Asociación Micolóxica Sendeiriña


Asociación Micolóxica do Val de Barcala






O meu perfil
sendeirina@yahoo.es
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 GALERIA
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Xornadas micolóxicas en Orazo


Tamén do Concello da Estrada chéganos información sobre XI Xornadas micolóxicas de Orazo 2013 .


Deixamosvos o enlace do seu Facebook:

https://www.facebook.com/XXornadasMicoloxicasEnOrazoaEstrada
Comentarios (0) - Categoría: Cursos, xornadas e conferencias - Publicado o 06-11-2013 22:56
# Ligazón permanente a este artigo
Actividades micolóxicas na Estrada












Anque xa chegamos algo tarde para alguna das actividades, deixamosvos o cartaz e a información da proposta micolóxica deste ano da Asociación A Estrada Micolóxica da Estrada.


http://estradamicoloxica.wordpress.com/actividades-2013/
Comentarios (0) - Categoría: Cursos, xornadas e conferencias - Publicado o 06-11-2013 22:47
# Ligazón permanente a este artigo
Xornadas micolóxicas en Bueu


Dende Bueu, chéganos a información das Xornadas Micolóxicas da Agrupación Micolóxico-Naturalista Liboreiro para novembro deste ano.

Deixamovos un resume:


Luns 18:

"Os cogomelos como recurso" Esteban Sinde

Martes 19:

"Os cogomelos na xénese das culturas: no Ibérico" Marísa Castro

Mércores 20:

"Cogomelos nos eucaliptais" Marcos Lago

Xoves 21:

"Mixomicetos. Un mundo por descubrir" Floro Andrés Rodríguez

Venres 22:

"Morcegos do Morrazo: patrimonio natural a escuras" David Álvarez Graña.

As charlas Terán lugar no Centro Social do Mar ás 20.30 h.
Comentarios (0) - Categoría: Cursos, xornadas e conferencias - Publicado o 06-11-2013 22:33
# Ligazón permanente a este artigo
Outono micolóxico en Vilagarcía
Os compañeiros de Vilagarcía envíannos información sobre o seu outono micolóxico, este ano cumplen 30 anos. Os nosos parabéns!!


Deixamos un resume das actividades, que tamén podedes ver na súa páxina.


Saídas Micolóxicas

Día 13 de outubro
Iroite - Muros

Día 27 de outubro
Silleda - Forcarei.

Día 9 de novembro
Diversos lugares

Mes de novembro

Día 10 de novembro
12.30h - Inauguración da escultura "OS COGOMELOS”, e a continuación apertura das seguintes exposicións:

•Cogomelos frescos, láminas, paneis, libros
•XV Concurso de Fotografía Micolóxica “Enrique Valdés”
•XIV Concurso de Debuxo Escolar
•Maquetas sobre a natureza e os cogomelos.


Conferencias, 20.30h

Día 11
Mercedes Nodar Sanmartín
, Presidenta da Asoc. Micolóxica “Estrada Micolóxica”:
Introdución á Micología.

Día 12
Antonio Rodríguez Fernández
, Biólogo da Xunta de Galicia:
Cogomelos dos prados e pastizais.

Día 13
José M. Castro Marcote
, Presidente da Ag. Mic.- Naturalista "Pan de Raposo" de Cee, Coautor do libro "Setas de Galicia":
O xénero Amanita.

Día 14
Puri Lorenzo Castro, do Lab. de Micoloxía da Univ. de Vigo:
O xénero Tricholoma

Día 15
Saúl de la Peña Lastra, Tec.Sup. de Saúde Ambiental. Enx. Tec. Forestal:
O apaixoante mundo dos fungos.

Polas mañás haberá charlas no Auditorio, os días 11 y 12, para os colexios que o soliciten, a nivel de 6º curso de Primaria.

