de inscrición.



5ª A presentación a concurso será dende as 10.00h ata as 11.00h na Praza de América, a partir desta hora, momento no que o xurado comezará a facer a valoración das cestas, non se admitirán máis participantes.


6ª Os concursantes deberán manter a súa exposición particular ata alomenos as 14.00h, procedendo seguidamente a retirar os exemplares.

Dende o momento de presentación da cesta ata a total recollida da mesma o concursante será responsable do contido da mesma.



7ª O xurado reservase o dereito de declarar deserto algún dos premios e as súas decisións serán inapelables. A participación neste concurso implica a aceptación das bases.



PREMIOS


1º premio: 300 euros

2º premio:180 euros

3º premio:120 euros

4º premio: 80 euros

5º premio: 60 euros

Premio especial 300€



Premio de 20 € a todos os participantes non premiados nas anteriores categorías, e que cumpran co establecido nestas bases.

De Escritorio


http://www.aspontes.com/gal/as-pontes/novas/get/362
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 18-10-2012 13:13
# Ligazón permanente a este artigo
Xornada Micolóxica no Valadouro



Deixamos o enlace e a información sobre esta Xornada Micolóxica no Valadouro, para o próximo 27 de outubro.

"O sábado 27 de outubro volve un ano mais o día dedicado aos cogumelos no Concello do Valadouro. Cada ano somos máis xente os que subimos ao monte o sábado para aproveitar un estupendo día de natureza na Fraga Vella. Jesús Blanco un dos máis veteráns micólogos da bisbarra supervisa a xornada dándonos maxistrais leccións sobre o mundo dos hongos e moitas máis cousas dese ecosistema tan rico.
Tes a opción de sair ao monte e/ou cear. Só cobramos a cea, 15 € por unha abundante e variada degustación micolóxica. A afección a xornada cada vez vai en aumento, así que inscríbete o antes posible. Podes inscribirte na OMIX, 982571516 ou na cafetería da Casa da Cultura"


Comentarios (1) - Categoría: Cursos, xornadas e conferencias - Publicado o 18-10-2012 11:40
# Ligazón permanente a este artigo
Actividades micolóxicas en Pontevedra






A Asociación Micolóxica Brincabois, acheganos o cartel coas súas actividades para este outono.

Aproveitamos para darlle difusión, e tamén para colgar este enlace dunha entrevista ó seu presidente publicada fai poco no xornal Faro de Vigo.


http://www.farodevigo.es/portada-pontevedra/2012/10/07/gente-sale-monte-recoger-setas-alucinogenas-jugar-fuego/692648.html
Comentarios (0) - Categoría: Cursos, xornadas e conferencias - Publicado o 17-10-2012 18:03
# Ligazón permanente a este artigo
Cambio nas Xornadas Micolóxicas de Conxo









A actualidade electoral provoca cambios na planificación micolóxica das Xornadas micolóxicas de Conxo, que pasan a ser un só día e polo tanto "Xornada micolóxica" en singular. Todo se concentra nun so día e se suprime a presentación de diapositivas que tiña unha pinta estupenda. Que peniña! pero a actualidade manda...
Comentarios (0) - Categoría: Cursos, xornadas e conferencias - Publicado o 17-10-2012 17:38
# Ligazón permanente a este artigo
Xornadas micolóxicas en Ourense

Os Cogordos publican na súa páxina as actividades programadas para o outono.

Deixámos un enlace e un pequeno resumo:

"O domingo día 21 de outubro, realizaremos unha excursión para recoller cogomelos e pasar un día de campo todos xuntos. Os pormenores da mesma (xantar, percorrido...así como a zona onde temos pensado ir) comunicaranse nas reunións dos luns 08/10/2012 e 15/10/2012 (data improrrogable). Os que queiran asistir, teñen que inscribirse obrigatoriamente (tanto para o autocar como para a comida) como data límite o día 15.

