Asociación Micolóxica Sendeiriña


Asociación Micolóxica do Val de Barcala






O meu perfil
sendeirina@yahoo.es
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 GALERIA
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Posible Pluteus leoninus (Schaeff.) P. Kumm.


O outro día navegando pola rede, en concreto polo facebook da Sociedade Micolóxica Lucus, (que aproveitamos para recomendar, polas impresionantes fotos coas que contan), atopámonos cun cogomelo ben curioso, dunha bonita cor amarela, que talmente parecía que estivera pintada cun deses rotuladores fosforitos cos que acostumábamos a suliñar os apuntes na escola.

Pois ben, despois de ver a foto, quedounos un roe-roe na cabeza, coa impresión de que algunha vez tiñamos visto algo parecido... e efectivamente, despois de buscar e buscar no baul dos recordos encontramos a proba documental que deixa constancia de que algún día tiñamos atopado un cogomelo que, senón é o mesmo, é moi semellante.

Podería tratarse, de ser a mesma especie, dun Pluteus leoninus (Schaeff.) P. Kumm. que presenta un sombreiro dunha cor amarela intensa como pode apreciarse na foto. Medra sobre polas caídas de planifolios e tamén en coníferas e normalmente faino de forma illada. O único exemplar que atopamos medraba precisamente neste hábitat. Foi no ano 2006, xa choveu dende aquela, o día do Pilar, 12 de outubro, e o sitio é a Fraga de Catasós no concello de Lalín, así que de momento o recén descuberto cromo imos ter que deixalo no apartado de Especies inda non atopadas no Val de Barcala.

Por certo, dinos a xente de Lucus, que de retocadas nada, que as fotos que colgan na súa páxina, son tal cual, e que se os cogomelos que aparecen son impresionantes é porque así se presentan na natureza. Aproveitamos para mandarlles un saúdo e para recomendarvos que visitedes as súas páxinas:

http://www.smlucus.org/

e para atopalos no facebook tendes que buscar Sociedade Micoloxica Lucus en www.facebook.es
Comentarios (3) - Categoría: Especies que inda non atopamos no Val de Barcala - Publicado o 30-01-2011 15:22
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
3 Comentario(s)
1 A cor deste cogomelo é espectacular, e deses que a cámara se vai soa, que é imposible velo e non facerlle unha foto aínda que teñas montóns de fotos del.

Moitas gracias pola parte que me toca (Lucus). É moi gratificante ver o bo 'rollo' que s#blgtk08#e está a formar entre os que disfrutamos da micoloxía e a colaboración entre as distintas asociacións.

Poñeremos a nosa contribución para seguir por este camiño, e en breve daremos mostras disto...

Gracias amigas de Sendeiriña.
Comentario por Jose (02-02-2011 00:14)
2 Pois si que é moi bonito. Foi a primeira (e única vez que o vin) e daquela non tiña nin idea do que pódía ser. Pasaron 4 anos... nunca é tarde para aprender cousas novas.

Eso que dis do bo "rollo" non será porque nos estamos volvendo moi frikis e disfrutamos coa xente que é tan#blgtk08# friki coma nós?? jajaja

Por certo, xa hai datas para o Congreso de Micoloxía do Arco Atlántico, vai ser o último fin de semana de outubro en Cantabria. Hai que ir reservando as datas.

Unha aperta. e graciñas a vós por visitarnos internauticamente tan asiduamente.
Comentario por maria (02-02-2011 21:20)
3 Superb. Ca#blgtk08#de Dawlish
Comentario por Cade Dawlish (14-03-2016 17:36)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal



Contador gratis