Día 17

XXII FESTA DOS COGOMELOS de 11,00 a 15,30 h. con:
- Degustación de cogomelos e viño Albariño.
- XXX Concurso de Cociña.
- XI Exposición de Cestas de Outono.

Día 23
20,00h. SESIÓN DE CLAUSURA. Entrega de premios de
- Concurso de Debuxo Escolar.
- Concurso de Fotografía Micolóxica
- Trofeos ós colexios participantes na construción de Maquetas.
- Recital de poesía micolóxica de E. Víctor Castro López (EV Calo)
Audiovisual do Outono Micolóxico 2012 e Saídas de Primavera 2013.


Día 24
14,30h.- Comida Micolóxica no Restaurante Acebo e entrega de obsequios ós colaboradores.


- Tódolos luns de novembro e decembro, excepto festivos, haberá un servicio de identificación de cogomelos na Sociedade Liceo Casino, de 19,30 a 21,00h.
Comentarios (0) - Categoría: Cursos, xornadas e conferencias - Publicado o 06-11-2013 22:09
# Ligazón permanente a este artigo
Xornadas micolóxicas da Costa da Morte






Un ano mais Pan de Raposo, celebra as suas Xornadas Micolóxicas na
Costa da Morte.

Este ano serán os días 9 e 10 de novembro na escola de música de Cee, onde ademáis da exposición de cogomelos haberán visitas guiadas e
charlas.

Tamén será un bo momento para degustar as tapas de cogomelos nos establecimentos indicados no díptico en Cee e Fisterra.

Deixamos referencia da programación deste ano.

















De Carteis trípticos
Comentarios (0) - Categoría: Cursos, xornadas e conferencias - Publicado o 06-11-2013 21:33
# Ligazón permanente a este artigo
Non esquezaces renovar a vosa cota




Non esquezades pagar a vosa cota!! Lembrade que só por renovar a cota anual recibiredes como regalo, unha estupenda navalla semellante á da foto.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 06-11-2013 20:52
# Ligazón permanente a este artigo
Obradoiro gastronomía micolóxica









Está aberto o prazo para anotarse o obradoiro de gastronomía micolóxica que cada ano organiza Sendeiriña. Vai ser o próximo 16 de novembro, ás 20:00 no Ies Xulián Magariños de Negreira.

O obradoiro estará a Cargo de Suso Puñal, do Restaurante O Rueiro, de Vilaserío. Será gratuíto para os socios que teñan o pago das cotas ó día e custará 3 euros para os non socios.

Para anotarvos só tedes que enviar un correo a sendeirina@yahoo.es, indicando nome e apelidos das persoas que queredes anotar. Lembrade que as prazas son limitadas!!!
Comentarios (0) - Categoría: Cursos, xornadas e conferencias - Publicado o 06-11-2013 20:34
# Ligazón permanente a este artigo
Saída de Sendeiriña
Como sabedes este domingo temos a Exposición da Asociación e o sábado 26 sairemos a recoller especies para a mesma.


Vai ser unha saída longa. Quedamos ás 9:30 diante da Casa da Cultura de Negreira, na Rúa de San Mauro, e iremos a unha zona de costa. Levamos coches particulares. Como parece que o sábado vai estar bo día imos intentar aproveitar todo o día, polo que é importante que cada un leve un
bocadillo ou un tentempié
para facer unha paradiña para comer e seguir buscando cousas á tarde. A hora estimada de regreso sobre as 17:30 -18:00 da tarde.


Para os que non veñan á saída pero queiran aportar cogomelos ou axudar a montar a exposición, estaremos a partir das 19:30 no Instituto Vello de Negreira, na Rúa de Castelao. (é o edificio que está detrás do quiosco).


Tamén se precisa colaboración para adornos, follas, palla, fieitos, ourizos, etc,… levaremos unhas bolsas para traer algo da saída. Pero o certo é que sempre nos quedamos curtos con isto. Se algúen se ofrece voluntario para traer cousas, perfecto.


