|
|
|
|
Aureoboletus gentilis (Quél) Pouzar. |
|
Na recente saída que fixemos algúns socios de Sendeiriña ó Sobreiral do Río Arnego, tivemos a sorte de atoparnos con esta pequena pero fermosísima especie.
A foto non lle fai xustiza, o sombreiro tiña una cor rosa chicle e ó darlle a volta parecía talmente que alguén a pintara con un rotulador fosforito.
Chegamos á conclusión de que se pode tratar de un Auroeboletus gentilis (Quél.) Pouzar, que no libro 500 Cogomelos do Litoral Atlántico e do Noroeste Peninsular sinala que é moi rara.
Había ben tempo que non atopabamos unha cousa tan bonitiña!! Pasa a formar parte do listado de especies que inda non atopamos no Val de Barcala. |
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|