O domingo día 4/11/2012, celebrarase o magosto micolóxico, a partires das 10:00 horas da mañá. Farémolo nos terreos da sociedade situados en Montecelo (Nogueira de Ramuín). A inscrición para asistir farase nas reunións dos luns días 15,22 e 29 de outubro, como data tope. Como outros anos a xunta directa acordou estipular unha cantidade (posiblemente 5 euros por persoa adulta) en concepto de axuda.


O domingo día 18/11/2012, terá lugar a exposición de cogomelos no Liceo de Ourense. A preparación da mesma farémola como en anos anteriores no Liceo, entre as 16:00 horas e as 21:00 horas do sábado día 17 de novembro. Prégase que os cogomelos cheguen o mellor preparados que se poida e que se entreguen ao persoal encargado da súa clasificación e colocación, antes das 17:00 horas. Tamén é conveniente traer algún musgo, follas....para acondicionar as setas o mellor posible.


Por último, o luns día 17/11/2012 farase un viño de despedida do ano, acto que terá lugar no local social."
Comentarios (0) - Categoría: Cursos, xornadas e conferencias - Publicado o 16-10-2012 22:15
# Ligazón permanente a este artigo
II Xornadas Micolóxicas en Betanzos



Neste enlace podedes atopar información sobre unhas Xornadas Micolóxicas, que van ter lugar no Concello de Betanzos, organizadas pola Asociación Xuvenil Porta da Vila.

Algunhas das actividades xa tiveron lugar, pero ós que vos quede preto, estades a tempo para chegar a algunha saída, a exposición fotográfica e á parte de cultivo de cogomelos.



Programa de actividades:


- Exposición fotográfica no Espazo Xove de Betanzos do 9 ao 31 de outubro, de luns a venres, em horário de visita de tarde.

- Curso de Micoloxía no Espazo Xove de Betanzos, do 15 ao 19 de outubro a partir das 20:00 horas.

- Saídas guiadas ao monte. Domingos 14 e 28 de outubro póla mañá.

- Cultivo de Cogumelos. Sábado 27 de outubro no Espazo Xove de Betanzos.

- Xornada Microgastronómica. Sábado 20 de outubro com cátedra de cociña, degustación, show cooking .
Comentarios (0) - Categoría: Cursos, xornadas e conferencias - Publicado o 16-10-2012 09:31
# Ligazón permanente a este artigo
Xornadas Micolóxicas de Pan de Raposo








Chegan as XII Xornadas Micolóxicas da Costa da Morte, organizadas pola Asociación Micolóxica Naturalista Pan de Raposo.

Van ser os días 3 e 4 de novembro. Deixamos conta dos carteis e o enlace para máis información









De Escritorio
Comentarios (0) - Categoría: Cursos, xornadas e conferencias - Publicado o 16-10-2012 08:28
# Ligazón permanente a este artigo
Chegan as cesareas ó Val de Barcala!!

Non hai nada de mentira no titular desta nova.
Chegaron as cesareas ó Val de Barcala, son estas que vedes na foto, peeeroooo,tranquilos!! non vos tiredes ó monte a buscalas, porque chegar chegaron, pero viñeron en coche!!!


O único que sabemos é que son da semana pasada, que non foi no Val de Barcala, e algunha pista sobre o hábitat, pero do sitio concreto, nada de nada, e seguramente non chegaremos a sabelo nunca. Varios socios de Sendeiriña, gardan o segredo como un dos seus máis preciados bens.

Felicitámolos por segundo ano consecutivo e morremos de envexa, pola emoción do achado, tanto que a Xunta Directiva de Sendeiriña valora a posibilidade de invertir os escasos fondos da Asociación en contratar un detective privado para que siga os mentados socios en cada incio de temporada...


Comentarios (0) - Categoría: Especies que inda non atopamos no Val de Barcala - Publicado o 15-10-2012 23:04
# Ligazón permanente a este artigo
Actividades de outono da Zarrota

Os compañeiros da Zarrota de Vigo publican na súa páxina as actividades previstas para este outono.

