Asociación Micolóxica Sendeiriña


Asociación Micolóxica do Val de Barcala






O meu perfil
sendeirina@yahoo.es
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 GALERIA
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Feira de Fungos e Cogomelos das Pontes 2012
Este ano varios socios de Sendeiriña participaron na Feira de Fungos e Cogomelos das Pontes, e volveron para a casa co Premio Especial, un premio que acadaron cunha cesta de pequenos cogomelos.

Deixámos unha mostra fotográfica da Feira.


Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 06-12-2012 17:00
# Ligazón permanente a este artigo
Tempo de abrigarse

É tempo de abrigarse, tempo de guantes e bufanda, de botas de auga, de quentarse á beira das lareiras e de tomar caldiño quente,... pero non é tempo de amorriñarse no sofá, chegou o frío, pero a vida micolóxica continúa no monte!!!

En Sendeiriña tivemos este sábado a cea de fin de temporada. Remata a temporada de outono,... pero agora empeza a de inverno, e logo a da primavera e logo a de verán!! Ou é que non lembrades que en Galicia podemos atopar cogomelos durante todo o ano???

Tivemos o blog moi parado, pero é que este ano foi un non parar... Menuda temporada!!! Atopamos unha morea de cousas interesante que iremos poñendo e moitas outras que temos sen identificar.

Deixamos un pequeno reportaxe fotográfico, con fotos das diferentes exposicións e do obradoiro degustación.







É tempo tamén de dar as grazas a tódolos que nos botaron unha man na organización do Outono Micolóxico deste ano. En primeiro lugar, ó Pazo do Cotón por cedernos o espazo da exposición. A Aurora por iluminarnos e a Alberto por facer de electricista.

A Lorena, da Zarrota polas cesareas, e ós de Aríns por compartilas con todos. Foron as estrelas da exposición. Nunca houbera no Val de Barcala, cogomelos tan fotografiados.

A Suso do Restaurante O Rueiro, polo impagable traballo, e por coidarnos tan ben.

Grazas tamén ó Instituto e ó Colexio por permitirnos achegar o mundo micolóxico ós máis pequenos.

A tódolos que colaboraron dun ou outro xeito nas actividades de Sendeiriña, moitisimas grazas.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 06-12-2012 16:37
# Ligazón permanente a este artigo
Continúan as actividades micolóxicas
O outono inda non chegou ó seu fin!! Continuan as actividades micolóxicas.

A primeira delas no Río Barosa, no entorno no que fixéramos a nosa saída de primavera deste ano.





Esta outra, para o 1 de Decembro, inclúe unha charla de Marisa Castro.

Comentarios (0) - Categoría: Cursos, xornadas e conferencias - Publicado o 24-11-2012 15:49
# Ligazón permanente a este artigo
Actividades na Zarrota

Deixamos a información das actividades dunha das Agrupacións máis antigas de Galicia, van pola 51 edición, A Zarrota de Vigo.



De fotos e debuxos do blog
Comentarios (0) - Categoría: Cursos, xornadas e conferencias - Publicado o 12-11-2012 19:40
# Ligazón permanente a este artigo
Saída ó monte


Este sábado día 3 imos ter saída de Sendeiriña. Parece ser que vai ser un día chuvioso, así que non esquezades ademáis da cesta e a navalla, o chuvasqueiro e o calzado axeitado.

Sairemos ás 9:30 de diante da Casa da Cultura de Negreira, na Rúa de San Mauro. Volvemos a comer á casa, e contamos estar de volta ó redor das 14:00 h. Aínda así é recomendable levar un piscolabis para media mañá e algo de beber.


Aproveitamos para recordar que para o Obradoiro-Degustación do día 10 é preciso anotarse. Podedes facelo na saída ou escribindo un correo a sendeirina@yahoo.es




Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 31-10-2012 17:31
# Ligazón permanente a este artigo
Máis de 20.000 visitas no noso blog


E mentres andabamos polo monte, clasificando e ás voltas coa exposición, o noso blog acada as 20.000 visitas!!

Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 30-10-2012 15:51
# Ligazón permanente a este artigo
Xornadas micolóxicas en Bueu



















Deixamos o cartaz destas xornadas organizadas pola Asociación Micolóxica Naturalista Liboreiro de Bueu
Comentarios (0) - Categoría: Cursos, xornadas e conferencias - Publicado o 30-10-2012 15:42
# Ligazón permanente a este artigo
Outono micolóxico en Negreira


Esta semana foron moitas as persoas que nos escribiron para preguntar polas actividades da Asociación. Facemos un recordatorio do máis inmediato:

- Conferencia: Xoves día 25, 21:00 horas. No Auditorio da Casa da Cultura de Negreira. “Algúns cogomelos comestibles e as súas posibilidades de confusión” a cargo de J.M. Costa Lago, de Pan de Raposo.