A continuación poñemos unhas recomendacións de cara a exposición e á recollida de exemplares, que todos como membros de Sendeiriña debemos ter en conta:

1.- Os cogomelos deberan recollerse enteiros. Con moito coidado e sen escrabellar na terra métese o coitelo ou a navalla e con un xiro de pulso despréndese o cogomelo. Recordade: EXTRACCIÓN COIDADOSA!! Evitarase arrincar parte do micelio e por suposto usar rastrillos ou alterar o entorno no que se encontre o cogomelo.


2.- Collerase só un ou dous exemplares de cada especie, escollendo aquelas que se encontren en mellor estado, podendo ser un exemplar novo e outro maduro. Aínda que encontredes moitos exemplares dunha mesma especie, o espazo que temos para a exposición é limitado polo que non poderán poñerse todos.


3.- Evitarase coller aqueles cogomelos que xa estean pasados, parasitados ou os que non se encontren enteiros. Esto é importantísimo!!! É mellor que traiades menos cogomelos pero os que cheguen en bo estado. Os cogomelos pasados ou en mal estado é moito mellor deixalos no monte e que sigan cumplindo coa súa función ecolóxica. Recordade que a exposición pretende ser un espazo didáctico polo que os cogomelos deben ser representativos da especie, presentar as características básicas e que estas se aprecien ben.


4.- Para a recollida nunca deberán usarse bolsas de plástico. Os cogomelos son moi delicados, dentro da bolsa estragaríanse. Se alguén ten unha caixa con separadores sería ideal para aquelas especies que son pequenas e que se metemos na cesta serían aplastadas por outras. Levar un anaco de papel de aluminio tamén é moi práctico, e con este sistema e con un pouco de auga os cogomelos poden conservarse varios días na neveira.

5.- Tódolos cogomelos que se descarten e que finalmente non sexan expostos, deberán ser devoltos ó monte, evitando tiralos nos contedores do lixo.


6.- Recomendamos tamén que como en calquera saída, non vaiades sós ó monte e que se o facedes levedes con vós un teléfono móbil deixando indicacións do sitio ó que tendes pensado ir.

Un saúdo





Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 24-10-2013 18:36
# Ligazón permanente a este artigo
Conferencia este venres





Lembrade que este venres día 25 temos a primeira conferencia do outono. Vai ser a cargo de Jaime Blanco Dios, co título "Especies novas para a ciencia e ameazadas en Europa encontradas en Galicia”.

Ollo!! que ninguen se despiste! Vai ser no Salón de Actos do IES Xulián Magariños de Negreira, ás 20:30.
Comentarios (0) - Categoría: Cursos, xornadas e conferencias - Publicado o 24-10-2013 08:18
# Ligazón permanente a este artigo
Xa temos carteis!!

Xa temos os carteis deste ano de Sendeiriña!!

Deixamosvos un resume das actividades deste ano. Lembrade que empezamos este venres cunha charla a cargo de Jaime Blanco Dios.



EXPOSICIÓN NAS CASETAS DO COTÓN
(en caso de mal tempo, no Auditorio vello da Casa da Cultura)

Domingo día 27 de outubro. De 11:00 a 14:00

EXPOSICIÓN NOS CENTROS EDUCATIVOS:

Luns día 28 de outubro.

SAÍDA MICOLÓXICA.

Sábados, día 26 de outubro e 16 de novembro. Saída de diante do Casa da Cultura de Negreira ás 9:30. Consultar maís saídas micolóxicas no blog da Asociación.

CONFERENCIA

25 de outubro. Jaime Blanco Dios. "Especies novas para a ciencia e ameazadas en Europa encontradas en Galicia” 20:30 no IES Xulián Magariños de Negreira.


CONFERENCIA

Venres 15 de novembro. Puri Lorenzo. “Creación dun xardín micolóxico”. 20:30 no Auditorio Vello da Casa da Cultura.