Deixámosvos un resumo e o enlace:


"LUNES MICOLÓGICOS.
Del 1 de octubre hasta el 17 de diciembre. Como en años anteriores, ofrecemos la posibilidad de acercarnos todos los lunes por el local a partir de las 19:30h hasta las 21:00h para realizar cualquier consulta sobre las setas que hayamos recogido el fin de semana y aprender con las que traigan otros aficionados. Paralelamente se desarrollarán charlas sobre temas diversos impartidas por miembros de la Agrupación. Consultar nuestra web o en el telf. Agrupación.

SALIDAS PROGRAMADAS
7 de octubre: saldremos a las 8:30 h del Sanatorio Concheiro en dirección a la zona de Barro (Pontevedra)

27 de octubre: hacia la zona de Negreira (Santiago). Saldremos a las 8:30 h del Concheiro

10 de noviembre: a la zona de Mondariz .Nos reuniremos a las 9:00 h. en Concheiro.


Recordad llamar para apuntarse a las salidas al teléfono de la Agrupación (670 30 54 29). Se ruega puntualidad y depósitos de combustible llenos.

COMIDA DE CONFRATERNIZACIÓN
Día 16 de diciembre. Lugar a determinar. A partir de las 13:30.

Procurad llamar para apuntarse antes del día 14.


CICLO DE CONFERENCIAS “ A ZARROTA, 51 AÑOS DE MICOLOGÍA EN VIGO”

Las Jornadas Anuales sobre micología se celebrarán en la sala de conferencias del Centro Cultural Novacaixagalicia del día 12 al 15 de noviembre a las 20:00h y finalizarán con una salida el día 17 a las 9:30, desde la Praza do Rei.

EXPOSICIÓN ANUAL DE SETAS FRESCAS Y CONCURSO DE COMPOSICIONES Y CESTOS CON SETAS (*)


Lugar: Casa da Cultura. Praza da Constitución (antigua Casa do Concello)

Días 17 y 18 de noviembre.
*Concurso abierto al público en general. Las Bases del concurso pueden ser consultadas en la web de la Agrupación. Se entregará un obsequio por participante.
Comentarios (0) - Categoría: Cursos, xornadas e conferencias - Publicado o 09-10-2012 09:26
# Ligazón permanente a este artigo
Nova edición de Cogomelos de Galicia
Hoxe, luns día 8, temos moi boas novas!! A primeira é que está chovendo!!! Viva, viva!!Anque os homes e mulleres do tempo se empeñen en dicir que volve o "mal tempo", os micófilos e as micófilas do Val de Barcala frotámonos as mans con este ouro en forma de chuvia que cae do ceo.

E a segunda boa nova, é que xa se pode atopar nas librarías a nova edición de Cogomelos de Galicia!! Despois da longa espera, xa está nas tendas a baixo o título "Setas de Galicia y del Noroeste Peninsular", da Editorial Cumio.

Trátase da primeira parte de "500 setas del Litoral Atlántico y Noroeste Peninsular", que xa comentaramos noutro enlace.

Non vos podemos comentar moito máis, porque aínda non o temos nas nosas mans, pero coméntannos que se mellora a calidade das fotografías, e se actualiza a anterior edición. Está escrito en castelán e por un prezo algo superior á anterior edición (35 euros). Deixamos este enlace para máis información: http://www.cumio.com/libro.php?id_libro=666

Recordade, estas dúas obras son o Antigo e o Novo Testamento!! Se tendes os dous xa tendes a Biblia Micolóxica completiña!!
Comentarios (0) - Categoría: Publicacións - Publicado o 08-10-2012 11:27
# Ligazón permanente a este artigo
Concurso fotográfico en Jaca


Deixámosvos as bases dun concurso fotográfico que atopamos pola rede, pero tendes que darvos moita presa se queredes participar, xa que o prazo remata o 11 de outubro.


http://www.lausonera.es/actividades.html


III CONCURSO FOTOGRAFIA DEL GRUPO

MICOLOGICO DE LA USONERA DE JACA

AÑO 2012



1º TEMA:
Cualquier tema relacionado con el mundo de las setas y su hábitat, siendo imprescindible el protagonismo de las mismas.