- Saída ó monte: Sábado 27, ás 9:30 de diante da Casa da Cultura de Negreira, na Rua de San Mauro, para a recollida de especies para a exposición. Saída en coches particulares. Será preciso levar bocadillo, para o xantar.
(Pola tardiña montaxe da Exposición. Confirmaremos hora e lugar nos próximos días)

- Domingo 28: Exposición nas Casetas do Pazo do Cotón de 11:00 a 14:00 horas.



Recordamos que para ningunha das actividades hai que inscribirse, salvo para o obradoiro-degustación do día 10.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 24-10-2012 18:34
# Ligazón permanente a este artigo
Recomendacións para a recollida de especies para a Exposición


Este domingo vai ter lugar a Exposición micolóxica da Asociación Micolóxica Sendeiriña.

Á hora de saír o monte dende Sendeiriña sempre pretendemos concienciar a todos, de que a mellor fórmula é a do respecto e o coidado medioambiental. Unha conducta irrespetuosa co medio perxudica non só ó noso entorno senón tamén a nós mesmos. Recordemos: "Pan para hoxe, fame para mañá"

Con motivo da Exposición, moitos socios, socias e amigos/as da asociación sairán o monte para axudarnos a ter un número importante de especies, e por iso, nos gustaría facer unhas pequenas recomendacións para que o noso entorno non se vexa prexudicado.

RECOMENDACIÓNS RECOLLIDA DE COGOMELOS PARA A EXPOSICIÓN:


1.- Os cogomelos deberan recollerse enteiros. Con moito coidado e sen escrabellar na terra métese o coitelo ou a navalla e con un xiro de pulso despréndese o cogomelo. Recordade: EXTRACCIÓN COIDADOSA!! Evitarase arrincar parte do micelio e por suposto usar rastrillos ou alterar o entorno no que se encontre o cogomelo.

2.- Para a recollida nunca deberán usarse bolsas de plástico. Os cogomelos son moi delicados, dentro da bolsa estragaríanse. Se alguén ten unha caixa con separadores sería ideal para aquelas especies que son pequenas e que se metemos na cesta serían aplastadas por outras.Levar un anaco de papel de aluminio tamén é moi práctico, e con este sistema e con un pouco de auga os cogomelos poden conservarse varios días na neveira.

3.- Collerase so un ou dous exemplares de cada especie, escollendo aquelas que se encontren en mellor estado, podendo ser un exemplar novo e outro maduro. Aínda que encontredes moitos exemplares dunha mesma especie, o espazo que temos para a exposición é limitado polo que non poderán poñerse todos.

4.- Evitaranse aqueles cogomelos que xa estean pasados, parasitados ou os que non se encontren enteiros. Estes mellor deixalos no monte e que sigan cumplindo coa súa función ecolóxica.

5.- O criterio é que deben ser exemplares que presenten as características típicas para unha fácil identificación. A exposición pretende ser un espazo didáctico e se os cogomelos non son representativos da especie non servirá de moito.

6.- Tódolos cogomelos que se descarten e que finalmente non sexan expostos, deberán ser devoltos ó monte, evitando tiralos nos contedores do lixo.

7.- Recomendamos tamén que como en calquera saída, non vaiades sós ó monte e que se o facedes levedes con vós un teléfono móbil deixando indicacións do sitio ó que tendes pensado ir.


Aproveitamos para poñer a foto desta especie que atopamos na última saída de Sendeiriña. Trátase dun Mutinus caninus, un cogomelo cun curioso nome común: Falo perruno.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 24-10-2012 16:39
# Ligazón permanente a este artigo
Semana micolóxica galega en Riveira
Comentarios (0) - Categoría: Cursos, xornadas e conferencias - Publicado o 24-10-2012 13:58
# Ligazón permanente a este artigo
Xornadas Micolóxicas en Monforte de Lemos


Dámoslle difusión ás Xornadas Micolóxicas da Agrupación Os Lactouros de Monforte de Lemos, das máis antigas de Galicia, xa van pola edición número 34...


http://www.paxinasgalegas.es/fiestas/xxxiv-xornadas-micolóxicas-monforte-de-lemos-4566.html

Programa 2012:


Lunes 29 de Octubre, a partir de las 20.00 horas se procederá a la apertura de las jornadas y degustación de vino de Espasantes y Amandi.

Martes 30, apertura de la exposición de cogomelos a partir de las 20.00 horas en la Casa da Cultura.

Miércoles 31, a las 15.30 horas tendrá lugar la salida al campo, y a las 20.00 horas charla-conferencia, Usos medicináis e outras aplicacións dos fungos, a cargo de Julián Alonso, licenciado en veterinaria y doctor en ciencias biológicas, miembro de la Asociación Micolóxica Lucus.

Jueves 1 de Noviembre, tendrá lugar la salida al campo para la recolección de setas a partir de las 15.00 horas.

