Asociación Micolóxica Sendeiriña


Asociación Micolóxica do Val de Barcala






O meu perfil
sendeirina@yahoo.es
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 GALERIA
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Fistulina na Carballeira de Santa Minia

Aínda que non foi no Val de Barcala, encontramos esta seta no veciño Val da Mahía, en concreto na Carballeira de Santa Minia, ó pe da igrexa que lle da nome.

Trátase dunha Fistulina hepatica (Schaeff) Fr. tamén coñecida como lingua de vaca ou lingua de boi.

É unha especie que parasita os vellos carballos e castiñeirose e das poucas que nacendo dun troco é comestible. Incluso podería comerse en cru, pero só cando é nova xa que despois vólvese algo dura.

A foto é da primeira semana de setembro e é posible que acabara nalgunha tixola xa que ós poucos días non había nin rastro dela.
Comentarios (0) - Categoría: Curiosidades micolóxicas - Publicado o 14-09-2009 16:39
# Ligazón permanente a este artigo
Normativa sobre comercialización de setas para uso alimentario
Ustylago maydis, especie silvestre comercializableEn xaneiro de 2009, publicouse no BOE un Real Decreto sobre a comercialización de setas para uso alimentario.

Recóllense uns listados de setas silvestres (58) e cultivadas (34) que se poden comercializar, así como aquelas que previamente teñen que tratarse antes da súa comercialización (2). Tamén se recolle un listado de setas venenosas ou tóxicas, ou sospeitosas de selo e que evidentemente non se poden comercializar(77 especies e 11 xéneros completos).

No Decreto tamén se establecen uns requisitos que deben cumprir as empresas para garantir a seguridade dos productos que ofrecen ó consumidor, en canto á identificación, á conservación, a etiquetaxe,etc... e tamén un listado de infraccíóns e sancións administrativas en caso de imcumplimento.

Chama a atención algunha das setas que se pode comercializar, por exemplo a Ustilago maydis, que en algúns países como en México é moi apreciada, pero aquí en Galicia polo menos o coñecido como "caruncho do millo" non creo que tivera moito éxito nas tendas

A Tricholoma equestre, aparece no listado de setas tóxicas, pero non é unha novidade xa que o seu consumo xa quedara prohibido pola Orde SCO/3303/2006 de 23 de outubro.

Aquí queda un enlace do Decreto, por se encontramos un filón de algunha destas especies e se nos ocorre a idea de comercializala.
Comentarios (0) - Categoría: Normativa - Publicado o 12-09-2009 17:23
# Ligazón permanente a este artigo
V Encontro Internacional de Micoloxía do Arco Atlántico


Os días 9, 10, 11 e 12 de outubro vai ter lugar un encontro de micoloxía do máis alto nivel, que inclúe conferencias, saídas o campo, clasificacións de materiais,etc,.. É a V edición deses encontros que xa se teñen feito en Asturias, Portugal, etc,... pero que este ano son en Ferrol.

Ten unha pinta estupenda, é é unha oportunidade de coñecer e escoitar a importantes micólogos.

Poño un enlace con toda a información por se alguén está interesado.

http://encontromicoloxia.blogspot.com/2009/04/programa-de-sesions-do-arco-atlantico.html

http://www.fimo-ferrol.org/congresos/pdf/triptico1.pdf
Comentarios (2) - Categoría: Cursos, xornadas e conferencias - Publicado o 11-09-2009 17:54
# Ligazón permanente a este artigo
Á Procura do Cogomelo
"Á Procura do Cogomelo" é o título dun novo programa que Turgalicia pon en marcha para o fomento de actividades complementarias no ámbito do turismo rural de Galicia.

A oferta consiste nun paquete de fin de semana con dúas noites de estancia nun establecemento rural de Galicia -venres e sábado-, co almorzo incluído, un cursiño de iniciación á micoloxía con saídas interpretativas ao monte e un xantar campestre.


