Asociación Micolóxica Sendeiriña


Asociación Micolóxica do Val de Barcala






O meu perfil
sendeirina@yahoo.es
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 GALERIA
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Contacto
A Asociacion Micoloxica Sendeiriña Nicraria Tamara, nace en maio do ano 2009 xuntando un grupo de persoas interesadas polo mundo dos cogomelos. Ó longo do ano facemos saídas ó monte, exposicións micolóxicas, excursións, e tamén como non, algunha degustación micolóxica.

Con este blog pretendemos dar a coñecer a multitude de especies que poden encontrarse no Val de Barcala; un Val que comprende os concellos de A Baña e Negreira e que nos anos que levamos de afeccionados temos comprobado que é un lugar estupendo para encontrar cousa moi interesantes.

É por isto, polo que tódalas fotografías que atopamos na blogoteca estan feitas no Val. Para aquelas de fora, deixamos o apartado de: Especies non atopadas no Val de Barcala. Son especies que atopamos en moitas das nosas aventuras á busqueda de cousas novas, en excursións de un día ou de fin de semana, nas que tamén facemos centos de quilómetros...

O noso blog está en galego, porque non atopamos ningunha razón de peso pola que non deba ser así.
sendeirina@yahoo.es
http://www.blogoteca.com/sendeirinha/
© by Abertal



Contador gratis