Viernes 2, a las 15.30 horas tendrá lugar la salida al campo, y a las 20.30 horas charla-conferencia, As Cantareláceas de Galicia , a cargo de Jaime Bernardo Blanco-Dios, ingeniero agrónomo de la Asociación Micolóxica Brincabois. A las 22.00 horas degustación de cogomelos para los socios.

Sábado 3, en esta jornada tendrá lugar el Concurso de Cestas de Cogomelos Comestibles que se llevará a cabo a partir de las 18.00 horas en la Casa da Cultura.

Domingo 4, este día tendrá lugar la Comida de Clausura de las XXXIV Xornadas Micolóxicas 2012.
Comentarios (0) - Categoría: Cursos, xornadas e conferencias - Publicado o 23-10-2012 15:07
# Ligazón permanente a este artigo
Outono Micolóxico de Vilagarcía














Preciosisimos os carteis deste ano da Agrupación Micolóxica A Cantarela de Vilagarcía.

Aquí queda o enlace do seu Outono Micolóxico.

http://www.cantarela.org/outono.php

















Comentarios (0) - Categoría: Cursos, xornadas e conferencias - Publicado o 23-10-2012 14:35
# Ligazón permanente a este artigo
Xornadas Micolóxicas en Orazo




E van pola X edición.

http://www.berenguela.com/xornadas-micoloxicas-en-orazo-a-estrada-durante-todo-el-otono/2012-10-19

As xornadas arrancarán o día 28 de outubro cunha saída ó monte e unha degustación dos cogomelos recollidos. A salida farase do Local Social de Orazo.

Despois do 28 de outubro as seguintes saídas serán o 1, 11 e 25 de novembro e o 6 e 8 de decembro.

Programación 2012


-1 de novembro: Ricardo Torrijos fará unha elaboración de receitas no Local Social de Orazo.

-11 de novembro: Asiste o micólogo Fernando de la Peña e tamén se fará unha degustación na Vinoteca Maceira.

-25 de novembro: Fernando de la Peña acompañara na salida a recoller os cogomelos e cociñaranse na Casa da Botica.

-6 de decembro: degustación no bar Trecola de Bandeira.

-8 de decembro: última saída para recoger cogomelos ás 09.30 horas e degustación no Local Social de Orazo.

Comentarios (0) - Categoría: Cursos, xornadas e conferencias - Publicado o 23-10-2012 11:52
# Ligazón permanente a este artigo
Non damos feito!!
Estes días cheganos tanta información de novos cursos, xornadas, feiras, exposicións, que non damos feito a colgalas no blog. Aquí deixámosvos varias convocatorias cos seus correspondentes enlaces:

CULLEREDO:

XVIII Curso de Micoloxía entre o 7 e o 10 de novembro, a partir das 20:00 horas.

http://www.culleredo.org/

CERCEDA:

Xornada micolóxica. 27 de outubro. (Charla, saída, xantar e exposición)

http://www.cerceda.org/actualidade/nova.php?id=2045&lg=gal

OROSO:

Xornadas micolóxicas. 3 e 4 de novembro.

http://www.concellooroso.com/show_content.php?section=4&subsection=52&content=1676&PHPSESSID=b7d83e2e218cd17abdc56741745091d7

MOS:

Xornadas micolóxicas. Do 30 de outubro ó 11 de novembro.

http://www.mos.es/mos-ultima-os-detalles-das-suas-ix-xornadas-micoloxicas/


O ROSAL:

Charla e saída ó monte. 27 de outubro.

http://www.concellodorosal.es/portal/images/stories/2012/xornada%20cogumelos.png

Comentarios (0) - Categoría: Cursos, xornadas e conferencias - Publicado o 23-10-2012 09:27
# Ligazón permanente a este artigo
Víctima mortal por consumo de cogomelos en Barcelona.
Parecía que este ano non iamos ter que falar de intoxicacións, pero dende Cataluña chéganos a nova dunha víctima mortal por consumo de cogomelos venenosos.

Polo que lemos no xornal, un home de 47 anos veciño de Sant Sadurní d'Anoia (Barcelona), faleceu o pasado mércores no Hospital de Bellvitge de L'Hospitalet de Llobregat, despois de consumir cogomelos venenosos.

Non se di que especie foi a que causou a intoxicación, pero fálase da imposibilidade de facer un transplante de fígado...

Novas coma estas tinxen de negro a micofilia e fannos recordar o risco que corremos na práctica da nosa afición.

Os nosos desexos de que non se volvan repetir novas coma esta.


http://www.lavanguardia.com/sucesos/20121018/54353210225/hombre-muere-ingerir-setas-venenosas.html
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 22-10-2012 14:05
# Ligazón permanente a este artigo
[1] ... [4] [5] [6] 7 [8] [9] [10] ... [22]
© by Abertal



Contador gratis