Asociación Micolóxica Sendeiriña


Asociación Micolóxica do Val de Barcala






O meu perfil
sendeirina@yahoo.es
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 GALERIA
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Actividades micolóxicas en Ames
Organízase un programa de actividades arredor da micoloxía que se desenvolverán entre os meses de outubro e decembro

A Concellaría de Medio Ambiente, a través da Aula da Natureza, organizou un amplo programa de actividades arredor da micoloxía que se desenvolverá ao longo dos meses de outubro, novembro e comezos de decembro.

Haberá charlas e coloquios; cultivo de cogomelos; saídas de campo; clasificación e exposición; así como cociñado e conservación de cogomelos.

As primeiras actividades desenvolveranse este venres 14 e mailo sábado 15 de outubro, cunha charla - coloquio sobre a iniciación aos cogomelos e unha saída de campo.

Para inscribirse en calquera destas actividades hai que chamar ao número de teléfono 660 004 665 ou enviar un correo electrónico ao enderezo auladanatureza@concellodeames.gal.

Son moitos os veciños e veciñas que están interesados no mundo da micoloxía. Debido a iso a Concellería de Medio Ambiente, a través da Aula de Natureza, organizou para este trimestre un amplo abano de actividades sobre os cogomelos.

A primeira actividade desenvolverase este venres, 14 de outubro, no Pazo da Peregrina de Bertamiráns. Entre as 20:00 e as 21:30 horas impartirase unha charla – coloquio de iniciación aos cogomelos. Esta actividade, que é gratuíta, está dirixida a todos os públicos. O día seguinte, o sábado 15, realizarase unha saída de campo, en horario de 9:30 a 14:00 horas. Para esta saída, que está abertas a todos os públicos, ofértanse 50 prazas.

A programación continúa o sábado, 5 de novembro, nas instalacións da Aula da Natureza cunha actividade de cultivo de cogomelos. Neste caso realizarase en horario de tarde, entre as 16:30 e as 19:30 horas, e ofértanse un total de 20 prazas para persoas adultas.

Durante o sábado 12 de novembro, e coincidindo coa festa do Magosto, desenvolverase outra saída ao campo para recoller cogomelos. Ao igual que na saída anterior, realizarase en horario de 9:30 a 14:00 horas, e ofértanse un total 50 prazas. De seguido, o sábado 12 pola tarde, na propia festa do magosto farase unha clasificación e exposición dos cogomelos recollidos. A última actividade está prevista para o sábado, 3 de decembro, de 17:00 a 20:00 horas, nas instalacións da Aula da Natureza. Neste caso vaise destinar ao cociñado e conservación de cogomelos. Para esta xornada, que está dirixida a persoas que teñan de 16 anos en diante, ofértanse 30 prazas.

Para inscribirse en calquera destas actividades hai que chamar ao número de teléfono 660 004 665 ou enviar un correo electrónico ao enderezo auladanatureza@concellodeames.gal
Comentarios (0) - Categoría: Cursos, xornadas e conferencias - Publicado o 15-10-2016 16:14
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal



Contador gratis