O curso, dirixido a todos os públicos, levarase a cabo durante a xornada do sábado e comprenderá unha sesión teórica e unha parte práctica na que se sairá ao campo. O obxectivo do programa será aprender a atopar e recoñecer os cogomelos e o estudo dos mesmos nos seus diferentes hábitats. Pero o que realmente se propón é unha fin de semana diferente gozando da natureza mediante esta relaxante actividade en grupo. Os establecementos rurais colaboradores contribuirán a facer a experiencia máis grata proporcionando unha acollida familiar e unha gastronomía de calidade.


Na aula teórica repartirase o material esencial para o curso: cesta de vimbio, navalla e material didáctico.

100€
por persoa
* Menores de 13 anos:
40€ por persoa aloxados en cama supletoria
(prezos con IVE incluído)


Ten unha pinta estupenda,... eu creo q vai ser dificil non ir...
A procura do Cogomelo
Comentarios (0) - Categoría: Cursos, xornadas e conferencias - Publicado o 11-09-2009 12:06
# Ligazón permanente a este artigo
Un video sobre o crecemento dos cogomelos
No youtube, ás veces poden encontrarse cousas ben curiosas. Este é un anaquiño dun documental da BBC do famoso David Attenborough (o apelido tiven que copialo que é case tan dificil coma o nome dalgun cogomelo).



Me parece chulísimo
Documental da BBC
http://www.youtube.com/watch?v=puDkLFcCZyI
Comentarios (0) - Categoría: Curiosidades micolóxicas - Publicado o 10-09-2009 15:40
# Ligazón permanente a este artigo
Novo Edición do libro Cogomelos de Galicia
Este verán saiu á luz unha nova edición do Libro Cogomelos de Galicia, dos autores José Manuel Marcote, Manuel Pose Carracedo e Jose María Traba, todos eles membros da Asociación Micolóxico-naturista Pan de Raposo, da Costa da Morte.

Para os que xa teñades a primeira edición comentarvos algunhas novidades da nova:
- Recóllense 47 especies novas
- Cambiaronse textos e fotos respecto á primeira edición.
- A calidade nas fotos é moito mellor.

Xa está nas librerías e ter un tesouro coma este só costa 20 euros.
Comentarios (0) - Categoría: Publicacións - Publicado o 09-09-2009 18:48
# Ligazón permanente a este artigo
Grave intoxicación no Pais Vasco
Trasplantan el hígado en Cruces al joven intoxicado por comer setas venenosas



La necrosis hepática masiva que sufría J.R.B.B., de 29 años y origen sudamericano, por comer setas venenosas obligó a los médicos del hospital de Cruces a someterle a un trasplante de hígado en la madrugada de ayer. El joven, vecino de Zarautz, ingresó hace unos días en Urgencias. Como su estado empeoraba por momentos, el paciente fue trasladado a una unidad de Críticos con una intoxicación aguda. El equipo médico que le trata, que ha dado al caso máxima prioridad, espera que J.R.B.B. no rechace el órgano. Su evolución en las próximas horas será crucial.
Los hongos que ingirió podrían contener faloidina, un tipo de veneno. Prácticamente descartada la Amanita phaloides, al tratarse de una variedad que aparece en otoño, los especialistas apuntan a que el joven podría haber recogido una variante propia de primavera, como es la Amanita verna, de color blanco, aunque este extremo no ha sido confirmado.
La mayoría de los envenenamientos por setas los provoca la 'phaloides', que suele ser confundida por su aspecto similar con la Russula virescens, calificada de excelente. El período de incubación se sitúa entre seis y doce horas, pero «cuanto más tardan en aparecer los síntomas, más grave suele ser la intoxicación», señala un experto micólogo.
Un burgalés de 41 años -J.F.R.S.- falleció en noviembre de 2006 tras comer las setas que él mismo recogió. El hombre fue sometido a un trasplante de hígado, que rechazó. Su madre, de 83 años, también resultó intoxicada, aunque logró recuperarse porque la cantidad de setas que había comido era menor que su hijo.

http://www.elcorreodigital.com/vizcaya/20090523/pvasco-espana/trasplantan-higado-cruces-joven-20090523.html

Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 25-05-2009 16:40
# Ligazón permanente a este artigo
este é un artigo de proba
seta verde
Este blog está en construcción,... creo que hai que dicir algo así como: Desculpen as molestias. pois eso...
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 21-05-2009 16:20
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal



Contador gratis