2º PARTICIPANTES:
Los aficionados a la fotografía que lo deseen, sin limites de edad ni nacionalidad.

3º INSCRIPCION:
Gratuita, solo obras no premiadas en otros concursos.

4º PLAZO DE ENTREGA:
Hasta las 20 horas del día 11 de octubre de 2012 en la sede del GRUPO MICOLOGICO LA USONERA en la C/ 7 de FEBRERO Nº 29 bajos 22700 JACA –HUESCA

5º PRESENTACION:
Copias en color de las mismas, de 20 x 30 cm.
Todas las fotografías vendrán montadas en cartulina rígida blanca con tamaño de 24x34.
Cada autor puede presentar un total de TRES fotos, y solo una puede ser premiada.
Cada fotografía llevara escrito el nombre científico de cada especie, en el recuadro frontal inferior izquierdo de la cartulina y un titulo o lema común en el recuadro inferior derecho.
Aparte, en el interior de un sobre cerrado se incluirán los datos del autor con su dirección completa, teléfono, lema, nombre científico de cada fotografía.
Los trabajos premiados, pasarán a la propiedad del grupo micológico, así como los soportes digitales de los mismos que se solicitaran a los autores, de las fotos premiadas, para que el grupo micológico pueda exponer o publicar.
Los trabajos no premiados, se enviaran por correo a los participantes que expresamente lo soliciten y hayan enviado con las fotos, un sobre debidamente cumplimentado, con tamaño y franqueado para su devolución.
El GRUPO MICOLOGICO no se hace responsable de las perdidas o deterioros posibles.

6º PREMIOS:
PRIMER PREMIO …………………………………………300 EUROS
SEGUNDO PREMIO……………………………………….200 EUROS
TERCER PREMIO………………………………………….100 EUROS


7º JURADO
El estará compuesto, por miembros de la junta del grupo micológico y de la asociación de empresarios o los que estos designen. El fallo del jurado se hará el día 14 de octubre a las 2 de tarde en la clausura de jornadas y feria de setas.
Los fallos del jurado serán inapelables, y el hecho de participar implica la aceptación de las bases.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 08-10-2012 10:52
# Ligazón permanente a este artigo
Outono micolóxico en Conxo










Achegamos o cartaz das Xornadas Micolóxicas de Conxo, que inclúen conferencia, saída, exposición e pase de diapositivas. Serán os días 19 e 20 de outubro, no Centro Sociocultural e están impartidas por J.M. Costa Lago. Quédanos moi preto, así que é unha boa oportunidade para desfrutar dunha fin de semana intensiva micolóxicamente falando.

Aproveitamos para felicitar ós organizadores pola iniciativa e pola pedazo foto que puxeron este ano no cartel. Cousa bonita!!
Comentarios (0) - Categoría: Cursos, xornadas e conferencias - Publicado o 05-10-2012 19:30
# Ligazón permanente a este artigo
Outono Micolóxico en Padrón





Dámoslle difusión a esta actividade organizada polo Concello de Padrón

Empeza este sábado pola mañán, cunha charla de Iniciación, a cargo de J.M Costa Lago, e complétase con dúas saídas ó monte os días 20 e 27 pola mañán.

Ollo!!! Para as saídas é preciso apuntarse antes do día 11 na Oficina Municipal de Voluntariado do Concello ou ben chamando ó teléfono 981.81.70.25.
Comentarios (0) - Categoría: Cursos, xornadas e conferencias - Publicado o 03-10-2012 22:20
# Ligazón permanente a este artigo
[1] ... [5] [6] [7] 8 [9] [10] [11] ... [22]
© by Abertal



Contador gratis