OBRADOIRO-DEGUSTACIÓN

Sábado día 16 ás 20:00 horas, a cargo de Suso Puñal (Restaurante O Rueiro – Vilaserío), previa inscripción.

CEA-DEGUSTACIÓN
Sábado día 30 no Restaurante O Rueiro-Vilaserío, previa inscripc ión.
Comentarios (1) - Categoría: Cursos, xornadas e conferencias - Publicado o 23-10-2013 17:28
# Ligazón permanente a este artigo
Xornadas micolóxicas en Conxo




















Deixamos o cartaz das Xornadas Micolóxicas de Conxo, para aqueles que esteades interesados.
Comentarios (0) - Categoría: Cursos, xornadas e conferencias - Publicado o 14-10-2013 16:11
# Ligazón permanente a este artigo
Concurso Fotográfico en Vilagarcía
Os compañeiros de Vilagarcía envíannos información sobre o concurso fotográfico que organizan tódolos anos.

Ollo! O prazo remata o 31 de outubro!


Deixámosvos as bases:

BASES XV CONCURSO DE FOTOGRAFÍA MICOLÓGICA
“ENRIQUE VALDÉS BERMEJO”


TEMA
Las setas.

PARTICIPANTES
Concurso abierto sin limitaciones, excepto las fotografías premiadas en otros concursos.

NÚMERO DE OBRAS
Un máximo de TRES, con un tamaño único de 20 x 30 cms.

PRESENTACIÓN
Las fotografías se presentarán montadas sobre cartulina rígida. Junto a cada fotografía y sobre la cartulina, aparecerá el nombre de la especie presentada, si se conoce. En la parte posterior se indicará el lema del autor.

IDENTIFICACIÓN
En un sobre aparte y cerrado se incluirá una nota en la que constará el lema del autor, su dirección completa y el teléfono. Dicho sobre llevará en su exterior el lema.

PLAZO DE RECEPCIÓN
Hasta el 31 de octubre de 2013. Las obras se remitirán a:
Agrupación Micolóxica “A Cantarela”
Apartado de correos 429
36600 Vilagarcía de Arousa (Po)

PREMIOS
Tres premios consistentes cada uno de ellos en diploma y figura de cerámica de Sargadelos, montada sobre peana, y con placa identificativa de la categoría del mismo.

FALLO DEL JURADO
Se dará a conocer el 10 de noviembre. La entrega de premios será el día 23 del mismo mes a las 20,00h. en la sala de conferencias del Auditorio de Vilagarcía.

DERECHOS
Las obras premiadas quedarán en propiedad de la Ag. Mic. “A Cantarela”, que podrá hacer uso libre de ellas, indicando sus autores. Los autores de las obras no premiadas que deseen que les sean devueltas, adjuntarán un sobre de tamaño adecuado, debidamente franqueado, donde figure la dirección del envío.

RESPONSABILIDAD
La agrupación no se responsabiliza de los posibles daños o pérdidas que puedan sufrir las fotografías en su envío o devolución, y declina toda responsabilidad sobre la autoría de las mismas.

EXPOSICIÓN
Las fotografías presentadas estarán expuestas al público en la sala de exposiciones del Auditorio de Vilagarcía de Arousa, del 10 al 23 de noviembre, durante la celebración del OUTONO MICOLÓXICO 2013.





Poderedes atopar máis información en www.cantarela.org

Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 27-09-2013 10:40
# Ligazón permanente a este artigo
Cinco novas especies no Parque Nacional das Illas Atlánticas
Artigo publicado en La Voz de Galicia ó 1 de setembro de 2013. Interesantisimo o traballo que están a desenvolver dende o grupo micolóxico galego.


"El interés del Parque Nacional Illas Atlánticas no deja de crecer. Lo hace ahora gracias a un campo en el que aún queda mucho camino por recorrer. El Grupo Micolóxico Galego ha realizado un estudio sobre la flora micológica, es decir, la relacionada con los hongos, de gran parte del espacio protegido. Fruto de este trabajo se han descubierto seis especies de setas desconocidas hasta la fecha, de cinco de las cuales solo existe constancia a nivel mundial en el parque nacional.

Los lugares estudiados fueron las tres islas Cíes, Ons, Onza, Sálvora e islotes de su entorno. Se excluyó del trabajo el archipiélago de Cortegada, ya que allí se está llevando a cabo otra catalogación desde el 2002.

El peso de la iniciativa, desenvuelta durante los últimos cuatro años, recayó sobre los hombros de Jaime Blanco-Dios, Amancio Castro González, Marcos Lago Álvarez y José Rodríguez-Vázquez, que además del trabajo de campo hicieron una exhaustiva recopilación de estudios que se remontan a la década de los 90. Su objetivo era hacer un catálogo comentado de las setas, analizar la ecología de las distintas especies obtenidas y evaluar la importancia del material.

El proceso para realizar el catálogo de las setas es largo y laborioso. El primer paso es la recopilación de los ejemplares y a continuación se procede al tratamiento y conservación, para que no se degraden antes del estudio, que es el siguiente paso. Por último, se elaboran los resultados y se discuten.

La recogida de las setas la efectuaron armados únicamente de navajas, cuchillos y una pequeña paleta o rastrillo, además de mucha paciencia para recorrer el amplio territorio. La mayor dificultad con la que se toparon fueron las adversidades climatológicas, ya que los meses más favorables para la aparición de los hongos son, precisamente, en los que el tiempo es más adverso y dificulta el acceso a las islas.


El descubrimiento de estas cinco especies nuevas para la ciencia y exclusivas del Parque Nacional Illas Atlánticas supone un valor añadido a una zona de gran importancia tanto turística como ecológica. La isla de Ons tiene el honor de haber bautizado a una nueva variedad de seta, la Clitocybe auniosiana, en referencia a Aunios, el antiguo nombre de la isla. Los rebuscados nombres de las otras cuatro joyas del archipiélago gallego son: Arrhenia salvorana, que solo aparece en primavera en depresiones dunares encharcadas temporalmente y es exclusiva de la isla de Sálvora; Entoloma nesophilum, caracterizada por una combinación única de características microscópicas; Lepista nuda variedad armeriophila, que crece en las ramas de las dunas; y Chamaemyces fracidus variedad salvorensis, que se caracteriza porque su carne ennegrece en contacto con el aire."



http://www.lavozdegalicia.es/noticia/vigo/2013/09/01/hallan-illas-atlanticas-cinco-tipos-setas-unicas-mundo/0003_201309V1C3991.htm
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 27-09-2013 09:52
# Ligazón permanente a este artigo
Actividades micolóxicas en Conxo




Sábado 15 de xuño, as 9:30, previa inscripción, ruta micolóxica do Tambre, e pola tarde, ás 17:00 h. conferencia sobre Discomycetes, a cargo de Jose María Costa Lago, no Centro Sociocultural de Conxo.

A cousa promete! Non volo podedes perder!

Comentarios (0) - Categoría: Cursos, xornadas e conferencias - Publicado o 11-06-2013 08:14
# Ligazón permanente a este artigo
Charla en Negreira sobre a Mina de Corcoesto







No IES Xulián Magariños de Negreria, mañá venres 31 de maio, Charla sobre a Mina de Corcoesto, a cargo da nosa compañeira Aurora Puentes, para os alumnos de 4º de Eso e 1º de Bacharelato.


Se non asinaches, faino xa!
Paremos a minería contaminante!
Comentarios (0) - Categoría: Aberracións micolóxicas - Publicado o 30-05-2013 12:49
# Ligazón permanente a este artigo
[1] ... [3] [4] [5] 6 [7] [8] [9] ... [22]
© by Abertal



Contador gratis